Domingo 2 de decembro ás 13.00 h no Museo Etnolóxico concerto presentación do libro-cd de Luis Antonio Pedraza: "De mano en mano". a produción foi dirixida e realizada por Kepa Junquera.
Escribe Luis Antonio Pedraza sobre o seu libro-disco:
"A apaixonante viaxe
que vou compartir contigo comezou cando só tiña once anos. A soas,
na intimidade, ensaiaba cos primeiros instrumentos buscando o son da
miña vida. Entón non alcanzaba a imaxinar que ese universo de notas
sería o agasallo de personaxes como Isaías Fadón, o tío París,
os irmáns Guillermo ou Amador García, entre outros moitos. Frautas,
tamborís e outros instrumentos —regalo da natureza que os rodeaba—
foron pasando de man en man por lendarios intérpretes que mantiveron
viva a savia de nosas máis profundas raíces. Para algúns dos
poboadores de Sayago, Aliste ou A Raia, aquela sería a única música
en directo que escoitarían nos seus días. Hoxe, esa marabillosa
melodía colectiva pasa polas miñas mans, antes de chegar ás
seguintes".
Nace en Blanes, Girona (España) en 1983, pero reside en Zamora desde moi novo onde
comeza os seus estudos musicais con 7 anos no Conservatorio de Música
de Zamora. Aos 12 anos comeza a estudar frauta pastoril de tres
buracos e tamboril e percusión tradicional nas escolas de folclore
de Zamora e Salamanca. Compaxina as súas actuacións musicais como
multi- instrumentista (instrumentos de vento, corda e percusión
tradicional) co labor de director musical da Asociación de
Tamborileros Zamoranos (A. T. Z.). Actualmente, pertence ao afamado
grupo de folk "A Musgaña" e colabora desde o 2003 con
numerosos grupos e formacións.
Grazas á colaboración da Asociación de Amigos do Museo e do Conxunto Histórico de Ribadavia (AMECHIR)
Buen plan para un domingo. Gran músico el que os lleváis!!! Disfrutadlo!!!
ResponderEliminarMuchas gracias, esperamos con ansias la actuación!!!
Eliminar