Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo
Mostrando entradas con la etiqueta COLECCIÓNS E PEZAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COLECCIÓNS E PEZAS. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de abril de 2020

ACONDICIONAMENTO DEFINITIVO DE DIVERSAS PEZAS QUE COMPARTEN UBICACIÓN

Con motivo da desmontaxe da exposición Lembrar no Museo, realizouse o acondicionamento definitivo das pezas tras unha limpeza superficial e o embalaxe axeitado.
A continuación descríbense as actuacións levadas a cabo:

3242. Xoguete.
   






Intervención. Limpeza superficial con auga-alcohol.
Embalaxe. Papel de seda.

3243 Xoguete.






Intervención. Limpeza superficial con auga-alcol.
Embalaxe. Lampra seal e no interior da taciñas e xerra cell air. Pratos: bolsas de lampra seal.


3249 Xoguete.

  

    




Intervención. Limpeza superficial con auga alcohol.
Embalaxe.  Sobres individuais de Lampra Seal.

 ELABORACIÓN DE CAIXAS
Elaboráronse dúas caixas de “cartón de museo” libre de ácidos. Como adhesivo para as pestanas da caixa empregouse P.V.A.
Realizáronse divisións para cada peza ou conxunto mediante o mesmo tipo de cartón, de xeito que as pezas teñan a menor movilidade posible. En cada división sinalouse a sinatura de cada peza mediante etiquetado coa finalidade de reducir a manipulación.
Do mesmo xeito, no etiquetado exterior das caixas figura a ubicación e a sinatura das pezas que conteñen.
A distribución das pezas foi a seguinte:

Caixa 1. Pezas cos seguinte números de inventario: 3242, 3243, 3245, 3246, 3247, 3248, 3249. 



   
  






Informe completo da embalaxe:




Braseiros escolares

Ser escolar, sobre todo na Galicia rural até mediados dos 50 e 60 do século pasado, non era moi doado xa que a maioría das escolas estaban acondicionadas de xeito precario fronte as inclemencias climáticas que presentaban os duros invernos.
Para chegar as escolas rurais a rapazada debía percorrer distancias considerables, con atavíos, roupas e calzado que non proporcionaban o abrigo suficiente. Poucas escolas contaban cunha estufa central de leña para caldear e aplacar o frío e a humidade existente no local.

Colección do Museo Etnolóxico nº invernario 3899

 O sistema alternativo usado por  escolares era o uso dos braseiros individuais portátiles, consistentes nunha caixa metálica cunha asa. Este recipiente estaba furado nos laterais e na tapa para facilitar a combustión e a saída do calor das brasas acesas que contiña, era frecuente que contaran cunha bandexa na que se depositaban as mesmas e que servía para conter e recoller as cinzas unha vez rematada a súa combustión. Unha vez colocados baixo os pupitres ou mesas, a rapazada podía aquecer os pés fríos e húmidos, facendo así máis confortables as súas xornadas lectivas.

Colección particular Mitos Conde

Os braseiros de tipo individual tamén tiveron un uso doméstico, variando incluso as formas e os materiais empregados na súa elaboración. Así mesmo había uns de menores dimensións utilizados para quentar as mans.


Colección particular Mitos Conde


O braseiro de lata é doazón de Dolores Álvarez Guntín, do popular Bazar Che en Ribadavia e que pechou a súas portas no ano 2012 despois dunha longa actividade comercial.

*No catálogo de Museos de España CERES, pódese encontrar a ficha de catalogación de dito braseiro e doutras pezas mais que forman parte do fondo documental do Museo.

jueves, 16 de abril de 2020

A Vietnamita, unha máquina clandestina

O Fondo Abrente depositado no Museo Etnolóxico non só contén un completísimo arquivo documental sobre a historia da agrupación cultural e unha colección de arte galego que forma hoxe parte do seu proxecto expositivo: "Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos 70'"

Tamén se conservan pezas singulares como esta multicopista ORMIG, chamada popularmente "vietnamita" e que hoxe podemos considerar como un obxecto de culto.
Unha copiadora de manivela dos anos 60 do pasado século moi utilizada como medio de propaganda e difusión de material impreso por asociacións sen recursos e fóra do réxime.








Non só eran os tempos da dictadura, cun férreo control ideolóxico que impediu durante décadas a liberdade de prensa e de opinión, senón que eran os tempos sen internet, sen WhastApp, sen Twitter, cando estas máquinas portátiles e de uso sinxelo, conseguiron difundir á marxe dos canais oficiais a literatura clandestina considerada altamente subversiva: boletíns de partidos políticos, prensa e panfletos e voandeiras elaboradas por movementos cidadás, sindicatos e alumnado universitario.






Os textos preparábanse cunha máquina de escribir ou con tipos sobre unha matriz en papel encerado chamada esténcil” que quedaba perforada, namentras que as alíneas e os debuxos facíanse con punzóns. Esta matriz pasábase baixo o rodillo da máquina previamente entintado e podía producir ata cen copias.



 O uso da vietnamita facíase usualmente de noite, cando se imprimían as follas de man que logo se repartirían antes do amencer lanzándoas polas xanelas de vehículos particulares. Os espazos de difusión eran as propias rúas, centros das cidades, campus universitarios, tamén concertos ou actividades nas que se supoñía unha gran asistencia de xente. 


Enlaces con información:






https://protagorismos.wordpress.com/2017/05/31/la-manivela/

miércoles, 15 de abril de 2020

Oleiros con firma


Parte da sala da exposición sobre a olería en Galicia


Na exposición sobre olería en Galicia inaugurada no 2017 no Museo Etnolóxico: "A olería en Galicia. Unha mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico", Víctor Castro Carballal, comisario e autor do catálogo, reflexiona acerca da presenza de sinaturas ou marcas de autor na produción oleira tradicional de Galicia. 



Sección da exposición onde se reflexiona sobre a autoría


Pese a opinión xeneralizada da ausencia de tal entre estes artesáns, na colección do Museo hai pezas que levan grafías, raias, motivos xeométricos e estampados con improvisados selos. Amais dos exemplos nos que a fondeira do torno tiña gravadas as iniciais do oleiro, quedando rexistrada a totalidade da produción. Por isto, deféndese que o artesán oleiro é consciente do dominio técnico acadado e deixa constancia da súa autoría a través da sinatura, frecuente na olería dos últimos tempos, e presente na pretérita con exemplos entre os fondos do Museo datados no século XIX, e mesmo algún que podería remontarse máis atrás.










Máis información en: Castro Carballal, Victor (2017): A olería en Galicia. Unha mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico. Ribadavia. Xunta de Galicia.

martes, 7 de abril de 2020

Impresora de contactos?: tratamento de conservación

Esta peza forma parte da colección do Museo Etnolóxico, procede do estudio de Foto Chao de Ribadavia. Semella unha impresora de contactos, é da marca Agfa, manipulada e adaptada para o uso, como se pode ver nas fotografías.



informe completo AQUÍ


INFORMES:


Peza cun ataque masivo de insectos xilófagos. Ao collela desprende numerosas serraduras. Procede desinsectación por anoxia.



Estado de conservación precario:  
-Depósitos de po e sucidade. 
-Ataque masivo  de xilófagos, non activo (foi desinsectada mediante anoxia), con perda importante de consistencia do material. 
-Restos na superficie dun betún ou cera envellecida aplicada con brocha.


Proposta de tratamento: 
Desinsectación preventiva. 
Limpeza. 
Consolidación


TRATAMENTOS:


Desinsectación: 
O uso da anoxia para o tratamento de pezas históricas atacadas por insectos é un método seguro, tanto para a peza como para os manipuladores. Diferentes estudos (Valentín e col, 1998),  teñen demostrado que non se producen alteracións físico químicas nos soportes e ademáis pódese conseguir o 100% de mortalidade en todos os estadíos de desenvolvemento dos insectos, ovo, larva, pupa e adulto. 
Un tratamento con anoxia consiste na eliminación casi por completo do O2. Desta forma créase unha atmósfera anóxica incompatible coa vida dos insectos, na que o nivel ideal de O2 atópase por baixo do 0,1%. 

Procedimento: 
1. Confección dunha bolsa de plástico de polietileno de alta barrera ao osíxeno termoselada en cuxo interior están as pezas con ataque de xilófagos. Colócase tamén un datalogger  para seguimento de Tº e HR.

2. Cálculo do número de absorbentes:  
Va en ml= 120 largo x 75anchox 40alto=  360.000ml 
VO2 a eliminar= 360.000/5= 72000 ml 
Colocáronse 75 bolsas de ATCO-1000 

3. Control periódico dos niveis de osíxeno.  
Introdúcense os sacos de absorbentes e obsérvase cando o nivel de osíxeno é menor de 0,1% . A medición realízase cun oxímetro da Marca Dansensor, a través dunha agulla que extrae ar do interior da bolsa. 

4. Duración do proceso: mínimo 20 días.

Técnica de Limpeza:
Mecánica: limpeza de pó e depósitos superficiais mediante cepillos de distinta dureza e aspiración, empregando o bisturí no caso de depósitos incrustados.  
Química: eliminación de restos dun betún aplicado con brocha mediante hisopos humedecidos en auga - alcohol.  

cata de limpeza

limpeza química












Técnica de Consolidación 
- Consolidacións puntuais con Paraloid B72 ao 5% en dowanol.  
- Adhesións puntuais con PVA. 
- Reintegracións puntuais con Araldit madeira, sempre de tipo estrutural cando se considera necesario para a estabilidade da peza. 


proceso consolidación
proceso consolidación














Resultado do tratamento de conservación
Informe completo AQUÍ

Outros tipos de diñeiro: as fichas telefónicas

Hoxe como medida de hixiene estamos asistindo a un incremento no uso dos medios de pago dixitais, tarxetas ou o móbil, para pagar as nosas compras cotiás en detrimento da moeda metálica ou do billete de papel. Isto é, estamos utilizando outras formas de diñeiro. 

Entre estes diñeiros diferentes están aqueles instrumentos deseñados para fins concretos como poden ser as tarxetas para o bus, as destinadas a fidelizar a clientela nun comercio ou nunha rede, ou as fichas telefónicas, como as que presentamos. 





Ata hai algúns anos para facer chamadas telefónicas dende unha cabina ou un teléfono público era preciso dispoñer de fichas emitidas polas respectivas compañías de teléfonos. Neste caso son dúas fichas en cobre acuñadas pola Compañía Telefónica Nacional de España na década dos 60 do século pasado. 

Por certo, as subidas periódicas do custo das chamadas facían da adquisición previsora de fichas telefónicas unha maneira de anticiparse ás subas e a inflación.

jueves, 2 de abril de 2020

Xerra de vimio: tratamento de conservación

Esta xerra na parte exterior está formada por vimio e láminas de madeira para dar forma ao corpo da xerra, produción artesanal, posiblemente con axuda dun molde, a procedencia desta peza é a comarca de Lugo.
A datación faise de acordo coa evolución de técnicas e materiais que se da a partir de 1950: as xerras máis antigas son pequenos contedores troncocónicos de tiras de madeira. A mediados do século XX a fabricación con molde permite realizar formas máis estilizadas; outras innovacións son o pequeno pé da base, e a utilización de vimio. Esto para a zona do Ulla; outras zonas de fabricación están no Miño de Lugo e Ourense.
As función era de servizo, consumo e tamén medida do viño.


INFORMES:

Análise do estado de conservación
Xerra de vimio con tiras entrelazás, impermeabilizada con pez polo interior. Usabáse para sacalo viño da cuba. A peza atópase en bo estado de conservación. Presenta suciedade de po e contaminación atmosférica superficial. Presenta buracos, sinal da presenza dun ataque de insectos, posiblemente non activo na actualidade. A protección do pez do interior da xerra permanece cuarteada, por deshidratación, atópase reseca. Restos no exterior da cola de peixe, que forman parte da execución técnica da peza.


informe completo AQUÍ




xarra_1177. Ataque xilófagos
xarra_1177. restos de resina












                                                                 TRATAMENTOS:


*Control biolóxico
Desinsectación por anoxia con gas nitróxeno. Para elo, introduciuse a peza nunha bolsa de plástico de barreira impermeable ao osíxeno. A atmósfera no interior da bolsa foi de nitróxeno puro cunha porcentaxe de osíxeno non superior ao 0.1%. As condicións medioambientais tivéronse en conta introducindo un dataloger para o control da humedade relativa e a temperatura, parámetros que se moveron ao redor do 65% de HR e os 20ª C. Nestas condicións, mantívose trinta días.


*Técnica de Limpeza
Limpeza mecánica por aspiración e química con esencia de petróleo. Na limpeza, se activa a resina interior cunha mistura de disolventes polares ao 50%.

*Técnica de protección
Protección e hidratación mediante a aplicación por impregnación con brocha dun aceite de base.

jueves, 10 de octubre de 2019

Nova peza da colección téxtil en exposición: Mantón de Manila


Imaxe reproducida na vitrina: retrato de Áurea Dolores Estévez Estévez. Bos Aires, Arxentina; ca. 1930


Que é un mantón de Manila?
É un lenzo cadrado de seda decorado en cores vivas con flores, paxaros ou fantasías e rematado en todo o seu perímetro por flocos. Os mantóns de Manila toman o seu nome da capital filipina, onde os barcos facían a primeira escala na súa viaxe dende China ata España.

En España, na Fábrica de Tabacos de Sevilla as cigarreiras aproveitaban os panos bordados, nos que chegaban as follas de tabaco, como rebozos para protexerse da humidade cando cruzaban o Guadalquivir. Estes panos foron transformándose en mantóns decorados con motivos florais: uns con catro grandes rosas nas esquinas e outros con rosas de menor tamaño ocupando toda a superficie, coma neste mantón. Algunhas fontes denominan este tipo como mantón de cigarreira.

O mantón de Manila está vinculado ao exquisito non só pola minuciosidade do seu traballo artesanal e virtuosismo senon por estar ligado de forma directa á utilización dun dos materiais téxtiles máis valiosos, a seda.

lunes, 6 de marzo de 2017

Restauración dun voitrón artesanal

Exposición "A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico"

No pasado mes de xuño inaugurábase no Museo Etnolóxico de Ribadavia a exposición "A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico".

Con motivo desta exposición levouse a cabo no laboratorio do Museo a restauración de diversos obxectos vinculados á actividade.

De entre tódalas pezas escollemos este voitirón para exemplificar dunha forma xeral as intervencións que se levaron a cabo, en maior ou menor medida, segundo o estado de conservación de cada obxecto, sobre o conxunto expositivo.


Os tratamentos varían en función dos materiais e as técnicas de fabricación pero en tódolos casos tense en conta moi especialmente, a súa vida e o seu uso. Por este motivo, o obxectivo da nosa intervención será eliminar ou frenar todas aquelas alteracións que supoñan un deterioro para a peza (suciedade, falta de cohesión, corrosión, ataque biolóxico...) coa finalidade de asegurar a súa conservación e estabilidade, deixando íntegras as pequenas reparacións, engadidos de material ou modificacións que, non formando parte da creación orixinal, aporten datos importantes, ou canto menos interesantes sobre a vida útil das pezas.

Estas son pezas valiosas dende o punto de vista antropolóxico en canto a que foron as ferramentas de traballo de persoas. Eran obxectos cotiáns que pola natureza dos materiais que os compoñen poden considerarse fráxiles e pouco valiosos. Pero ao mesmo tempo eran obxectos moi valorados porque eran sinónimo de riqueza ou canto menos, de supervivencia e constancia disto son as numerosas reparacións que pudemos atopar en todos eles e que tentaban alargar ata o máximo a súa vida útil.
IDENTIFICACIÓN DO OBXECTO 
 
Nº DE INVENTARIO 0570.

OBXECTO Voitirón.

PROCEDENCIA Francelos, Ribadavia (Ourense).

MATERIAIS Fibra sintética, cordel, madeira de mimosa, ferro.

TÉCNICA Redería artesanal.

DIMENSIÓNS Diámetro máximo (boca) 73 cm; Profundidade 150 cm.

DESCRICIÓN Voitirón de dous bozos fabricado en rede de material sintético. A estrutura ríxida consta dun arco de madeira pelada de mimosa e catro aros de ferro, aparte de dúas varas denominadas "estendidillas" tamén de mimosa que servirían para manter a rede estirada e tensa, quedando amarradas ao resto da estrutura por medio de cordeis.

ESTADO DE CONSERVACIÓN 

A rede amosa suciedade xeneralizada. O tecido presenta certa rixidez e nel son visíbeis varias roturas, algunhas xa reparadas antigamente. 
Existen pequenos puntos de corrosión nos aros de ferro que puntualmente ensuciaron de ferruxe os elementos en contacto. Na unión dos extremos de cada aro hai enrolada cinta adhesiva, seguramente colocada ahí para protexer ao tecido do roce cos bordos das varillas de ferro. Esta cinta está hoxe deteriorada e algo despegada. Os elementos de madeira atópanse igualmente sucios e tamén deshidratados, perdendo flexibilidade e resistencia. Esta rixidez ou falta de elasticidade impropia dos materias que constitúen a rede é precisamente a que impide estirala na súa posición de uso e dificulta a súa visualización e diagnose, debido ao perigo de someter certos elementos a tanta tensión.

TRATAMENTOS DE RESTAURACIÓN

LIMPEZA. Tras unha primeira limpeza en seco con brochas de diversas durezas e aspirador lévase a cabo unha limpeza química máis en profundidade e xeneralizada con escuma de tensoactivo neutro. Tras deixar actuar unha hora aclárase en sucesivos baños, sempre tentando reducir ao máximo o contacto prolongado coa auga.


MONTAXE E SECADO. Aproveitando a flexibilidade que a humidade aporta aos diversos elementos procédese á montaxe do voitirón. Unha vez montado o secado será máis doado e ademáis, poderemos observar e documentar mellor algúns detalles importantes que nos falan da vida e uso desta peza.


CONSOLIDACIÓN DA REDE. Nas zonas onde a malla está partida é preciso intervir o antes posible para evitar distendementos. Primeiro aplícase poliamida téxtil como punto de adhesión e onde a tensión é imporatnte ou as lagoas son de maior tamaño, refórzase despois cun cosido de fío de seda.



 

PROTECCIÓN DOS ELEMENTOS DE MADEIRA. Para rematar coa intervención, todos os elementos de madeira son protexidos cun aceite de base vexetal que nutrirá a madeira, facendo que esta recupere flexibilidade e resistencia.


                
Pódese consultar o informe completo de restauración neste enlace con máis fotografías AQUÍ