Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

martes, 31 de marzo de 2020

As redes sociais de hai cen anos?

Hai cen anos, sen Twitter, nen Facebook, nen Instagram... as persoas empregaban para comunicarse a taxeta postal!! Cada día intercambiábanse unha postal, polo xeral empregando series de tarxetas nas que se ía contando unha historia.

Entre as coleccións do Museo Etnolóxico temos algúns exemplos, como o que vos presentamos, como vedes engadímoslle un número para que non vos perdades na historia. Que estará contando?

Pode que vos chame a atención que escriben na parte que contén a ilustración, é que ata 1905 a cara sen imaxes reservábase para o enderezo, polo que o texto tiña que ir na outra cara.








jueves, 26 de marzo de 2020

Fotógrafos/as ambulantes




Como alternativa á fotografía de estudio, cara, centrada nas urbes e accesible só para xente dun determinado status social, xurden a finais do século XIX e inicios do XX os fotógrafos ambulantes, facendo que a fotografía se universalizase e fora mais accesible a todas as clases sociais.

Fácil era velos nas aldeas cando había feiras e mercados na procura do potencial cliente, soldados de permiso, niñeiras, parellas namoradas, ou mesmo familias que desexaban perpetuarse para enviar esa instantánea ao membro da familia ausente por mor da emigración. 



En que casa non había algunha foto dun fotógrafo ambulante?, lembremos o traballo de fotógrafos locais ourensáns como Reza, ou Rizo, que facían a foto e logo de tomar os datos, xa unha vez revelada, enviabana a casa ou ben a expuñan nun determinado lugar para que despois de vista se lle fixera o encargo. 

Quen non se sentiu fascinado ante aqueles fotógrafos magos, denominados "minuteros"? que traballaban cunha caixa de madeira fabricadas por eles mesmos ou por un carpinteiro, que servían á vez de cámara e laboratorio, permitindo realizar "in situ" unha fotografía negativa que xa unha vez revelada, en branco e negro, era entregada en poucos minutos (de aí o seu nome) e a un prezo alcanzable.

Foto Mitos Conde

Aínda que os fotógrafos minuteros eran na súa maioría homes, tamén había algunhas mulleres. En Oviedo, nun dos seus parques, unha estatua en bronce deixa constancia da figura dunha delas, Josefa Carril, mais coñecida por "La Torera".

Os fotógrafos ambulantes foron desaparecendo deixando tras de si centos, miles, millóns de personaxes, lugares e momentos inmortais que no volverán suceder e que agora están pechados en caixas, en álbums, nas galerías e arquivos dos museos etnográficos…

O noso museo conserva a colección formada pola produción da saga dos fotógrafos Chao, ribadavienses, que establecen o seu Estudio circa 1870, onde desenvolven unha inxente laboura, así como de maneira ambulante por terras da Cañiza ou Avión ou no mundo da prensa, até que en 2005, coa xubilación dos derradeiros da saga, pecha. 



*No catálogo de Museos de España CERES, podedes encontrar as fichas de catalogación de ditas fotografías e doutras mais que forman parte do fondo documental do Museo.
 

lunes, 23 de marzo de 2020

"Patrimonio en femenino" no Museo Etnolóxico



O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. A data para esta celebración ten unha historia máis alá da proclamación feita pola Asemblea Xeral da ONU o ano 1977. En USA o Día Nacional da Muller celebrouse o último domingo de febreiro dende 1909 ata 1913. En Europa a partir de 1911 o día elexido era o 19 de marzo, aludindo á Comuna de París. A consolidación do 8 de marzo ten que ver coa Revolución Rusa. En 1917, en plena Primeira Guerra Mundial, as mulleres rusas deciden manifestarse en favor da paz; a data elixida foi o 23 de febreiro do seu calendario de entón, isto é o 8 de marzo segundo o calendario gregoriano.
Hoxe, a celebración ten lugar nun grande número de países e mesmo prolóngase ao longo do mes con actividades para lembrar o respecto á igualdade da muller e o home á hora de desenvolver a súa vida como cidadás, traballadoras, creadoras, en definitiva como persoas.
Pois ben, podemos aproveitar unha iniciativa en liña ue se desenvolveu entre 2011 e 2016, na que coordinadas polo Ministerio de Cultura tiveron lugar seis edicións baixo a denominación «Patrimonio en Femenino», buscando visibilizar a presenza da muller nos máis diversos ámbitos a partir de bens mobles das coleccións dos museos. 


En concreto, foron seis edicións: Patrimonio en FemeninoAusencias y SilenciosMujeres ante la adversidad: tiempos y contratiemposTradición y modernidadEros y Anteros: visiones sobre la sexualidad femenina e, finalmente La memoria femenina: mujeres en la historia, historia de mujeres, edición esta á que se uniron museos de Argentina, Brasil, Chile, Colombia, México, Portugal y Uruguay, amais de España.
Cada unha delas co seu correspondente catálogo en liña, descargable de balde, accede picando sobre os títulos de cada edición:






Visita o álbum completo das fotos de "Patrimonio en femenino" do Museo Etnolóxico no TABOLEIRO DE PINTEREST pica  AQUÍ 

sábado, 21 de marzo de 2020

Recursos en liña do Museo Etnolóxico


Nestes días nos que #euquedonacasa e tod@s #quedamosnacasa motivo polo que non podemos acercarnos nin as salas nin as actividades dos museos, podedes aproveitar para visitar de forma virtual todos os contidos que desde o Museo Etnolóxico ao longo destes anos vimos subindo á rede, porque ainda estando en confinamento #aculturasegue.
Animádevos a compartir #culturaonline. Nós seguiremos nestes días subindo máis contidos tanto no facebook, no twitter como no blog #aculturagalegasegue.


Estes son algúns dos contidos en liña do Museo Etnolóxico:

*No catálogo de Museos de España CERES:
podesdes encontrar as fichas de catalogación de pezas, fotografías, carteis, tarxetas postais, documentación que forman parte dos fondos do Museo.
👉🏿 http://ceres.mcu.es/pages/SimpleSearch?index=true
🕵️‍♂️buscando por: etnológico ribadavia
braseiro da colección do Museo Etnolóxico

*No blog do Museo:
tedes unha biblioteca dixital con acceso a artigos, libros, fichas de pezas restauradas, acceso ao youtube do Museo, aos folletos de moitas das exposicións do Museo e a moito máis, VISITÁDEA!

Foto do proceso de restauración dun voitón


*Na páxina de Museos da Xunta :
Visita virtual polas salas do Museo Etnolóxico


*No blog da Biblioteca do Museo Etnolóxico:
información variada da diversidade de documentación, a dereita hai unhas etiquetas que vos guían polos temas: feira do viño, documentos singulares, modas, festas, prensa local, teatro... EXPLORA

Fondo bibliográfo do Museo Etnolóxico


#aculturasegue #aculturagalegasegue  #EuQuedoNaCasa

lunes, 2 de marzo de 2020

Conversando sobre feminismo no Museo Etnolóxico. Marzo 2020


Neste marzo de 2020 conversamos sobre feminismo en homenaxe ás socias e socios da Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia que en 1972 celebraban un ciclo sobre “A muller na sociedade actual”, nun momento histórico no que o tema da muller non era habitual na programación das asociacións culturais galegas e o movemento feminista galego estaba aínda xestándose. Será en 1977 cando María Xosé Queizán publique o primeiro ensaio feminista en Galicia A muller en Galicia: a muller na sociedade galega: a lingua galega e a muller : (análise estrutural de dous métodos represivos)” editado por Edicións do Castro.

Nunha mostra documental exporemos a documentación conservada pola Agrupación ribadaviense en relación a este ciclo sobre a muller, no que participou entre outros e outras investigadoras María Xosé Queizán falando sobre a familia, tema fundamental na loita feminista.

Documentación conservada no Fondo Abrente 1972

 
Actualizamos os estudos, as investigacións e as loitas feministas, resaltando o seu percorrido histórico a través dos relatorios de María Xosé Queizán e Encarna Otero e a presentación do libro coordinado por Iria Vázquez en tres sesións ao longo do mes de marzo.

Venres 6 Marzo
20.15 h Inauguración da Mostra documental sobre o ciclo “A muller na sociedade actual” organizado pola Agrupación Cultural Abrente en 1972 en Ribadavia.

20.30 h relatorio de María Xosé Queizán "Feminismo: historia e actualidade”.

Xoves 12 Marzo
20.30 h relatorio de Encarna Otero Concepción Arenal e Juana de Vega: camiños de sororidade”.

Xoves 26 Marzo
20.30 h presentación do libro “Cómplices. A violencia machista institucional” coa presenza das autoras Iria Vázquez Silva e Lola Ferreiro.