deseño de Iñaki Nóvoa |
Este 2018 teremos a sétima edición do ciclo de cinema: Marxes Fílmicas, que cada ano polo verán organizamos, no patio do Museo Etnolóxico coa xestión e a colaboración loxística do Cineclube Padre Feijoo de Ourense.
Esta edición, que se desenvolverá no patio do Museo Etnolóxico ás 21.30 h. os días 3, 5, 10 e 12 de xullo, terá como fío condutor: "Unha ollada ao redor (de nós mesmos)".
Rompendo a tradición dos últimos anos, as noites de cinema do Museo Etnolóxico, propoñen a introspectiva como método de análise: que di dunha sociedade o cine que ve? Diriximos a ollada cara espectadoras e espectadores dos festivais de cine. Consumidores dunha cultura audiovisual que, segundo as directivas da Unión Europea, promoven a formación dun espírito crítico e a difusión dos valores de integración de todas as razas e culturas da nosa contorna.
A través do palmarés do último Festival Internacional de Curtas de Bueu (Ficbueu) e doutros filmes com amplo percorrido en certames internacionais, abrimos unha xanela aos nosos gustors como público, o que nos permite unha ollada ao que vai sementando en nós o cine que consumimos.
Un cine, por outra banda, que adoita chegar en pequenas doses e sempre grazas ás pantallas dos festivais, ou coma esta do Museo Etnolóxico.
Martes 3 de xullo, 21.30 h.
Palmarés Internacional Ficbueu 2017, sesión de curtametraxes (104')
FOX. Dir. Jaqueline Lentzou (Grecia, 2016) 28'.
Sección oficial nos festivais de Locarno, Saraxevo e Atenas. Primer premio FICBUEU 2017.
Sección oficial nos festivais de Locarno, Saraxevo e Atenas. Primer premio FICBUEU 2017.
RUAH. Dir. Flurin Giger (Suíza, 2016) 18'.
Nominada á mellor curta na Biennale de Venecia e Festival de Sitges 2016. Segundo premio no FICBUEU 2017.
WALD DER ECHOS. Dir. Luz Olivares Capelle (Austria, 2016) 30'.
Mellor película nos Austrian Film Awards e premio a Mellor Dirección FICBUEU 2017.
BIER & CALIPPO. Dir. Paul Ploberger (Austria, 2017) 28'.
Presente nos festivais de Max Ophüls, Münster e Salzburgo. Mellor Música FICBUEU 2017.
Xoves 5 de xullo, 21.30 h.
Palmarés Nacional Ficbueu 2017 (91')
LENI K. Dir. Alberto Taibo (España, 2016) 19'.
Mellor Curta e Mellor Director en CyLnema en corto. Mellor Guión FICBUEU 2017.
TIMECODE. Dir. Juanjo Giménez Peña (España, 2016) 15'.
Nominada á Mellor curta de ficción nos Oscar, Palma de Ouro á Mellor curta Festival de Cannes e Mellor curta de ficción nos Goya. Premio do Público FICBUEU 2017.
LA DISCO RESPLANDECE. Dir. Chema García Ibarra (España, 2016) 12'.
Mención Especial no Festival de San Sebastián. Gran Premio do Xurado Semana de Cine de Medina del Campo. Mellor Curta Española FICBUEU 2017.
NÉBOA. Dir. Claudia Costafreda (España, 2017) 18'. Mellor Curta iberoamericana no Festival de Huesca. Mellor Curta Galega FICBUEU 2017.
DECORADO. Dir. Alberto Vázquez Rico (España, 2016) 11'.
Goya Mellor Curta Animada e Mellor Curta Internacional de Animación no Festival Internacional de Vila do Conde. Participación na Quincena de realizadores de Cannes 2016.
23 DE MAYO. Dir. David Martín de los Santos (España, 2016) 16'.
Mención Especial do Xurado no Festival de Cine Español de Málaga. Mellor Película Documental no Festival de Medina del Campo.
Martes 10 de xullo, 21.30 h.
Santoalla. Dirs. Andrew Becker e Daniel Mehrer (EUA, 2016) 83'.
Filme inaugural do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) en 2016.
Este filme documental xira arredor de Martin Verfondern e Margo
Pool, unha parella de holandeses progresistas, que só tiñan un soño:
vivir no campo, lonxe das limitacións e complicacións da cidade. Con
todo, ao chegar á aldea galega de Santoalla (lugar no que se rodou ‘Sempre Xonxa’, de
Chano Piñeiro), estes estranxeiros desafiaron as tradicións da única
familia residente na localidade, iniciando un conflito de máis dunha
década que culminou coa misteriosa desaparición de Martin e que nestes días estivo de actualidade ao celebrarse en Ourense o xuizo pola morte de Martin.
Xoves 12 de xullo, 21.30 h.
Destinos = Posoki (Directions). Dir. Stephan Komandarev (Bulgaria, 2017) 103'. #VSOE.
Festival de Cannes (Un Certain Regard) e de Xixón. Mellor filme no Festival de Cleveland 2017. Un taxist extorsionado debe pagar un préstamo. Desesperado, dispáralle ao banqueiro, un incidente que causa revolvemento nacional. Mentres, seis taxistas cos seus pasaxeiros pasan a noite, cada un esperenado por un futuro mellor.
Folleto cos títulos das curtametraxes e a sinopse dos filmes:
Folleto cos títulos das curtametraxes e a sinopse dos filmes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario