Pedro
Alejandro López Suárez.
A súa afección á fotografía iníciase ao tempo que remata os estudos e comenza a
traballar nunha institución bancaria. Membro da Sociedade Fotográfica da
Coruña, o ano 1963, con dezaoito anos, acada o 1º e o 3º premio no Salón de
Noveles de dita Sociedade, dando inicio a un elenco de galardóns entre os que
destacamos os obtidos no II Salón Rexional Circulante, Foto do Mes da Sociedade
Fotográfica da Coruña, Salón de Primaveira do Banco Hispano Americano e a Real
Sociedad Fotográfica de Madrid, I Salón Ibérico e III Nacional da Agrupación
Fotográfica de Compostela, III Concurso de Diapositivas Concello da Coruña, VII
Concurso de Diapositivas Concello da Coruña...
A espontaneidade da súas fotografías
de rúa fan hoxe do seu fondo unha fonte documental para achegarse á sociedade
dos anos sesenta a través dunha lectura dende a Historia ou dende a Antropoloxía.
Foto: Pedro A. López Suárez |
A exposición invítanos a un percorrido que nos fala do
espazo urbano en crecemento, grazas á incorporación á cidade da poboación
sobrante no agro que se integra paseniñamente na nova coxuntura económica e
social. Pedro A. López Suárez achéganos ao «milagre económico español» tralo
que se agocha unha sociedade marcada polos desequilibrios sociais e o
desarraigo dalgúns dos protagonistas do éxodo rural.
Un mundo vello nun novo escenario
Foto: Pedro A. López Suárez |
A primeira mirada céntrase
precisamente na percepción polo fotógrafo dos «outros» ligados ao agro e presentes
na cidade, territorio no que asoman (de fondo) os signos físicos da
modernización urbana.
Foto: Pedro A. López Suárez |
Neste espazo as mudanzas
sociais comezan a patentizarse. A soidade da vella préstase a varias
interpretacións indicativas do novo significado da vellez propia dun contexto de
desarticulación da familia extensa, observable nos retratos familiares deses
anos.
Foto: Pedro A. López Suárez |
Os outros fotografados son dunha
clase diferente, mesmo marxinal. O fotógrafo míraos rexistrando as
desigualdades sociais, a miseria das clases populares e a dureza para algúns do
espazo urbano.
Foto: Pedro A. López Suárez |
A loita polo futuro
Foto: Pedro A. López Suárez |
A cidade ofrece tamén posibilidades
e oportunidades. As estratexias de supervivencia e de mellora para moitos van
canalizando o seu acceso á sociedade de consumo, conformando novas formas de
sociabilidade e un futuro ollado con certo optimismo.
Foto: Pedro A. López Suárez |
Un mundo vello en descomposición
O campesiño aparece como
representante xenuíno dunha sociedade que esmorece e a mirada urbana do fotógrafo
reflicte con imaxes as contradicións do que acontece: o xogo de cambios e
permanencias retratados detrás da cámara.
Foto: Pedro A. López Suárez |
FOLLETO DA EXPOSICIÓN: AQUÍ