A exposición: "A olería en Galicia: unha mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico. Ribadavia" comisariada por Víctor Manuel Castro Carballal rompe co relato tipolóxico habitual neste tipo de exposición sobre olería.
Partindo do traballo singular de José Manuel Varela e Luciano García Alén, detense en aspectos como a asociación da artesanía cun determinismo económico ou a concepción da olería dun determinado estrato da poboación. Un discurso froito dunha mirada crítica que busca a ligazón entre o pasado da olería e o presente da artesanía "artística".

A exposición estrutúrase nos seguintes bloques:
-Carácter rural e popular da olería: onde se reflexiona acerca da relación entre o produto que sae dos centros oleiros e os grupos sociais que o adquire.
-A voltas coa funcionalidade e a estética: o vidrado e a cor: trata sobre os usos para os que son destinados e o correspondente impacto dos cambios económicos, sociais e tecnolóxicos nunha produción en ocasións enfocada a satisfacer funcionalidades concretas.
-O simbolismo: encárase a decoración e o simbolismo dende o universo mental dos grupos sociais que consomen as vasillas feitas polas mans de oleiros e oleiras da terra. Non se deixa de lado neste punto a revelación que sobre a decoración tivo a expansión do ferrocarril e con el a chegada de produtos foráneos e a súa sutil adaptación ao gusto local.
-Reflexionando sobre a autoría: nesta parte da exposición abórdase a pegada do autor na súa obra, as repostas aos cambios na realidade sociocultural e económica e a procura dunha creatividade desligada do uso tradicional das pezas.
Na parte final da exposición faise unha reflexión crítica acerca dos
procesos de posta en valor destes bens do noso patrimonio cultural
falando de: Crise e repunta, De artesán a artista? e de Patrimonializacións
-O simbolismo: encárase a decoración e o simbolismo dende o universo mental dos grupos sociais que consomen as vasillas feitas polas mans de oleiros e oleiras da terra. Non se deixa de lado neste punto a revelación que sobre a decoración tivo a expansión do ferrocarril e con el a chegada de produtos foráneos e a súa sutil adaptación ao gusto local.
canabarro de Tioira coa sinatura: "Antonio de Santiago" |
-Reflexionando sobre a autoría: nesta parte da exposición abórdase a pegada do autor na súa obra, as repostas aos cambios na realidade sociocultural e económica e a procura dunha creatividade desligada do uso tradicional das pezas.
Na introdución do catálogo o comisario reflexiona sobre os motivos e a opción deste discurso sobre a olería en Galicia partindo da colección do Museo Etnolóxico:
"O
Museo Etnolóxico. Ribadavia, custodia nas súas salas de reserva un
número destacado de obras alusivas á actividade oleira. O groso da
colección intégrano compras puntuais e doazóns, sendo o legado
máis significativo o composto por un volume de 238 pezas cedidas
pola Obra Sindical de Artesanía, ao peche da I Mostra de Cerámica
Galega, celebrada co gallo do Ano Santo Compostelán e das Festas de
Ourense no ano 1971. Xunto a estas creacións, atopamos en moita
menor medida outras de louza importada, sobresaíndo as achegas do
Sur peninsular e exemplos de porcelana.
Conforman
un catálogo un tanto heteroxéneo, no que a tipos, cronoloxía e
procedencia se refire. Teñen presenza no MER un total de dez núcleos
produtores. A saber: Buño, Gundivós, Loñoá, Lovios, Mondoñedo,
Niñodaguia, Portomourisco, Ramirás, Rubiá e Tioira.
cazolo do pingo. Tioira. |
En
canto a instrumental vencellado coa artesanía, o centro atópase
completamente orfo e o arquivo documental non é quen de suplir as
carencias citadas.
Estas
limitacións van condicionar o guión expositivo, xa que o que se
pretende é elaborar un relato privilexiando os fondos propios.Unha exposición baseada nos procedementos: extracción da materia prima, preparación, torneado, cocción e comercialización, non sería viable polas limitacións enunciadas.
Unha mostra ao uso, como se teñen desenvolvido tantas outras, na que o discurso estea marcado polas tipoloxías (sucesión de formas e tipos) tampouco sería posible, posto que non contamos coa presenza de tódolos centros e algúns están vagamente reflectidos. Esta vía obrigaríanos a acoutar o marco xeográfico.
Cómpre considerar a posibilidade de realizar outras aproximacións ao tema, coma a centrada en cuestións de xénero. Recentes estudos están a retomar o argumento, poida que influídos e condicionados pola presión irradiada das patrimonializacións fundamentadas neste aspecto".
Agradecer a artesáns e artistas que cederon obras para esta exposición: Juan José Unzueta, Xosé Poldras, Agustín Vázquez, e a Erika Mel, Tesouro de Barcala e Pazo de Ferreiroá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario