![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj24GFUVB1CzbjoGnVKnj4-FKC3ceZg-JNzoV4YdK10GSF_lQDrZEh4rUdBjXRftanz57JpQ6d3xA-zz4NKOpAPiXMcK5vBCF6-Az99ZfhwV-MmY3rD-uPdvzyStzpItLBpw-i415xRy8Rp/s200/book_museoetnoloxico.JPG)
O vindeiro luns 23 de abril celébrase o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO, con motivo desta conmemoración un amplo grupo de 71 Bibliotecas de Museos de toda España teñen preparada unha liberación conxunta e masiva de libros (actuación coñecida internacionalmente como bookcrossing).
A biblioteca do Museo Etnolóxico, a través da iniciativa da súa bibliotecaria –Rosa Lamas-, únese a este particular evento e participa activamente con unha liberación de libros que terá lugar o venres 20 de abril; nesa data serán liberados 20 libros, a meirande parte catálogos editados polo museo, pero tamén libros doados por particulares para esta ocasión especial.
Na páxina de bookcrossing póden verse a hora e o lugar onde serán liberados ao público estes libros (nas localidades de Ribadavia, O Carballiño, Ourense, Pontevedra, Vigo e incluso Porto).
Así mesmo, a partires do 20 de abril o Etnolóxico continuará con esta interesante acción e as salas do museo converteranse en zonas tanto de liberación como de caza de libros.
Polo tanto, desde este venres a biblioteca do museo realiza a súa particular contribución a esta celebración, á que animamos a participar a todos os lectores e usuarios de bibliotecas.