O
martes 13 de agosto ás 20.30 h preséntase no Museo Etnolóxico o
libro do antropólogo Francisco Almarcha “El Lobo. Tótem y tabú”
editado por Tundra, será presentado polo tamén antropólogo
Félix Castro Vicente que fará unha panorámica das crenzas sobre o
lobo en Galicia.
Neste
traballo Francisco Almarcha analiza como o lobo pode
interpretarse como un animal tabú e un tótem no que os seres
humanos proxectamos temores, fobias, ansiedades, aspiracións e
anhelos, produto de diferentes condicionantes socioculturais. Desde
unha perspectiva antropolóxica, a relación establecida con el
reflicte a nosa visión da sociedade, da natureza e do mundo
espiritual; unha relación complexa que foi variando a través do
tempo e que mostra a importancia simbólica deste predador nas
sociedades nas que está presente ou o estivo no pasado.