O xoves 23 de agosto ás 20.30 inaugúrase no Museo Etnolóxico a exposición de fotografías de José M. Salgado: A Idade de Ferro. Unha tradición entre Lugo e Asturias, será presentada por Clodio González Pérez,
membro correspondente da Real Academia Galega e do padroado do Museo
do Pobo Galego.
foto José M. Salgado |
A cabalo entre dúas provincias, Lugo e
Asturias, nas concas dos ríos Eo e Navia, (re)existe unha comunidade
vinculada desde tempos remotos á labranza do ferro. Nos concellos
galegos de Riotorto, A Pontenova e A Fonsagrada, e nos asturianos dos
Oscos, Grandas de Salime e Taramundi, habitan aínda decenas de
artesáns do ferro, ferreiros, herdeiros dunha tradición
ininterrompida e que segue aínda hoxe viva.
Este fotoensaio de José M. Salgado, realizado entre o 2014 e o 2017, propón unha viaxe simbólica a esas terras e trata de ser un retrato fiel do momento actual dunha comunidade cuxos intereses compartidos lle dan a categoría de homoxénea e coherente, e que permaneceu para moitas persoas galegas e asturianas ignorada.
Foto José M. Salgado |
Folleto da exposición
No hay comentarios:
Publicar un comentario