Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

miércoles, 19 de diciembre de 2018

Cinema: "Hora silenciosa" e "The Widow" de Noelia Muíño

Venres 21 de decembro de 2018 ás 20.30 h

Museo Etnolóxico 

proxección das curtas de Noelia Muiño, gañadora do premio á mellor curtametraxe no Ourense Film Festival con 'The Widow'.

 Contaremos coa presenza da directora.





HORA SILENCIOSA

Xénero:documental contemplativo. 













Sinopse:
Nun mosteiro de Santiago de Compostela, as monxas benedictinas realizan a súa rutina diaria en silencio.

En un monasterio de Santiago de Compostela, las monjas benedictinas realizan su rutina diaria en silencio.

At a monastery in Santiago de Compostela, a group of Benedictine nuns go through their daily routines in silence.





 
THE WIDOW 
 
Xénero: drama, fición.














Sinopse:
Virginia chega do funeral do seu marido, cando recibe a visita do seu veciño. El ofrécelle axudala a quitar a cabeza de xabaril que adorna o salón. Con todo, ambos saben que ten outro motivo para estar alí. 

Virginia llega del funeral de su marido, cuando recibe la visita de su vecino. Él le ofrece ayudarla a quitar la cabeza de jabalí que adorna el salón. Sin embargo, ambos saben que tiene otro motivo para estar allí.

Virginia just became a widow, and she receives the visit of her neighbour. He offers to help her remove the taxidermy boar head from her living room. However, they both know he has another reason to be there.

 
BIOGRAFÍA da DIRECTORA:

Noelia Muíño (Galicia, 1992) estuda o Máster en Dirección de Cine da New York University (USA). Guionista, produtora, directora e editora dos documentais 'Hora Silenciosa', 'El vendedor de alfombras' e das curtas de ficción 'Monte Bravo', 'The Widow', 'Paradise', 'En Pointe' y 'El visitante'. As súas curtas foron seleccionadas en varios festivais de España, gañando o premio á mellor directora galega no Curtas Film Fest, e o premio á mellor curtametraxe no Ourense Film Festival con 'The Widow'. Noelia foi tamén directora de fotografía de tres curtametraxes e editora de vídeo na escola do 'New York Times'. Como artista de Previz 3D, traballou, entre outros proxectos, no filme 'Tadeo Jones 2 el secreto del rey Midas', gañadora do Goya á mellor película de Animación en 2018.

martes, 18 de diciembre de 2018

Exposición: "Himalaya: Las montañas de Buda" de Ángel López Soto

Venres 21 de decembro ás 20.00 h no Museo Etnolóxico
inauguración da exposición: Himalaya: las montañas de Buda
                              do fotógrafo Ángel López Soto

 
Himalaya: las montañas de Buda: trala invasión China do Tíbet en 1949, a cordilleira do Himalaya converteuse na testemuña fiel do éxodo do pobo tibetano.

O fotógrafo Ángel López Soto, sempre acompañado pola súa cámara, explora varios países da rexión do Himalaya, Norteamérica e Europa, realizando un seguimento, que xa vai por máis de 20 años, do desterro obrigado dos casi 150.000 tibetanos.

Paisaxes imposibles, mosteiros, templos e outros lugares de peregrinación do budismo, son os protagonistas das imaxes e textos que compoñen a mostra.

`Himalaya: las montañas de Buda´, propón unha viaxe que se prolonga durante esas dúas décadas polos países de Tíbet, India e Nepal. Un percorrido para descubrir os lugares máis emblemáticos da rexión máis alta da terra, a historia e a forma de vida dun dos pobos máis ameazados do planeta.


Ángel López Soto é fotoperiodista. ntrase en temas de actualidade, denuncia social e medio ambiente. As súas reportaxes publícanse en revistas e diarios de todo o mundo.
É, xunto a Alfons Rodríguez e Juan Carlos de la Cal, un dos fundadores de GEA PHOTOWORDS, asociación de fotógrafos, periodistas, cineastas e escritores, ligada a todo o que afecta ao Medio Ambiente, aos Dereitos Humanos e a rica diversidade do noso mundo en todas as súas formas e aspectos.

Algúns dos seus proxectos e reportaxes foron realizados coa colaboración de UNICEF, Cruz Vemella, Agencia Española de Cooperación Internacional, United Nations Population Fund (UNFPA), Ayuda en Acción, Action Aid, Fundación Amigó e a Fundación Vicente Ferrer, entre as máis coñecidas.



Premios e exposicións:

O fotógrafo ten exposto obra no Círculo de Bellas Artes de Madrid, PhotoEspaña, Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, Fundación Lázaro Galdiano, IVAM, Espacio Locationibus Domus, La Casa del Tíbet de Barcelona...

Entre outros galardóns, obtivo o II premio internacional de fotografía humanitaria Luis Valtueña, o IV Premio Internacional de fotografía humanitaria Luis Valtueña, premio 100 Latinos 2013, seleccionado entre varios fotógrafos do mundo pola axencia Gamma de París para fotografar a Alhambra de Granada dentro do proxecto Patrimonio 2001 sobre o patrimonio da humanidade da UNESCO...

lunes, 26 de noviembre de 2018

Concerto presentación do libro-cd: "De mano en mano" de Luis Antonio Pedraza


Domingo 2 de decembro ás 13.00 h no Museo Etnolóxico concerto presentación do libro-cd de Luis Antonio Pedraza: "De mano en mano". a produción foi dirixida e realizada por Kepa Junquera.




Escribe Luis Antonio Pedraza sobre o seu libro-disco:


"A apaixonante viaxe que vou compartir contigo comezou cando só tiña once anos. A soas, na intimidade, ensaiaba cos primeiros instrumentos buscando o son da miña vida. Entón non alcanzaba a imaxinar que ese universo de notas sería o agasallo de personaxes como Isaías Fadón, o tío París, os irmáns Guillermo ou Amador García, entre outros moitos. Frautas, tamborís e outros instrumentos —regalo da natureza que os rodeaba— foron pasando de man en man por lendarios intérpretes que mantiveron viva a savia de nosas máis profundas raíces. Para algúns dos poboadores de Sayago, Aliste ou A Raia, aquela sería a única música en directo que escoitarían nos seus días. Hoxe, esa marabillosa melodía colectiva pasa polas miñas mans, antes de chegar ás seguintes". 

Nace en Blanes, Girona (España) en 1983, pero reside en Zamora desde moi novo onde comeza os seus estudos musicais con 7 anos no Conservatorio de Música de Zamora. Aos 12 anos comeza a estudar frauta pastoril de tres buracos e tamboril e percusión tradicional nas escolas de folclore de Zamora e Salamanca. Compaxina as súas actuacións musicais como multi- instrumentista (instrumentos de vento, corda e percusión tradicional) co labor de director musical da Asociación de Tamborileros Zamoranos (A. T. Z.). Actualmente, pertence ao afamado grupo de folk "A Musgaña" e colabora desde o 2003 con numerosos grupos e formacións.

Grazas á colaboración da Asociación de Amigos do Museo e do Conxunto Histórico de Ribadavia (AMECHIR)


Folleto

lunes, 5 de noviembre de 2018

Cine de Outono. Miradas etnográficas 6



Os venres de novembro de 2018 teremos a 6ª edición do Cine de Outono. Miradas Etnográficas reflexionaremos coa linguaxe do audiovisual de que maneiras o pasado está no presente, a través da visión de tres directoras: Roser Colella, Ana Domínguez e Olaia Sendón e dun: director Plácido Romero. Ademais de ver as súas obras audiovisuais tentaremos contar coa súa presenza para conversar sobre as súas obras e os procesos de creación.

As proxeccións serán de balde ata completar o aforo ás 20.00 h. no Museo Etnolóxico o venres 9, venres 16, venres 23 e venres 30 de novembro.
Moitas grazas pola organización, selección e proxección dos filmes ao Cineclube Padre Feijoo de Ourense e á colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia.
 
Venres 9 de novembro, 20.00 h
O tempo na Luparia
Dir. Plácido Romero (España, 2018) 66 min.

Unha visión emotiva dun concello da Galicia interior a partir dos acontecementos e vivencias de todo tipo ocurridas nos últimos trinta anos. A historia, a etnografía, a política, a pegada imborrable de Xaquín Lorenzo e a vida cotiá, sosteñen a súa existencia no tempo pero tamén o tempo que habita nelas, conformándoas e determinándoas. Reinventarase este mundo para sobrevivir nun mañá dominado pola tecnoloxía e a intelixencia artificial?
Aínda existe a ilusión e a esperanza dunha vitoria sobre o desalento.

 
Venres, 16 de novembro de 2018
GRAB AND RUN (ALA-KACHUU) 
Dir. Roser Corella ( España - Alemaña.2017) 85min. 

Desde a independencia en 1991, en Kirguizistán houbo un rexurdimento da tradición ancestral do Ala-Kachuu, que podería ser traducido como "agarra e corre". Máis da metade das mulleres no país son secuestradas por homes que seguen a tradición e acaban por casar con elas. A orixe desta práctica ten raíces antigas e, sorprendentemente, continúa nos tempos actuais. Aínda que o Ala-Kachuu foi prohibido durante a era soviética e o código penal vixente establece que é ilegal, a lei moitas veces non protexe as mulleres contra este abuso violento.
Premio ao Mellor Filme Etnográfico na 13 MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) do Museo do Pobo Galego 2017.

 
Venres, 23 de novembro de 2018
Os fillos da vide
Dir. Ana Domínguez (España,2017) 69 min.

Volvendo ás súas raíces, Ana Domínguez entra nunha xornada que vai desde o persoal ata o ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións; as viñas, a vendimia e o viño. Os ritmos, os ritmos da natureza e as tradicións en perigo de extinción, a través das paisaxes e os que as habitan, debuxan ese aspecto no que a etnografía e a emoción únense nunha revelación das correntes pagás e míticas da Bacchanalia:Festas populares, explosións de fertilidade e de vida.
Premio ao Mellor Filme Etnográfico Galego na 13 MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) do Museo do Pobo Galego 2017.

 
30 de novembro de 2018
A casa de Lola e AndrésDir. Olaia Sendón Ogando (España,2006) 34 min.

A memoria desaparece e o pasado non é máis ca un eco no espazo que o acolleu. Hoxe, estes ecos son diluídos nun espazo vítima da especulación inmobiliaria, salvaxe e irreversible. A Costa da Morte está á venda: baixo o pretexto de prosperidade económica, agóchase a emigración, a falta de industrias, a desintegración económica, a total falta de respecto á contorna.


Os fabulosos irmáns da luz
Dir. Olaia Sendón Ogando (España,2007) 17 min.

Espazos que noutrora foron cinemas, áchanse agora botados a perder ou desaparecidos. Serven, nesta obra, de espazo de proxección para imaxes que falan da vinculación do cine ás tecnoloxías, da intanxibilidade do material cinematográfico... e da maxia que o rodea.
Esta curta foi da man do proxecto fotográfico 'Derradeira sesión', de Manuel Sendón, recuperando a memoria dos cines desaparecidos na Costa da Morte.

Fisterra, carne de Safari
Dir. Olaia Sendón Ogando (España,2016) 25 min.

Xandre vai nacer, aínda que polo de agora é pouco máis ca un peixe na barriga da súa nai. Cando Xandre naza, descubrirá o mundo e o territorio que lle tocará habitar: Fisterra. Polo de agora non é outra cousa que retallos, pantasmas, contos. Un imaxinario fragmentado que só a experiencia da pertenza irá dando forma.
"Realmente, comecei a pensala moito antes, levaba traballando desde as primeiras películas que fixen, que trataban de recuperar a memoria da costa da Morte".

FOLLETO PARA DESCARGAR

jueves, 11 de octubre de 2018

Do viño de Galicia 2018: ciclo divulgativo sobre a cultura do viño



Na segunda quincena do mes de outubro iniciamos no Museo Etnolóxico un ciclo divulgativo sobre a cultura do viño en Galicia, con tres relatorios de especialistas en temas de viticultura e vinicultura na Idade Media e na Idade Moderna e unha visita guiada e comentada para coñecer as granxas medievais (adegas) que aínda se conservan no Ribeiro.
Na ficha nº 4 de Pretextos e Textos, publicada pola Asociación de Amigos do Museo, tedes información sobre as granxas medievais, José Luis Sobrado analiza como as granxas e adegas monásticas son testemuñas da explotación do viñedo no Ribeiro por parte do estamento eclesiástico, pica AQUÍ

17 outubro | mércores 20:30 h
O Ribeiro do Avia: un mundo cheo no outono da Idade Moderna.  Juan Manuel Rodríguez

24 outubro | mércores 20:30 h      ATENCIÓN OS CAMBIOS NESTA DATA
O viño nos mosteiros de Melón e San Clodio a finais do Antigo Réxime. Isolina Rionegro 
Por indisposición de Isolina Rionegro, a súa intervención do mércores 24 de outubro pasa para a semana próxima en data e hora que se comunicará.
Por isto, o mércores 24 de outubro ás 20:30 h teremos a intervención de Francisco Javier Pérez Rodríguez sobre Viño e mosteiros no Ribeiro de Avia medieval.
25 outubro | xoves 20:30 h
O legado do viño: adegas e granxas do Medievo e Idade Moderna. José Luis Sobrado

27 outubro | sábado 14:00 h
Visitas comentadas:
Mosteiro de Melón
Adegas de época medieval: Gomariz e Partovia

A saída da visita do día 27 de outubro será fronte a Casa de Cultura de Ribadavia.
A viaxe en autobús con saída e chegada a Ribadavia.
A viaxe e as visitas son de balde, os gastos persoais non están incluídos.

Inscricións para as visitas do sábado 27 no Museo Etnolóxico ben por teléfono: 988 788 720 ou ben por correo electrónico: mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal.

FOLLETO DO CICLO:

miércoles, 3 de octubre de 2018

Día Internacional da Música 2018


En 1975 a UNESCO estableceu o 1 de outubro como o Día Internacional da Música co obxectivo de exaltar a diversidade de manifestacións musicais de todo o mundo.

No Museo Etnolóxico neste 2018 festexamos esta comemoración con dous concertos:

Venres 5 de outubro ás 20.30 h  coa música do dúo: Ad Heyra Liti formado por Erea Carbajales ao violón e Aser Rodríguez a guitarra de estilo neo folk con influencias de músicas islandesas, australianas e celtas.

Venres 19 de outubro ás 20.30 h con un concerto do pianista, compositor e arranxador do Carballiño Alfonso Medela.



 

miércoles, 22 de agosto de 2018

Exposición: "A Idade de Ferro. Unha tradición entre Lugo e Asturias"


O xoves 23 de agosto ás 20.30 inaugúrase no Museo Etnolóxico a exposición de fotografías de José M. Salgado: A Idade de Ferro. Unha tradición entre Lugo e Asturias, será presentada por Clodio González Pérez, membro correspondente da Real Academia Galega e do padroado do Museo do Pobo Galego.



foto José M. Salgado
A cabalo entre dúas provincias, Lugo e Asturias, nas concas dos ríos Eo e Navia, (re)existe unha comunidade vinculada desde tempos remotos á labranza do ferro. Nos concellos galegos de Riotorto, A Pontenova e A Fonsagrada, e nos asturianos dos Oscos, Grandas de Salime e Taramundi, habitan aínda decenas de artesáns do ferro, ferreiros, herdeiros dunha tradición ininterrompida e que segue aínda hoxe viva.
 



Este fotoensaio de José M. Salgado, realizado entre o 2014 e o 2017, propón unha viaxe simbólica a esas terras e trata de ser un retrato fiel do momento actual dunha comunidade cuxos intereses compartidos lle dan a categoría de homoxénea e coherente, e que permaneceu para moitas persoas galegas e asturianas ignorada. 

Foto José M. Salgado


Folleto da exposición






lunes, 13 de agosto de 2018

Exposición: "Galicia e Aragón"

Ana Chao na inauguración da exposición "Galicia e Aragón"




O 14 de agosto de 2108 inaugurouse no Museo Etnolóxico en Ribadavia  a exposición de fotografías de Ana Chao:
"Galicia e Aragón", poderase visitar ata o 30 de setembro.





Con esta mostra a autora quere compartir unha escolma de imaxes que forman parte dos sus principais espazos vitais: Aragón e Galicia. De ambas as dúas terras escolleu os lugares captados a través do obxectivo da cámara fotográfica dos cales garda un sentimento, balizas da súa memoria e lazos que a unen ás dúas terras que marcan a súa propia experiencia vital.

Foto Ana Chao
 Un modo de compartir recordos e experiencias; en definitiva memora que una as xentes de Galicia e de Aragón.
Ana Chao escribe no folleto da exposición:
"Non sei moi ben de onde procede a miña afección fotográfica, sí sei que con catorce anos encantábame fotografar e ser fotografada...


Vai ser a partir da miña xubilación cando atopo o momento idóneo para dedicarlle tempo, xa que o entusiasmo nunca me faltou.
Faime moita ilusión presentar esta mostra en Ribadavia, neste museo que tanto me gusta e entre a miña xente.
É unha homenaxe ás miñas dúas comunidades, Galicia por ser a terra dos meus antepasados e a miña nenez e Aragón o meu lugar de adopción, na cal crecín e evolucionei."

Folleto da exposición:




lunes, 25 de junio de 2018

Ciclo de cinema: Marxes Fílmicas: unha ollada ao redor (de nós mesmos)

deseño de Iñaki Nóvoa





Este 2018 teremos a sétima edición do ciclo de cinema: Marxes Fílmicas, que cada ano polo verán organizamos, no patio do Museo Etnolóxico coa xestión e a colaboración loxística do Cineclube Padre Feijoo de Ourense.
Esta edición, que se desenvolverá no patio do Museo Etnolóxico ás 21.30 h. os días 3, 5, 10 e 12 de xullo, terá como fío condutor: "Unha ollada ao redor (de nós mesmos)".
Rompendo a tradición dos últimos anos, as noites de cinema do Museo Etnolóxico, propoñen a introspectiva como método de análise: que di dunha sociedade o cine que ve? Diriximos a ollada cara espectadoras e espectadores dos festivais de cine. Consumidores dunha cultura audiovisual que, segundo as directivas da Unión Europea, promoven a formación dun espírito crítico e a difusión dos valores de integración de todas as razas e culturas da nosa contorna.

A través do palmarés do último Festival Internacional de Curtas de Bueu (Ficbueu) e doutros filmes com amplo percorrido en certames internacionais, abrimos unha xanela aos nosos gustors como público, o que nos permite unha ollada ao que vai sementando en nós o cine que consumimos.

Un cine, por outra banda, que adoita chegar en pequenas doses e sempre grazas ás pantallas dos festivais, ou coma esta do Museo Etnolóxico.

Martes 3 de xullo, 21.30 h. 
Palmarés Internacional Ficbueu 2017, sesión de curtametraxes (104')

FOX Dir. Jaqueline Lentzou (Grecia, 2016) 28'.
Sección oficial nos festivais de Locarno, Saraxevo e Atenas. Primer premio FICBUEU 2017.
RUAH. Dir. Flurin Giger (Suíza, 2016) 18'.
Nominada á mellor curta na Biennale de Venecia e  Festival de Sitges 2016. Segundo premio no FICBUEU 2017.
WALD DER ECHOS.  Dir. Luz Olivares Capelle (Austria, 2016) 30'.
Mellor película nos Austrian Film Awards e premio a Mellor Dirección FICBUEU 2017.
BIER & CALIPPO. Dir. Paul Ploberger (Austria, 2017) 28'.
Presente nos festivais de Max Ophüls, Münster e Salzburgo. Mellor Música FICBUEU 2017.
Xoves 5 de xullo, 21.30 h.
Palmarés Nacional Ficbueu 2017 (91') 
LENI K. Dir. Alberto Taibo (España, 2016) 19'.
 Mellor Curta e Mellor Director en CyLnema en corto. Mellor Guión FICBUEU 2017. 
TIMECODE. Dir. Juanjo Giménez Peña (España, 2016) 15'.
Nominada á Mellor curta de ficción nos Oscar, Palma de Ouro á Mellor curta Festival de Cannes e Mellor curta de ficción nos Goya. Premio do Público FICBUEU 2017.
LA DISCO RESPLANDECE. Dir. Chema García Ibarra (España, 2016) 12'. 
Mención Especial no Festival de San Sebastián. Gran Premio do Xurado Semana de Cine de Medina del Campo. Mellor Curta Española FICBUEU 2017.
NÉBOA. Dir. Claudia Costafreda (España, 2017) 18'. Mellor Curta iberoamericana no Festival de Huesca. Mellor Curta Galega FICBUEU 2017.
DECORADO. Dir. Alberto Vázquez Rico (España, 2016) 11'. 
Goya Mellor Curta Animada e Mellor Curta Internacional de Animación no Festival Internacional de Vila do Conde. Participación na Quincena de realizadores de Cannes 2016.
23 DE MAYO. Dir. David Martín de los Santos (España, 2016) 16'. 
Mención Especial do Xurado no Festival de Cine Español de Málaga. Mellor Película Documental no Festival de Medina del Campo.
Martes 10 de xullo, 21.30 h.
Santoalla. Dirs. Andrew Becker e Daniel Mehrer (EUA, 2016) 83'.
Filme inaugural do Festival de Cine Internacional de Ourense  (OUFF) en 2016. 
Este filme documental xira arredor de Martin Verfondern e Margo Pool, unha parella de holandeses progresistas, que só tiñan un soño: vivir no campo, lonxe das limitacións e complicacións da cidade. Con todo, ao chegar á aldea galega de Santoalla (lugar no que se rodou ‘Sempre Xonxa’, de Chano Piñeiro), estes estranxeiros desafiaron as tradicións da única familia residente na localidade, iniciando un conflito de máis dunha década que culminou coa misteriosa desaparición de Martin e que nestes días estivo de actualidade ao celebrarse en Ourense o xuizo pola morte de Martin.
Xoves 12 de xullo, 21.30 h.
Destinos = Posoki (Directions).  Dir. Stephan Komandarev (Bulgaria, 2017) 103'. #VSOE.
Festival de Cannes (Un Certain Regard) e de Xixón. Mellor filme no Festival de Cleveland 2017. Un taxist extorsionado debe pagar un préstamo. Desesperado, dispáralle ao banqueiro, un incidente que causa revolvemento nacional. Mentres, seis taxistas cos seus pasaxeiros pasan a noite, cada un esperenado por un futuro mellor. 

Folleto cos títulos das curtametraxes e a sinopse dos filmes:

 

miércoles, 20 de junio de 2018

Exposición: "A etnografía e os fotógrafos"

A Romaría Etnográfica Raigame, que cada ano se celebra o 17 de maio na vila ourensá de Vilanova do Infantes,  na súa XVII edición homenaxeou aos fótografos ambulantes, de rúa, festas, feiras e outras celebracións, aqueles que dende o comezo da técnica fotográfica recorreron o noso país facendo tomas da paisaxe, das nosas cidades, vilas e aldeas e os seus monumentos, das nosas xentes nas máis diversas situacións da súa vida: traballando, xogando, divertíndose, e tamén nos momentos da morte. Todos eses documentos fotográficos compoñen un documento etnográfico e antropolóxico de grande valor hoxe en día, cando o tempo fixo desaparecer un modo de vida que evolucionou e mudou de xeito radical.

Nalgúns casos son fotografías custodiadas por museos como o Etnolóxico, en Ribadavia, o museo de Pontevedra, ou o Museo do Pobo Galego en Santiago que as restauran, conservan e dan a coñecer en exposicións e publicacións, ofrecendo así un servizo público como memoria da nosa historia. Noutros casos son fotografías de coleccións privadas, moitas delas gardadas en caixas de zapatos, que non saen á luz até que concellos, asociacións ou museos, deciden organizar exposicións de fotografías antigas da comarca.


A exposición, que se puido ver en Vilanova dos Infantes: "A etnografía e os fotógrafos" mostra o traballo de máis de vinte fotógrafos, que hoxe son documentos imperdibles para a antropoloxía social e cultural, así como para a socioloxía e a etnografía. Nesta exposición que comeza no Museo Etnolóxico o seu camiño por distintos espazos expositivos e educativos, poderemos coñecer dende os pioneiros da fotografía como Zagala, Reboredo ou o Estudio Pacheco de Ourense, polo que pasaron numerosos fotógrafos nos seus inicios, até chegar a outros máis recentes como o ourensán Rizo, Estalote de Santiago ou o Estudio Chao de Ribadavia.

Tamén se lembra a outros que fixeron o seu traballo con claras intencións de investigación como a estadounidense Ruth Matilda Anderson, o noso “Xocas”, Xaquín Lorenzo Fernández, ou o antropólogo e folclorista danés Gustav Henningsen, que recorreron a nosa terra en diferentes épocas. E faise unha relación de fotógrafos ambulantes que non acadaron a sona doutros, que traballaron na súas comarcas retratando acontecementos diversos: vodas, bautizos, comuñóns, e sobre odo retratos familiares e fotografías para carnets e pasaportes, pero non por iso menos importantes que os outros. Tal é o caso de Xosé Collazos, o “Retratista de Matamá”, de Laza, Salvador López Requejo, de Maceda, ou Manuel Garrido de Parderrubias, A Merca.. Os paneis que forman a exposición achegan datos biográficos dos autores, acompañados dalgunhas fotografías representativas do seu traballo.


No Xornal Raigame 2018, que se pode consultar e descargar en internet AQUÍ pódense ler artigos ao redor da etnografía e a fotografía, da antropoloxía visual, sobre as coleccións fotográficas do Museo Etnolóxico a súa conservación e difusión escrito polo director do Museo Etnolóxico, César Llana, sobre o fondo arquivo gráfico de Xaquín Lorenzo do Museo do Pobo, saber algo máis de José Gil e o cinema da emigración.


Desde hai anos o Museo Etnolóxico ten unha relación de colaboración mutua co Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e coa Romaría Raigame, feito que se visibilizou coa xestión do Cine Carlos Velo que o Museo leva a cabo no día da Romaría Raigame desde o ano 2017. Esta cooperación e o traballo do Museo Etnolóxico no campo da antropoloxía visual axudou a que a organización da Romaría outorgase o premio honorífico “Adolfo Enríquez” ao Museo Etnolóxico, o que agradecemos no seu momento e volvemos facer desde aquí.


lunes, 11 de junio de 2018

Presentación do libro/CD: "Terra e alma"


 Sábado 16 de xuño de 2018 ás 20.00 h presentación do libro/CD: Terra e alma de Moisés Quintas Suárez, con fotografías de Carlos Valcárcel Gay editado pola Editorial Canela.


O acto de presentación do libro/CD será acompañado dos instrumentos que tocará Moisés Quintas Suárez e dun pequeno concerto/mostra dos alalas do CD, así como unha proxección de fotografías.
Na presentación tamén estará o editor do libro Pablo Quintana.


Ó remate da presentación haberá unha visita guiada polas salas de exposición do Museo Etnolóxico.





 O libro/CD Terra e alma enceta a nova colección da editorial Canela, "Aires da terra", na que pretenden incluír recreacións da música popular tradicional onde, os autores aporten a súa sensibilidade e o seu respecto por ela. 

En Terra e Alma conxúganse dous elementos esenciais da nosa vida, perfectamente concibidos e representados por Moisés, músico e mestre de músicos, ademais de profundo coñecedor da nosa tradición musical, que nesta obra nos achega a ese ar tan coñecido, e ao mesmo tempo tan descoñecido, que é o Alalá. Un canto que non precisa doutro acompañamento máis que o propio ritmo da respiración, do corpo, do camiñar ou do traballo que exerce quen o entoa.

O fotógrafo Carlos Valcárcel aporta unha escolma de imaxes, inmortalizadas por el nas décadas dos anos 60, e 70 do século pasado, que poñen de manifesto o sentir da música escollida por Moisés.

 O libro vai acompañado por un CD no que se recrean os alalás, adaptados a diversos instrumentos musicais que reproducen as melodías ou as harmonías e que son acompañados de diferentes ambientes sonoros naturais cedidos para esta ocasión polo Consello da Cultura Galega.

Información sacada da páxina web da Editorial Canela, onde se pode encontrar máis información dos autores tanto dos textos coma das fotografías do libro.

lunes, 14 de mayo de 2018

Día Internacional dos Museos 2018 #DIM18

Cada ano desde 1977, celébrase no mundo enteiro o Día internacional dos museos ao redor do 18 de maio. Este día é a ocasión para concienciar ao público en xeral sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. O Comité consultivo do ICOM define o tema deste evento que, dado o gran número de países participantes, organízase nun día, un fin de semana, unha semana ou un mes enteiro.
O tema do Día Internacional dos Museos do 2018 será “Museos hiperconectados: Enfoques novos, públicos novos”. O obxectivo do Día Internacional dos Museos é sensibilizar ao público sobre o feito de que “Os museos son un medio importante para os intercambios culturais, o enriquecemento de culturas, o avance do entendemento mutuo, a cooperación e a paz entre os pobos”.



Para conmemorar esta data o Museo Etnolóxico reúne unha serie de actividades durante todo este mes de maio e parte de xuño, establecendo unha hiperconexión coa música tradicional, co patrimonio natural, co patrimonio etnográfico e co patrimonio histórico-artístico con obradoiros, concerto, visita teatrilazada e visitas a museos e sitios arqueolóxicos.

11.05 VENRES
Obradoiro de percusión con Paulo Silva
Visita guiada ao núcleo histórico de Ribadavia
e ao Castelo dos Sarmiento
Visita ao Bosque Ridimoas
Actividades para os centros:
CEIP Tomás de Lemos (Ribadavia)
CPI O Toural (Vilaboa)

18.05 VENRES
Concerto de Cantaralai no patio do Museo | 20.30 h
Noite Branca: visita teatralizada
ao Museo Etnolóxico | 22.00 h
Todos os públicos

19.05 SÁBADO
Visita á Casa Museo do Chocolate de Teimende
Visita ao Museo Taller de Olería de Niñodaguia
Visita ao Mosteiro de San Pedro de Rocas
Todos os públicos. Bus saída de Ribadavia ás 14.00h. do Castelo dos Sarmiento, Ourense ás 14.30h. do Parque de San Lázaro

09.06 SÁBADO
Chegada a Chantada 11:30 h
Visita á igrexa de Santa María de Pesqueiras
Visita á igrexa de Santa María de Nogueira de Miño
Xantar en Chantada* 15:00 h
Visita ao Ecomuseo de Arxeriz
Visita Centro do Viño da Ribeira Sacra
Todos os públicos.  

Bus saída de Ribadavia ás 10.00h. do Castelo dos Sarmiento, Ourense ás 10.30h. do Parque de San Lázaro. Regreso a Ourense sobre ás 20.30, a Ribadavia sobre ás 21.00 h.
*Temos a posibilidade dun menú [entrante, carne ou pescado, sobremesa, pan, auga ou viño] por 15,00 € por persoa, ou cada persoa pola súa conta.
Todas as visitas son guiadas.

23.06 SÁBADO
Visita ao Museo da Limia
Visita ao Museo Galego do Entroido
Visita ao Castro de Armeá e
Santa Mariña de Augas Santas
Todos os públicos

Condicións das visitas:
a viaxe en autobús con saída e chegada a Ribadavia e cunha parada en Ourense é de balde.
Non se inclúen os gastos persoais e, de ser o caso, as entradas aos centros que se van visitar.
Os amigos do Museo Etnolóxico teñen entrada gratuíta en todos os centros que se van visitar.

As prazas das visitas son limitadas.
Para máis información e para inscribirse: 988 788 720, mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal


FOLLETO:



martes, 24 de abril de 2018

Conversa no Museo con Luis Congil: «O viño galego e a literatura universal»

CONVERSA NO MUSEO
xoves, 26 de abril de 2018 

20:00 h Museo Etnolóxico. Rúa de Santiago, nº 10. Ribadavia

Conversa no Museo Etnolóxico «O viño galego e a literatura universal» con Luis Congil, xornalista e historiador.  

Luis Congil repasará a presenza dos caldos ourensáns, concretamente do Ribeiro, nas páxinas de Cervantes, Lope de Vega, Góngora ou mesmo Graham Greene. Así mesmo, analizará a inclusión dos nosos caldos nas obras máis representativas das novelas e do teatro do chamado Século de Ouro español.
O repaso deterase no denominado «Testimonio ou Pesquisición de Salaya», no que se descubre que o primeiro viño cuxo consumo está documentado no novo continente procedía do Ribeiro.


Igualmente, o conferenciante abordará a especial relevancia dun documento eclesiástico para o análise do consumo de viño en Galicia: «De correctione rusticorum», de San Martín de Dumio, que demostra xa a presenza de viño no reino suevo de Galicia, no século VI.

jueves, 12 de abril de 2018

presentación e mesa redonda arredor do libro: Museo aberto: saltando valados


Venres día 20 de abril ás 20.30 h no salón de actos do Museo Etnolóxico en Ribadavia adiantamos a celebración do Día Internacional do Libro coa presentación do libro: Museo aberto: saltando valados, nunha edición trilingüe galego, castelán e inglés recóllese a análise do programa Museo aberto.


O acto de presentación consistirá nunha mesa redonda de profesionais que analizarán a experiencia do Museo cos tres colectivos: Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), Cárcere de Pereiro de Aguiar (Ourense) e Cruz Vermella O Ribeiro (Ribadavia), cos que se desenvolveron os tres proxectos do programa: Lembrar no museo, Museo no cárcere e Vémonos no espello.



Formarán parte desta mesa:

Xosé Carlos Sierra Rodríguez coautor do libro, especialista en museoloxía, director do Museo Etnolóxico durante parte do período que se desenvolveron no Museo Etnolóxico os distintos proxectos,

Lorena del Pozo Fuente técnica de Institucións Penitenciarias, colaborou no inicio do proxecto Museo no cárcere como subdirectora de tratamento no Cárcere de Pereiro de Aguiar,

Rosa Mª Almeida Grande psicoxerontóloga, participou no proxecto Lembrar no Museo como psicóloga de AFAOR no que se utlizaron técnicas de reminiscencia,

Lola Ferreiro Díaz Doutora en Medicina; Departamento de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela (USC),

José María Failde secretario da Sociedade galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) e profesor da Universidade de Vigo (UVigo).


En 2010 o Consello Internacional de Museos (ICOM-UNESCO) lanzou o lema: Museos para a harmonía social, con este lema pretendía este organismo internacional que os museos reflexionaran sobre a súa responsabilidade como espazos de integración social e co obxectivo de que exploren as posibilidades do patrimonio cultural como ferramenta para a promoción da igualdade e para a eliminación gradual de barreiras entre os integrados, os excluídos e os precarios.

Estas e outras reflexións arredor do papel actual que teñen os museos na sociedade, a necesidade de chegar a “outros” públicos e a súa propia función social levan a que os museos saian fóra dos seus muros e se acheguen a colectivos sociais con dificultades de acceso ao patrimonio cultural destes centros. Neste caso esta reflexión feita no Museo Etnolóxico leva de forma gradual primeiro a través de proxectos individuais e despois dun programa global acercar o patrimonio etnográfico a esoutros públicos non habituais nos museos, en moitas ocasións saíndo da propia instituición museal.


Tres proxectos diferentes do departamento de educación e acción cultural do Museo Etnolóxico, que naceron en momentos distintos: Lembrar no museo, Museo no cárcere e Vémonos no espello, en cada un deles se traballou con colectivos diferentes: Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), Cárcere de Pereiro de Aguiar (Ourense) e Cruz Vermella O Ribeiro (Ribadavia), converxeron nun mesmo programa denominado Museo Aberto.

Estes proxectos naceron de forma embrionaria en 2005, foron medrando e consolidándose ao longo dos anos, converxendo en 2009 no programa Museo Aberto activo cos tres proxectos até 2012. A Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia (AMECHIR) estivo presente no apoio loxístico e xestor para o desenvolvemento das actividades de todo o programa.



                        


O programa Museo Aberto implicou un traballo transversal de profesionais especialistas de ámbitos diferentes: unha antropóloga da Universidade de Vigo, persoal técnico do Museo Etnolóxico, psicólogas, traballadoras/es sociais, persoal técnico de prisións, e a colaboración nos distintos obradoiros de xentes de oficios e da cultura.


Este programa Museo Aberto obtivo en 2012 o recoñecemento cunha Menciónde Honra no III Prêmio Ibero-Americano de Educação e Museus do ProgramaIbermuseos e xa forma partedo Banco Iberoamericano de Buenas Prácticas en Acción Educativa que se pode consultar na páxina da internet de Ibermuseos. A difusión deste programa conleva a participación en distintas xornadas e congresos: nas xornadas de formación museolóxica: Abiertos a todos: museos socialmente comprometidos. Reflexiones y experiencias, I Encontro Iberoamericano de Museos Pedagógicos e Museólogos de Educación, VI Xornadas Internacionais de Educación Social e Xerontoloxía. Boas prácticas profesionalización e experienciasxeragóxicas, I International Conference on Ecomuseums, Community Museums and Living Communitie, I Congreso Internacional Repensando los límites del Patrimonio Cultu-Natural, artigos en varias publicacións: Boletín del Instituto Andaluz del Patrimonio HistóricoPH, Arte, Cultura y Cárcel. Prácticas artísticas y culturales encontextos penitenciarios, en traballos fin de máster, etc.







Era necesario que o traballo, realizado ao longo de anos desta experiencia pioneira nos museos de Galicia, e de España, fose sistematizado e analizado por aquelas profesionais que desenvolveron este programa, nunha publicación que permitise o fácil acceso de toda esta documentación xerada tanto ao persoal técnico dos museos e centros patrimoniais, como a aqueles colectivos sociais que teñen interese nestes proxectos, presentando o libro en edición trilingüe: galego Museo aberto: saltando valados , castelán Museo abierto: saltando muros e inglés  Open museum: jumping hurdles.

A edición dixital do libro pódese consultar e descargar AQUÍ