![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgC3HeK5RMZLGQcmXUVvXaVJ2XtpMtdbFFPRyfQMCufpcJSA9kyVFd4QXD-MtNir5KLCM0zQFvRc5lpBSBL-ftI9aTAp9oPrwQFVLzaPCUUtmsYK7jXXhKm8ldMC7ve2Lmw7hF-Z1rSAPtL/s320/Foto0781.jpg)
O vindeiro 26 de xullo terá lugar a inauguración desta nova exposición temporal.
Lembrar no Museo 2005-2011 é unha exposición temporal que resume o traballo desenvolto ao longo de cinco anos con enfermos de Alzheimer.
Lembrar no museo é unha das actividades que forman parte de Museo Aberto e consiste nunha acción na que se colabora con AFAOR (Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer de Ourense) e na que se desenvolveron obradoiros de aprendizaxe e recuperación da memoria utilizando pezas do museo: libros, fotos, obxectos de todo tipo (xoguetes, bolsos, reloxos, etc.) na percura de contribuir ao benestar dos enfermos participantes e cumplir unha función social da que un museo non pode quedar fora.
A exposición consta dunha serie de plotters con fotografías dos obradoiros, con textos explicativos e se mostran tamén 20 pezas da colección do museo coas que traballaron os participantes na actividade (libros, xoguetes, bolsos, etc.).
FOLLETO DA EXPOSICIÓN