Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

miércoles, 13 de abril de 2011

ESPAÑA SÉCULO XX: ESCENAS DO TRABALLO. Exposición temporal do Museo Etnolóxico. Ribadavia



Pastores. Galicia, ca. 1900
Colección Julio Reboredo
Fundación 10 de Marzo

Desde o 14 de abril ao 23 de xuño de 2011.

Organizada polo Museo Etnolóxico con fondos da Fundación 10 de Marzo.

         A exposición España Século XX: Escenas do traballo é un pequeno percorrido fotográfico pola historia do traballo entre 1900 e 1997. O home e a muller como protagonistas do traballo no campo, na industria ou nos servizos, e a máquina como ferramenta básica, vertebran estas imaxes.
A colección de fotografías da Fundación 10 de Marzo constitúese a partir das cesións de arquivos de revistas e publicacións sindicais, de empresas e particulares, e do ingreso de fondos procedentes de concursos de fotografía. As 62 imaxes en branco e negro que conforman esta mostra organízanse en tres partes:
Un primeiro grupo está constituido polos traballos tradicionais como a agricultura, a minaría, a pesca e as actividades domésticas; un conxunto de tarefas nas que a forza humana resulta primordial e a mecanización é mínima.
Un segundo grupo son as fotos de actividades industriais, nas que a relación home-máquina no taller ou na factoría resulta determinante. Os cambios tecnolóxicos son reflectidos como un factor de progreso e de transformacións socio laborais.
O derradeiro grupo de fotos pretende homenaxear ao home como suxeito, individual ou colectivo, da cultura do traballo en escenas como asambleas, manifestacións ou folgas.

Enlace co folleto da exposición CLICK AQUÍ
Enlace co vídeo de presentación á prensa   CLICK AQUÍ