A
Real Academia Galega adícalle o ano 2019 á obra e a persoa de
Antonio Fraguas Fraguas (1906-1999), figura pertencente á xeración
do Seminario de Estudos Galegos-SEG (1923) e autor centrado na
investigación do folklore e da xeografía de Galicia. En diferentes
ocasións puxo a súa mirada sobre o Ribeiro, comarca que coñecía
ben pois tiña vínculos familiares, por vía materna, coas terras
veciñas de Maside.
A
exposición: "Fraguas dende o Museo Etnolóxico. Letras Galegas
2019" comisariada por Xosé C. Sierra Rodríguez consta de cinco
paneis nos que se presentan varias facetas do homenaxeado: Fraguas
folklorista e antropólogo, Fraguas xeógrafo, Fraguas e a percepción
do cambio social e cultural e a visión da muller, Fraguas e os
museos, Fraguas o Miño e o Ribeiro, así como unha mostra
bibliográfica da súa obra escrita.