Venres día 20 de abril ás 20.30 h no salón de actos do Museo Etnolóxico en Ribadavia adiantamos a celebración do Día Internacional do Libro coa presentación do libro: Museo aberto: saltando valados, nunha edición trilingüe galego, castelán e inglés recóllese a análise do programa Museo aberto.
O acto de presentación consistirá nunha
mesa redonda de profesionais que analizarán a experiencia do Museo cos tres colectivos: Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR),
Cárcere de Pereiro de Aguiar (Ourense) e Cruz Vermella O Ribeiro
(Ribadavia), cos que se desenvolveron os tres proxectos do programa:
Lembrar no museo, Museo no cárcere e Vémonos no espello.
Formarán parte desta mesa:
Xosé Carlos Sierra Rodríguez
coautor
do libro, especialista en museoloxía, director do Museo Etnolóxico
durante parte do período que se desenvolveron no Museo Etnolóxico os
distintos proxectos,
Lorena del Pozo Fuente
técnica de Institucións Penitenciarias, colaborou no inicio do proxecto
Museo no cárcere como subdirectora de tratamento no Cárcere de Pereiro de Aguiar,
Rosa Mª Almeida Grande psicoxerontóloga, participou no proxecto
Lembrar no Museo como psicóloga de AFAOR no que se utlizaron técnicas de reminiscencia,
Lola
Ferreiro Díaz Doutora en Medicina; Departamento de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela (USC),
José María Failde
secretario da Sociedade galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) e profesor da Universidade de Vigo (UVigo).
En
2010 o Consello Internacional de Museos (ICOM-UNESCO) lanzou o lema:
Museos
para a harmonía social,
con
este lema
pretendía este organismo internacional que os museos reflexionaran
sobre a súa responsabilidade como espazos de integración social e
co
obxectivo de que exploren
as posibilidades do patrimonio cultural como ferramenta para a
promoción da igualdade e para a eliminación gradual de barreiras
entre os integrados, os excluídos e os precarios.
Estas e outras reflexións arredor do papel actual que teñen os
museos na sociedade, a necesidade de chegar a “outros” públicos
e a súa propia función social levan a que os museos saian fóra dos
seus muros e se acheguen a colectivos sociais con dificultades de
acceso ao patrimonio cultural destes centros. Neste caso esta
reflexión feita no Museo Etnolóxico leva de forma gradual primeiro
a través de proxectos individuais e despois dun programa global
acercar o patrimonio etnográfico a esoutros públicos non habituais
nos museos, en moitas ocasións saíndo da propia instituición
museal.
Tres proxectos diferentes do departamento de educación e acción cultural do Museo Etnolóxico, que naceron en momentos distintos: Lembrar no museo, Museo no cárcere e Vémonos no espello, en cada un deles se traballou con colectivos diferentes: Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), Cárcere de Pereiro de Aguiar (Ourense) e Cruz Vermella O Ribeiro (Ribadavia), converxeron nun mesmo programa denominado Museo Aberto.
Estes
proxectos naceron de forma embrionaria en 2005, foron medrando e
consolidándose ao longo dos anos, converxendo en 2009 no programa
Museo Aberto activo cos tres proxectos até 2012. A Asociación
de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia
(AMECHIR) estivo presente no apoio loxístico e xestor para o
desenvolvemento das actividades de todo o programa.
O programa Museo Aberto implicou un traballo transversal de profesionais especialistas de ámbitos diferentes: unha antropóloga da Universidade de Vigo, persoal técnico do Museo Etnolóxico, psicólogas, traballadoras/es sociais, persoal técnico de prisións, e a colaboración nos distintos obradoiros de xentes de oficios e da cultura.
Este
programa Museo Aberto
obtivo en 2012 o recoñecemento cunha Menciónde Honra no III Prêmio Ibero-Americano de Educação e Museus do ProgramaIbermuseos e xa forma partedo Banco Iberoamericano de Buenas Prácticas en Acción Educativa que se pode consultar
na páxina da internet de Ibermuseos. A
difusión deste programa conleva a participación en distintas
xornadas e congresos: nas
xornadas de formación museolóxica:
Abiertos a todos: museos socialmente comprometidos. Reflexiones y experiencias, I
Encontro Iberoamericano de Museos Pedagógicos e Museólogos de
Educación, VI Xornadas Internacionais de Educación Social e Xerontoloxía. Boas prácticas profesionalización e experienciasxeragóxicas, I
International
Conference on Ecomuseums, Community Museums and Living Communitie, I
Congreso Internacional Repensando
los límites del Patrimonio Cultu-Natural, artigos
en varias publicacións:
Boletín del Instituto Andaluz del Patrimonio HistóricoPH, Arte, Cultura y Cárcel. Prácticas artísticas y culturales encontextos penitenciarios, en
traballos fin de máster, etc.
Era
necesario que o traballo, realizado ao longo de anos desta
experiencia pioneira nos museos de Galicia, e de España, fose
sistematizado e analizado por aquelas profesionais que desenvolveron este
programa, nunha publicación que permitise o fácil acceso de toda
esta documentación xerada tanto ao persoal técnico dos
museos e centros patrimoniais, como a aqueles colectivos sociais que
teñen interese nestes proxectos, presentando o libro en edición
trilingüe: galego Museo aberto: saltando valados , castelán Museo abierto: saltando muros e inglés Open museum: jumping hurdles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario