Programa
do
evento:
>
12:00
h:
lg
rexa
de
San
Fra
ncisco
(praza
de
Samuel
Eijá
n)
en
Ribadavia
.
-
Presentación
do
acto. César
Lla
na.
Director
do
M
useo
Etnolóxico.
-
Samuel
Eiján
poeta
e
historiador
do
Ribeiro. Frutos
Fernán
dez
Gonzá
lez.
Prof
esor
e
investigad
or.
-
Fr. Samuel
Eiján e
Ribadavia. Lolín
Lira
Pousa.
Secretaria
AM
ECH
I
R.
-
Fr. Samuel
Eiján
en
Santiago
de
Compostela. Fr.
Juan
Manuel
Bujá
n
García.
Ministro Provincial
O.F.M.
-
Intervención
de
AMECHI
R.
lsolina
Rioneg
ro.
Presidenta
AM
ECH
I
R.
>
13:00
h:
Visita
á
Biblioteca
do
Convento
de
San
Fra
ncisco
(Praza
de
Samuel
Eijá
n) .
>
13:30
h:
Ofren
da
flora
l na
Praza
de
Samuel
Eijá
n.
>
14:00
h:
I
na
ug
u
ración
da
mostra
bi
bliográfica:
"Fr.SamueL
Eiján
Lorenzo
''Fraysel: literato,
historiador, ensaista,
divulgador
do
seu
tempo"
no
Museo
Etnolóxico.
Fr. Samuel Eiján
Lorenzo naceu o 10 de maio de 1876 en San Clodio (Leiro, Ourense),
tomou o hábito na orde franciscana en 1890, a súa ordenación
sacerdotal foi en Lugo en 1899.
Fraysel xogo de
palabras “fray” e das primeiras letras do seu nome completo foi o
pseudónimo co que asinou varias das súas obras. Foi un prolífico
escritor de comenzos do S. XX, tempos das Irmandades da Fala e do
galeguismo cristián.
Fr. Samuel Eiján
cultivou a narrativa, o ensaio, o teatro e a poesía en castelán e
en galego, foi un gran difusor da cultura con numerosos artigos en
xornais e revistas, así como tradutor de obras italianas e
francesas. Exerceu de bibliotecario provincial en Santiago. Director
da revista da Provincia Seráfica de Santiago El Eco Franciscano.
En 1915 foi nomeado
membro correspondente da Real Academia Galega e en 1941 numerario, en
1915 ingresou no Instituto Histórico do Minho en Portugal, en 1926
entrou a formar parte do Seminario de Estudos Galegos co discurso
titulado “Franciscanismo literario en Galicia”.
Na
súa estancia en Ribadavia escribiu a única obra que, a día de
hoxe, sintetiza a historia do Ribeiro: Historia
de Ribadavia y sus alrededores,
libro impreso en
1920 en Madrid no Establecimiento Tipográfico de San Bernardo 92. En
1981 a Editorial Alvarellos realiza unha edición facsimilar,
engadíndolle varias fotografías, que non aparecen na edición
orixinal e en 2005 a Editorial Maxtor de Valladolid, especializada en
edicións facsimilares, sacou outra edición da obra de Eiján, tendo
como base a edición de Alvarellos.
Está
concebida coma unha obra de consulta e de referencia, na
que destaca a preocupación e
miticulosidade na elaboración dos diferentes índices: de autores,
obras, arquivos, nomes de poboacións,
nomes de persoas e un índice de materias.
Unha obra documental e de investigación con continuas
referencias ás fontes documentais e bibliográficas utilizadas,
repartidas no texto e nas abundantes
notas a pé de páxina; complementadas
todas elas cun apéndice documental, no
que se transcriben documentos fundamentais da historia de Ribadavia e
a súa comarca.
Esforzo
por documentar e por favorecer a consulta que debe ser especialmente
valorado nunha época na que se carecía dos auxilios técnicos hoxe
ao alcance de calquera.
A edición de 1920 pódese consultar a texto completo en Galiciana Biblioteca Dixital de Galicia AQUÍ