Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo
Mostrando entradas con la etiqueta RESTAURACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RESTAURACIÓN. Mostrar todas las entradas

lunes, 29 de junio de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. RESUMO

Este é un resumo das dezaoito preguntas e respostas en relación ao coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 que viñemos achegando nestes meses, encontraredelas todas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.

Estas preguntas e respostas foron traducidas pola área de restauración do Museo Etnolóxico da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association e aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico, e a súa casuística.
 
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.



Os puntos chave que temos que recordar namentres nos enfrontamos coa Covid-19 son:

1. Protexer á persoa.
Seguir o consello das autoridades de saúde pública, incluíndo a práctica do distanciamento físico. Se non se está preparado, considerar seriamente pechar a institución, aínda que non sexa requirido. Cando se reabra, seguir o consello das autoridades sanitarias para establecer que actividades son apropiadas e cómo protexer ao cadro de persoal e visitantes, particularmente cando o rebrote sexa unha posibilidade.


Zona de recepción de visitantes



2. Usar o illamento para previr ou facerlle fronte á contaminación dos espazos da colección e os obxectos sempre que sexa posible. O virus desactivarase de forma natural entre seis e nove días. Debemos ter en conta, as solucións desinfectantes danarán moitos materiais patrimoniais.

 
Exposición temporal preparada para illamento


3. Usar métodos que permitan as aplicacións controladas de solucións de limpeza e desinfección para superficies non patrimoniais, se isto fose requirido. Non esquecer que os desinfectantes escollidos deben estar aprobados polas autoridades sanitarias públicas.


Limpeza na área de reserva



4. Se a institución necesita pechar indefinidamente, debe facelo de maneira que proporcione unha adecuada seguridade, protección contra o lume, xestión de pragas e control ambiental, implementando as inspeccións regulares do exterior e do interior se é posible, incluíndo os espazos da colección e considerando por adiantado a resposta se se produciran outros tipos de emerxencias como lume ou filtracións de auga.


O cadro de persoal de seguridade fai percorridos de control polas instalacións do Museo.

lunes, 22 de junio de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 18ª PARTE

Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.

Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.


Décimo oitava pregunta:


Cando teña lugar a apertura, deberiamos cambiar a forma en cómo tratamos os obxectos e documentos da colección que son manexados a miúdo por investigadores/as e polo persoal?

Durante unha pandemia, a transmisión da infección dentro dunha institución patrimonial podería estar relacionada co uso da biblioteca, dos arquivos e dos estudos das coleccións didácticas. Moitos deses usos foron probablemente suspendidos, pero o risco de rebrote pode aparecer cuando as institucións reabran para un normal funcionamento. Pode ser prudente modificar os protocolos para incorporar un período de illamento entre cada uso dun ítem da colección como unha medida temporal. Como fun-cionaría isto? 

-Despois de cada uso, illar cada ítem por un período de tempo apropiado nunha zona designada e cunha notificación de corentena. 

                                        Museo Etnolóxico: espazo para a corentena. 

No exterior do armario compacto, o persoal anota o obxecto, a localización e o período de corentena.


-Cando o espazo para a corentena non esté dispoñible poderíanse retornar os obxectos á súa localización no depósito permanente, pero hai que considerar embolsalos se o material vai estar en contacto directo con outros obxectos, como nunha biblioteca ou nun arquivo. 



Dentro da sala de reserva da Biblioteca do Museo Etnolóxico, os libros de uso frecuente por unha mesma persoa son gardados en bolsas ata que a consulta remata. 

-Cando sexa posible, identificar os obxectos illados nas bases de datos e indicar o período de illamento.

-Crear andeis no depósito para os bens illados que incluirán como mínimo, o identificador único de cada obxecto (nº de inventario), a declaración de cuarentena, asi como o inicio e o final das datas de illamento; os andeis deberían estar destaca-dos e visibles para todo o persoal. 

-Limpar e desinfectar os carriños cada vez que se usan para transportar material potencialmente contaminado. 

-Seguir concienciados protocolos de hixiene de mans. 

-Usar gráficos de limpeza e desinfectar o espazo da corentena antes de usalo para outros propósitos.

-Incorporar novos ou actualizados procedimentos no manexo das coleccións e plans de emerxencia. 

-A dixitalización pode conseguir un acceso seguro a certos tipos de obxectos e información durante a pandemia. A experiencia da Covid-19 podería documentar estratexias de dixitalización para ter máis materiais accesibles namentres se minimizan os riscos da saúde do persoal e das visitas. 

Aplicación informática Domus, onde están exportados o 80% dos fondos museográficos da institución. 


Páxina web do Ministerio de Cultura do goberno de España, onde se poden consultar algúns fondos do Museo Etnolóxico: Red Digital de Colecciones de Museos.

miércoles, 17 de junio de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 17ª PARTE

Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.

Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.


Décimo sétima pregunta:


Cal é o protocolo apropiado para recibir os fondos que entran cando se reabre?

Durante o peche institucional, o retraso na volta de fondos e a extensión nos préstamos minimizará o risco nos artefactos e nas persoas por igual.

Incluso despois da reapertura, o illamento dos materiais que entran, como libros da biblioteca, obxectos prestados, especímenes de historia natural ou novas adquisicións, é unha medida de protección prudente para darlle tempo a que calquera posible contaminación viral se degrade de forma natural. A aplicación de calquera químico desinfectante nos obxectos da colección NON é recomendable porque como foi anteriormente mencionado, o illamento dunha semana a nove días nunha habitación a temperatura ambiente é a suxestión conservadora para as pezas.

Manexar os materiais que entran require unha habitación temporal de illamento ou polo menos, unha sección separada, dependendo da cantidade de espazo que se teña dispoñible.





Obxectos preparados para illamento, identificando a súa localización. Os contedores de plástico deben ser desinfectados antes da súa reutilización.

Hai que recibir os materiais entrantes levando equipos de protección persoal, polo menos luvas, e desenvolver un método de seguimento cando as pezas vaian ser illadas e cando estén listas para moverse.

Dependendo das limitacións do espazo e dos requirimentos dos materiais, as pezas poden ser desembaladas antes ou quedarse como veñen, tendo en conta que menos desembalaxe e polo tanto, menos manipulación, minimiza a exposición do persoal tanto para desfacerse de maneira segura do material indesexado como para gardar os materiais de embalaxe baixo illamento antes de reusalos.

As superficies duras dos contedores de plástico poden ser limpadas e desinfectadas.

Debe coidarse a saúde humana en cada etapa anterior.

#aculturagalegasegue  #CovidEPatrimonio  #aculturagalegasegue

lunes, 1 de junio de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 16ª PARTE

Décimo sexta pegunta:

Necesitamos limpar e desinfectar o edificio cando se produza a apertura?

Dada a preocupación pública e a posible reaparición do virus, establecer un bo protocolo de limpeza e desinfección é prudente na reapertura, aínda que a persistencia do virus no edificio é improbable debido ao peche.

Débense seguir as guías de saúde pública para limpar espazos comúns; os procedementos de limpezas normais combinadas con desinfeccións de superficies frecuentemente tocadas [NON superficies con bens patrimoniais] deberían ser suficientes debido ao baixo tráfico nos espazos expositivos.

Se o edificio estivo pechado durante algún tempo sen inspeccións internas hai que contar cun tempo extra antes de abrir ao público para facer as inspeccións e a limpeza ademais dalgunha reparación necesaria e tratar pragas e fungos se as infestacións están presentes.





Espazo expositivo no Museo Etnolóxico, non precisa de desinfección, pero sí de limpeza diaria.




Acceso ao espazo de uso común e de investigación da Biblioteca do Museo. A baranda é unha superficie moi tocada, polo que cómpre ser desinfectada con regularidade.


Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.

Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.



sábado, 30 de mayo de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 15ª PARTE

Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.

Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.


Décima quinta pregunta:


Que fariamos se a nosa institución sofre outro tipo de emerxencia, como lume ou inundación, que poida danar a colección namentres estamos pechados?

Como en calquera outra ocasión, unha rápida resposta pode limitar o dano das coleccións e mellorar a recuperación. Pero o desafío será maior durante a pandemia da Covid-19: a regulación local pode impedir ás reunións de grupos de xente que neste caso serían necesarias para responder rápida e efetivamente; o cadro de persoal pode estar enfermo, illado ou despedido e os equipos de protección temporal requiridos polas persoas socorristas poden que fosen doados a hospitais do entorno. 

Algunhas medidas para reducir a probabilidade ou as consecuencias negativas da emerxencia poderían ser:

-inspeccionar regularmente para detectar de maneira precoz posibles emerxencias.

-Apagar e desenchufar o equipamento eléctrico non esencial.

-Cubrir as coleccións con láminas de plástico en áreas propensas ás filtracións.

-Valeirar tuberías se hai risco de conxelamento.

-Para institucións en zonas predispostas a inundacións primaverais suxírese mover as coleccións a unha planta máis alta o tempo que dure o risco.



Localización da sala de reserva do Museo Etnolóxico cerca do río Avia. 




Interior do depósito. Ás pezas están paletizadas para facilitar o seu desprazamento e tamén é unha medida de seguridade telas elevadas do chan para casos de emerxencia por inundación.


-Anímase ás institucións a revisar e actualizar os plans de emerxencia e discutir as opcións para a resposta a través de conferencias en liña, correo electrónico ou chat usando sinxelos exercicios de simulación.

-O entrenamento básico pode ser esencial se hai que incorporar novas persoas ao equipo de emerxencia.

-se o plan depende de materiais e equipos de seguridade ou de servizos externos comprobar que continúan dispoñibles.

-Contactar coa compañía de seguros para saber cómo o peche pode afectar á cobertura.

-Documentar a resposta á pandemia porque isto podería ser útil en similares situacións futuras.


No caso de que a emerxencia ocurra, executar a resposta o mellor que se poida:

-informar ás autoridades locais da necesidade de axuda.

-Solicitar guías para traballar en condicións seguras
-Usar métodos para gañar tempo, como facerse con materiais absorbentes de auga sempre que sexa posible.

-Ter un coidado especial coas persoas socorristas dado que o seu alto nivel de estrés e a súa fatiga pode aumentar a posibilidade de infección.

viernes, 29 de mayo de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 14ª PARTE

Décima cuarta pregunta:

Como podemos asegurar que as coleccións permanecen seguras cando a institución está pechada indefinidamente con pouco ou ningún persoal técnico no seu posto?.
[Pragas e vixilancia]

Reducindo os riscos de pragas.
A presenza de pragas pode ser especialmente preocupante cando os problemas crónicos non foron monitorizados rigurosamente. 

Normas a seguir:

-Retirar a comida que poida haber nas oficinas, máquinas de café ou de petiscos, a non ser que estean gardadas en lugares seguros, refrixerados ou conxelados, para frear aos roedores.


-Remover os residuos orgánicos e o lixo a contedores no exterior do edificio. 


-Repoñer trampas adhesivas antes do peche e a partir de aí, mensualmente. Se as inspeccións in situ son posibles permitirán monitorizar a actividade dos insectos durante o peche pero tamén se retirarán insectos mortos que poidan atraer certas pragas. Dado que algunhas infestacións son comúns en primavera, planear a resposta por adiantado.

Inspeccionar e manter o eficicio.

-Revisar as tarefas de mantemento ademais de chequear o lugar e o perímetro. 

-Xestionar inspeccións regulares dentro do edificio e prestar atención especial ás áreas preocupantes como as propensas a filtracións, particularmente despois dunha forte treboada. É recomendable unha lista de verificación se o persoal non técnico é o responsable das inspeccións.

-Proporcionar entrenamento virtual sobre o coidado de coleccións, remarcando cuestións chave que deberían buscar ou establecer un sistema para consulta e información en remoto.



                    Trampas adhesivas que  recollen moitas clases de seres vivos






Unha empresa externa de seguridade completa o escaso cadro de persoal de vixilancia na institución.



Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.

Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.



miércoles, 27 de mayo de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 13ª PARTE

Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.

Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.


Décima terceira pregunta:


Como podemos asegurar que as coleccións permanecen seguras cando a institución está pechada indefinidamente con pouco ou ningún persoal técnico no seu posto? Parte II. [Iluminación e condicións medioambientais]. 
Seguimos coas pautas de mantemento do edificio e as coleccións.


Apagar ou bloquear as luces nas salas de exposicións é o que facemos cada día cando pechamos o Museo, polo tanto, podemos revisar se os procedementos normais son suficientes neste contexto. Entón, podemos proceder a bloquear todas as luces nas salas de exposición agás as que sexan necesarias por cuestións de seguridade.



Exposición Seguindo o fío. As luces das salas permanecen apagadas se non hai persoal. 




“Arquivo sucio” de material fotográfico. Esta sala de reserva está aclimatada coa axuda dun deshumidificador que se enche cada dous días en temporada de inverno. O persoal de vixilancia encárgase do valeirado.


Xestionar as condicións medioambientais.
Diminuír a tasa de intercambio de ar cando sabemos que hai menos xente podería achegarnos un ambiente mais estable e menos pulverulento nos espazos con co- leccións, non obstante, profesionais en sistemas de climatización suxiren para os espazos de traballo cando o persoal está presente de maneira regular, incrementar a ventilación do ar exterior e un uso menor do ar que circula dentro. En edificios novos, estos sistemas poderían ser monitorizados e axustados en remoto.



Se se usa equipamento portátil, como deshumidificadores, para manter as condi- cións ambientais, hai que dotalos de mantemento continuo ou considerar apagalos, en particular, se son propensos a funcionar mal ou a producir goteos. Consideraremos diminuír o punto de axuste da temperatura uns poucos graos se se pode facer sen incrementar o risco de formación de fungos. Unha temperatura máis baixa ralentiza as tasas de degradación, reduce a actividade de pragas e aforra o custo de calefacción, pero se existe preocupación polos mofos hai que asegurar unha adecuada ventilación.

#aculturasegue  #CovidEPatrimonio #aculturagalegasegue

viernes, 22 de mayo de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 12ª PARTE

FACÉNDOLLE FRONTE AO PECHE E Á reAPERTURA (capítulo 3)

Duodécima pregunta:


Como podemos asegurar que as coleccións permanecen seguras cando a institución está pechada indefinidamente con pouco ou ningún persoal técnico no seu posto? Parte I. [Seguridade]

Moitos coidados de conservación preventiva das coleccións dependen da presenza regular de personal técnico e de seguridade. Cando esta presenza é interrompida, poden incrementarse algúns riscos sobre as coleccións e outros poden ser máis intensos. Que podemos facer?

En primeiro lugar, manter a seguridade. 
Unha boa seguridade é vital durante un período de tempo longo do peche. A delincuencia pode aproveitar a redución da presenza do cadro de persoal e as situacións de incertidume económica. 

Deben seguirse as seguintes pautas:

*verificar que os protocolos de seguridade e os sistemas de monitorización se manteñen.

*Confirmar que as portas e as ventás do edificio están pechadas con chave e que os sistemas de detección de intrusimo e de lume funcionan adecuadamente.

*Asegurar non só os obxectos da colección senón tamén obxectos valiosos, como a caixa dos cartos, ordenadores, portátiles e outros equipos electrónicos que poden ser atractivos.

*Protexer documentos importantes, asegurando que oficinas e despachos permanecen ordenados e que a información sensible está fóra.

*…e por suposto, asegurar a colección: identificar os artefactos que poidan ser vulnerables ao roobo nas salas de exposición e nos espazos de traballo e considerar devolvelos á sala de reserva se isto é mais seguro.

*Manter unha presenza regular no lugar e no perímetro exterior, chequeándoo diariamente, se é posible, para identificar problemas e iniciar accións correctivas rapidamente.

*Mostrar que o edificio está sendo monitorizado.

*Documentar todas as entradas ás instalacións.




Zona de monitorización das salas, tanto de exposicións como de traballo e de investigación. As cámaras permanecen acesas todo o día, tamén durante o confinamento pola Covid-19.



Aplicación para móbiles desde onde se controla a sala de reserva do Museo Etnolóxico. 


Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.

Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.


COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 11ª PARTE

Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.

Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.

Undécima pregunta:


Deberían retirarse os obxectos patrimoniais, como obras de arte, bens arqueolóxicos, etnográficos ou documentos, das salas que necesitan ser desinfectadas?

Retirar os obxectos culturais da súa localización debido á preocupación pola Covid-19 non é recomendable na maior parte dos casos. Manipular e transportar obxectos das coleccións implica os seus propios riscos e os mesmos obxectos poderían potencialmente ser contaminados; as persoas que se ocupan da colección tamén poderían expoñerse á infección e ademais, algunhas estruturas do interior das institucións non poderían moverse de ningún modo.

O illamento dos espazos con obxectos da colección ou mobiliario durante unha semana a nove días seguido dunha limpeza regular é o método preferido para controlar a expansión viral. Se se necesitara o acceso a algún espazo mais rápido, requeriríase illalo 24 horas para permitir que os aerosois desinfectantes se depositaran e logo, limpar e desinfectar as superficies tocadas frecuentemente pero NON as patrimoniais, usando métodos de aplicación que se poidan controlar ben. 

Suxírese tamén a limpeza diaria do mobiliario da institución que é probable que sexa moi tocado, como os pasamáns e os pomos, instruíndo ao persoal de limpeza que teña coidado ao traballar ao redor do material patrimonial e que consulte con un conservador antes de desinfectar.





Nunha institución que custodia patrimonio é significativo que unha inadecuada manipulación dos obxectos sexa a principal causa de danos e alteración dos mesmos, principalmente durante un traslado. 

Mobilizar a colección do Museo Etnolóxico require normalmente de accións programadas adaptadas a problemas específicos como son a determinación de dimensións, peso e forma das pezas, o deseño de rutas para os accesos, o persoal, e establecer os protocolos de movemento (mover os obxectos de un en un, o uso de luvas de protección, empregar as dúas mans ou contar con medios auxiliares). Estes procedementos son moi complicados cando o efecto da ameaza de contaminación das coleccións pola Covid_19 pode invalidarse cun adecuado illamento.



Na colección de tecidos do Museo, o risco de contaminación por coronavirus sería menor que o que debería soportar a indumentaria se tivera que someterse aos procesos de embalaxe individual que serían exixidos para o movemento deste tipo de fondos.

#aculturasegue  #CovidEPatrimonio #aculturagalegasegue