A principios do 2011 o Ministerio de Cultura puxo en funcionamento a Red Digital de Colecciones de Museos de España, da que forman parte museos de distintas especialidades, de diversos ámbitos temáticos, xeográficos e de diferentes titularidades. O obxectivo desta rede é facer accesibles na web os contidos dixitais das coleccións dos museos e converterse así nun amplo espazo de difusión e coñecemento destas.
CER.ES (Colecciones en Red) é un catálogo colectivo en liña, que reúne información e imaxes de bens culturais da maior parte dos museos que actualmente forman esta rede e que permite realizar múltiples buscas segundo diferentes criterios.
En CER.ES están publicados máis de 133.000 bens culturais e máis de 183.000 imaxes co obxectivo posto na progresiva incorporación de novos contidos e novos museos.
O Museo Etnolóxico-Ribadavia participa neste amplo catálogo con 594 fichas documentais e imaxes dos seus fondos tentando facer accesible e visible boa parte do patrimonio cultural que custodiamos.
Para ver os fondos do museo na web:
1. vaia ao enlace de CER.ES
2. no recadro Búsqueda general escriba: etnológico ribadavia
3. faga click no recadro Buscar
Enlace CER.ES
Para ver os fondos do museo na web:
1. vaia ao enlace de CER.ES
2. no recadro Búsqueda general escriba: etnológico ribadavia
3. faga click no recadro Buscar
Enlace CER.ES