Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

jueves, 23 de junio de 2011

SONS CARA Á LIBERDADE. O MUSEO NO CÁRCERE 2011

 Exposición temporal do Museo Etnolóxico no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar (Ourense)

      A exposición SONS CARA Á LIBERDADE  que se inaugura este xoves 23 de xuño é o resultado dun obradoiro organizado polo Museo Etnolóxico no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar e que tivo lugar desde abril a xuño deste ano, actividade á que asistiron regularmente 15 internos en varias sesións semanais.
Para esta actividade partiuse da seguinte reflexión:
       As particularidades de cada pobo reflíctense na súa música (Joseph D’Ortigue) e os nosos recordos están cheos de sons e de musicalidade por medio de cancións de berce, xogos, melodías musicais e os sons máis variados da natureza, por outra banda todos nós acumulamos percepcións acústicas cotiás aínda que non sempre sexamos capaces de escoitar. 
A relixiosidade, os traballos, os xogos, o noso quefacer cotiá... conteñen unha manchea de elementos musicais que permanecen na nosa memoria e que nos relacionan cunha paisaxe sonora (soundscape) determinada polo medio no que nos desenvolvemos, pola hora do día ou pola nosa posición particular (Soledad Cabrelles Segredo). Do mesmo xeito a audición dunha peza melódica determinada pode predispoñernos a situacións emocionais moi diversas.

       Sobre estes presupostos realizouse unha actividade cos internos na que se pretendía afondar na música desde as súas perspectivas persoais, analizando conceptos como “música”, “ruido”, “paisaxes sonoras”, “música culta”, etc., coa pretensión de aproximarse á música en Galicia como transmisora de cultura, de coñecementos, de sensibilidade e de goce persoal.  
A máis de estudiar todos estes aspectos, celebráronse no Centro Penitenciario concertos didácticos a cargo de Antón Castro, o Cuarteto Quiroga e Ton Risco.


Invitación, CLICK AQUÍ
Folleto da exposición, CLICK AQUÍ

miércoles, 15 de junio de 2011

CIRURXÍA URBANA. Propostas de xoves arquitectos no casco histórico de Ribadavia.

De xuño de 2011 a 15 de abril de 2012.
Organizada polo Museo Etnolóxico en colaboración coa ETS de Arquitectura da Universidade da Coruña.
Comisario: Manuel Pueyo Varela.





Mais información  CLICK AQUÍ

miércoles, 13 de abril de 2011

ESPAÑA SÉCULO XX: ESCENAS DO TRABALLO. Exposición temporal do Museo Etnolóxico. Ribadavia



Pastores. Galicia, ca. 1900
Colección Julio Reboredo
Fundación 10 de Marzo

Desde o 14 de abril ao 23 de xuño de 2011.

Organizada polo Museo Etnolóxico con fondos da Fundación 10 de Marzo.

         A exposición España Século XX: Escenas do traballo é un pequeno percorrido fotográfico pola historia do traballo entre 1900 e 1997. O home e a muller como protagonistas do traballo no campo, na industria ou nos servizos, e a máquina como ferramenta básica, vertebran estas imaxes.
A colección de fotografías da Fundación 10 de Marzo constitúese a partir das cesións de arquivos de revistas e publicacións sindicais, de empresas e particulares, e do ingreso de fondos procedentes de concursos de fotografía. As 62 imaxes en branco e negro que conforman esta mostra organízanse en tres partes:
Un primeiro grupo está constituido polos traballos tradicionais como a agricultura, a minaría, a pesca e as actividades domésticas; un conxunto de tarefas nas que a forza humana resulta primordial e a mecanización é mínima.
Un segundo grupo son as fotos de actividades industriais, nas que a relación home-máquina no taller ou na factoría resulta determinante. Os cambios tecnolóxicos son reflectidos como un factor de progreso e de transformacións socio laborais.
O derradeiro grupo de fotos pretende homenaxear ao home como suxeito, individual ou colectivo, da cultura do traballo en escenas como asambleas, manifestacións ou folgas.

Enlace co folleto da exposición CLICK AQUÍ
Enlace co vídeo de presentación á prensa   CLICK AQUÍ
                             

lunes, 14 de marzo de 2011

PATRIMONIO EN FEMININO. Exposición do Museo Etnolóxico-on line

Patrimonio en feminino é unha exposición organizada pola Dirección General de Bellas Artes y Bienes Culturales, na que participa o Museo Etnolóxico e na cal se analiza dende unha perspectiva de xénero a presenza e participación activa das mulleres ao longo da historia, tanto no ámbito público como privado, a través dun percorrido entre as coleccións de trinta museos españois integrantes da Red Digital de Colecciones de Museos de España, Cer.es.
Esta exposición en liña, acompáñase unha serie de textos que reflexionan sobre o papel que as mulleres desempeñaron na construción dos nosos museos.
Dende o 8 de marzo de 2011.

Enlaces coa exposición  CLICK AQUÍ 

miércoles, 16 de febrero de 2011

SEGUINDO O FÍO

A exposición orixinaria inauguróuse no ano 2005 pero no 2010 realizouse unha pequena remodelación que é a que hoxe pode verse nas salas.
Esta exposición é un percorrido pola tradición téxtil galega, no que se abordan a transformación da materia prima e a elaboración da manufactura dentro do marco sociocultural no que se desenvolveu esta actividade. O liño e o protagonista da nosa tradición téxtil e na sala pode seguirse o proceso que vai  da recollida da pranta, a elaboración do fío e a conversión en diferentes tipos de prendas a través de obxectos como espadeleiros, rocas, fusos, tear, etc.   
Tamén se intenta explicar o traballo de costureiras e modistas, mostrando ademais unha máquina de coser e un manequín con roupa infantil. Así mesmo, como gran novidade temos que sinalar a inclusión na sala dun mostrador e os estantes orixinais dunha tenda de téxtil do rural galego, concretamente de Xubín, na que se vendían teas e todo tipo de pezas de vestir, expoñendose mesmo a oficina de contabilidade da devandita tenda.

Enlace   CLICK AQUÍ


martes, 15 de febrero de 2011

VÍAS DE EXTINCIÓN. Fotografías de Nacho Romero


Do 9 de decembro de 2010 ao 10 de abril de 2011.

Esta exposición consta de  vinte fotografías de gran formato (85 x 58 cm) nas que se mostran edificios de servizo de RENFE, actualmente en desuso, abandonados e como o propio título da exposición di en “vías de extinción”.
A sensibilidade de Nacho Romero lévao a plasmar unha serie de pequenas construcións situadas ao lado das vías do tren e no medio rural galego. O seu particular visión ofrécenos imaxes que fan referencia a un pasado cheo de vida, no que o tren era un medio de transporte vertebrador dun territorio, pero nos mostran un presente de silencio, de ruínas e de soidade. O branco e negro, elección consciente e acertada do fotógrafo, traduce á perfección o sentido nostálxico que desprenden estas fotografías: as vías parecen levarnos ao baleiro e os efectos de luces e sombras plasman con crueza a inminente extinción dese mundo ferroviario.
Á vez, esta serie invita á reflexión etnográfica e arqueolóxica en torno aos cambios e transformacións duns equipamentos para o transporte de xentes e mercadorías, que se levantaron cunha carga de esperanza similar á que hoxe depositamos nas novas vías da velocidade alta, as mesmas que deixan tras de si tecnoloxía e arquitectura obsoletas, lugares de paso transformados en soporte dunha xenuína manifestación da arte contemporánea e urbana: os graffiti.

jueves, 10 de febrero de 2011

OS FONDOS MUSEOGRÁFICOS

A tipoloxía de fondos custodiados polo museo é ampla e variada, debemos salientar as seguintes seccións: etnografía, fotografía, cerámica, e téxtil. Tampouco podemos esquecer os  arquivos orais e audiovisuais e un notable fondo documental.
Na formación das coleccións podemos distinguir dous momentos, un primeiro período que vai ata 1993, con dependencia do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, e un segundo, a partir daquela data, no que o museo funciona xa como institución autónoma e independente.
Antes de 1993 configurase a colección etnográfica, ingresando preferentemente obxectos procedentes do contexto rural, e seleccionandose aqueles anteriores á introdución dos medios de produción industrial.
Despois de 1993 vanse introdúcindo obxectos de máis diversas características. Ainda que continúa principalmente o interese polo mundo rural, incorporanse tamén obxectos procedentes do contexto urbán. Por outra banda, procúrase que a colección documente os cambios que tiveron lugar no ámbito rural galego a principios do século XX, especialmente no relacionado coa producción agrícola.
É preciso salientar que na derradeira década, correspondente aos anos do século XXI, o museo adquiríu unha inxente cantidade de imaxes fotográficas relativas a vida e historia da comarca do Ribeiro, e outras que documentan diferentes zonas de Galicia, acadando unha colección de extraordinaria categoría e interese etnográfico e histórico.

miércoles, 9 de febrero de 2011

HISTORIA DO MUSEO ETNOLÓXICO

    
O Museo Etnolóxico é un museo de titularidade Estatal e coa xestión transferida á Xunta de Galicia desde o ano 1989.  Orixinariamente coñecido como Museo de Artes e Costumes Populares iniciou a súa andadura creándose mediante o decreto 2124/1969 do Ministerio de Educación y Ciencia.
En 1979 o edificio pasou ao Ministerio de Cultura como sección etnográfica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e como tal abre ao público  o 18 de maio de 1986. O 29 de marzo de 1993 a Consellería de Cultura e Xuventude outórgalle legalmente a condición de museo independente  modificando a súa denominación, que pasa a ser, definitivamente, Museo Etnolóxico.

           A sede do museo é a antiga casa-Pazo do marqués de Bahamonde (Baamonde), pertencente á nobreza recente de orixe burguesa que nace no XIX. As orixes deste pazo poderían remontarse ao século XVI aínda que sufriu diferentes modificacións ao longo dos séculos. A parte máis antiga é a lindante coa igrexa de Santiago, o edificio creceu cara ao norte e cara ao leste (o lado do río) ata pechar este perímetro cun patio interior para servizo da súa adega principal. Este patio interior foi unha horta, unha especie de resío, ata o século XIX. As trazas de fábrica denotan unha arquitectura que encaixa nos séculos XVIII e XIX. Ao longo do século XX levantouse na fachada occidental un corpo superior que enlazaba coa torre do extremo NO do inmoble. No século XX, concretamente en 1908, o Pazo Baamonde foi adquirido por D. José Martínez Vázquez, adiñeirado industrial ribadaviense pero cos seus negocios no Carballiño, foi tamén un notable filántropo local e no seu testamento redactado en 1911 dispoñía que a casa se destinase a actividades benéfico docentes, feito que supuxo a creación dunha fundación que levaba o seu nome (Fundación Martínez Vázquez) e que se dedicou ao ensino básico e profesional de familias humildes da bisbarra. Esta actividade benéfica é a razón pola cal o inmoble é coñecido tamén co nome Casa da Fundación. O último propietario do edificio foi o Concello de Ribadavia que, en 1954, o compra á Xunta Provincial de Beneficencia de Ourense. En 1967 adóptase un acordo para cedelo ao estado, e finalmente en 1978, en sesión plenaria, cédese gratuitamente ao estado para a creación dun museo.