A segunda quincena do mes de setembro as actividades do Museo Etnolóxico moveranse entre historias e memorias: as de Lola Touza "salvadora" de xudeos e as das mulleres da "Sección Femenina", historias que forman parte da memoria de Galicia.
18 de setembro: 20.30 h.
18 de setembro: 20.30 h.
Presentación polo autor da novela Lola Touza. La Schindler gallega, editada por ToxoSoutos.
Vicente Piñeiro González, autor da novela, ten publicados
libros de teatro, poesía e novela tanto en galego como en castelán; entre
outros premios gañou o Pedrón de Ouro en 2005 e o VII Premio El Espectáculo
Teatral de Ediciones Irreverentes en 2013.
Nesta novela, como di o editor “pon a súa escritura e as
pasións de papel” para relatar a historia de Lola Touza, que rexentaba un quiosco
na estación de Ribadavia e entre 1941 e 1945 decidiu axudar a fuxir a máis de
500 xudeos dunha morte segura a mans dos nazis. Lola e as súas irmás, Amparo e Julia, colaboraron
cunha das redes clandestinas de fuxida de xudeos máis importante de Europa, que
empezaba nos Pirineos por Girona, facía escala en Medina del Campo e chegaba
ata Ribadavia, onde as irmás Touza arriscaban as súas vidas para atendelos e
facilitarlles o paso a Portugal coa axuda doutros veciños da comarca: o taxista
José Rocha, o barqueiro Ramón Estévez e o intérprete Ricardo Pérez, coñecido
como “El Evangelista”.
Entrevista a Vicente
Piñeiro sobre a súa novela no programa A tarde da Radio Galega 21-08-2015 AQUÍ
25 de setembro: 20.30 h.
Conferencia Mulleres para España. A «Sección Femenina»
de Falanxe impartida pola historiadora Ana Cebreiros.
Ana Cebreiros Iglesias é Licenciada en Historia pola
Universidade de Vigo, a súa investigación céntrase no papel desempeñado pola
«Sección Femenina» en Galicia e as súas repercusións no ámbito da muller.
En 1939 Franco cédelle á «Sección Femenina» a formación
política e social das españolas e convértese en parte do aparato
político-administrativo do réxime. A organización xoga un papel importante nas
políticas desenvolvidas desde eses intres en relación coa muller, sendo
variados os seus ámbitos de actuación. O «Servicio Social», o ámbito educativo,
as divulgadoras sociais, as cátedras ambulantes, o deporte e o baile, etc foron
algunhas das parcelas ás que se dedicaron. Todas estas actuacións estiveron
asociadas á defensa dun modelo feminino que tiña como base os seus deberes de
nai e esposa así como o coidado do fogar, e que estaba intimamente ligado ao
papel que o franquismo lle outorgou á muller dentro da sociedade española da
época.
Folleto das actividades: