Neste
marzo de 2020 conversamos
sobre feminismo en homenaxe
ás socias e socios da Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia que
en 1972 celebraban un ciclo sobre “A muller na sociedade
actual”, nun momento histórico
no que o tema da muller non era habitual na programación das
asociacións culturais galegas e o movemento feminista galego
estaba aínda xestándose.
Será en 1977 cando María
Xosé Queizán publique
o
primeiro ensaio feminista en Galicia “A
muller en Galicia: a muller na sociedade galega: a lingua galega e a
muller : (análise estrutural de dous métodos represivos)” editado
por Edicións do Castro.
Nunha
mostra documental exporemos a documentación conservada pola
Agrupación ribadaviense en relación a este ciclo sobre
a muller, no que participou
entre outros e outras
investigadoras María Xosé
Queizán falando sobre a familia, tema
fundamental na loita feminista.
Documentación conservada no Fondo Abrente 1972 |
Actualizamos
os estudos, as investigacións e as loitas feministas, resaltando o
seu percorrido histórico a
través dos relatorios de María Xosé Queizán e Encarna Otero e a
presentación do libro coordinado por Iria Vázquez en tres sesións
ao longo do mes de marzo.
Venres 6 Marzo
20.15 h Inauguración da Mostra
documental sobre o ciclo “A muller na sociedade actual”
organizado pola Agrupación Cultural Abrente en 1972 en Ribadavia.
20.30 h relatorio de María Xosé Queizán "Feminismo:
historia e actualidade”.
Xoves
12 Marzo
20.30 h relatorio de Encarna Otero “Concepción
Arenal e Juana de Vega: camiños de sororidade”.
Xoves 26 Marzo
20.30 h presentación do libro “Cómplices.
A violencia machista institucional”
coa presenza das
autoras
Iria Vázquez Silva e Lola Ferreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario