Páginas

martes, 21 de enero de 2014

ENTREPARADAS, LONGAMETRAXE NO MUSEO ETNOLÓXICO





Venres 24 de xaneiro ás 20,30 h.
Entrada gratuíta.


     Dirixido por Toño Chouza e estreado o pasado 16 de novembro en Cineuropa, "Entreparadas" é un documental que conta no seu equipo con persoas de recoñecida experiencia no mundo do audiovisual como Jorge Coira ou María Liaño.
Cóntanos a historia de 16 persoas anónimas que atesouran experiencias vitais únicas. A longametraxe fixa a súa mirada en Jose, con parálise cerebral e Felisa, inmigrante invidente, que comparten unha experiencia que marcará as súas vidas con outras persoas provenientes de diferentes colectivos (asociación contra o cancro, centro psiquiátrico, unidade de violencia de xénero, vítimas de accidentes de tráfico, aula municipal do maior, discapacitados AIXIÑA, menores con medidas xudiciais e outros voluntarios). 

Unha idea: un grupo de teatro "invisible" que actúa por sorpresa nos autobuses urbanos. Un soño: Aplausos, emocións, tolerancia, convivencia, cultura e unha forte mensaxe social chega a moitos viaxeiros entre parada e parada de/os autobuses de mans dos 16 actores e actrices. A Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T Galicia  móstranos un proxecto solidario que cambiou formas de vivir e de ver as cousas.

CONCIERTO DE PAR DE DOUS + UN NO MUSEO ETNOLÓXICO




Sábado 28 de decembro de 2013 ás 20,00 h.

Pardedous + Un: Alexandre Cabanelas Ángel Alfonso Gulías (Pardedous) Francisco Valeiras "Quico" (Un). Sinxelamente, uns mozos do Carballiño unidos polo ruxe ruxe e as inquedanzas que nos bulen dende os adentros prá través da música e da palabra mostrar un anaco do que somos. Jazz-Poesía dende a víscera.