Exposición: A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico
O venres 10 de xuño ás 20.30 h. inaugúrase no Museo Etnolóxico a exposición: "A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico"; a través de bens procedentes das coleccións do Museo Etnolóxico.
Ribadavia, agás catro fotografías aportadas por particulares, abórdase a
evolución da pesca fluvial a través de dúas variables que se entrecruzan; a
saber, unha, os cambios que levan da pesca fluvial practicada como actividade
económica complementaria, a dos «pescantíns», ata a pesca entendida como manifestación
cultural, a dos «troiteiros», ao socairo das transformacións mediaombietais e
da progresiva normativización da actividade.
Relatado nun discurso construído con obxectos,
fotografías e textos, articulado en artes
naseiras –as máis antigas e que pasan de seren feitas con materia prima
exclusivamente vexetal a recibir engadidos industriais-; artes redeiras –as de máis capacidade extractiva, evolucionan do
emprego de fibras vexetais cara ao plástico-; as embarcaións –o barco de dornas,
característica do Miño- e as artes de
liña –na que se inclúe a pesca con cana e a súa transformación coa chegada
dos carretes, das materias primas industriais e dos cambios na lexislación e as
alteracións no curso do río-.
Folleto da exposición tamén en castelán AQUÍ e en inglés AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario