Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo
Mostrando entradas con la etiqueta BIBLIOTECA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BIBLIOTECA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de octubre de 2021

Días das Bibliotecas 2021. Ano Iberoamericano das Bibliotecas






Ás conferencias dos días 22 e 23 de outubro pódese asistir de forma presencial ou pola internet a través da plataforma Falemos da Xunta de Galicia copiando no navegador a seguinte dirección:


https://falemos.xunta.gal/CCEU_MuseoEtnoloxico_Conferencia_18102021 

e o contrasinal: BibliotecaMER


O acceso a Falemos recomenda realizarse a través dos navegadores Google Chrome e Chromium tanto para equipos con Windows, Linux ou MacOs.

Se a conexión é desde un smartphone ou tablet hai que descargar a aplicación Jitsi Meet.

Máis información:

http://bibliotecamuseoetnoloxico.blogspot.com/2021/10/dia-das-bibliotecas-2021-ano.html

 



miércoles, 5 de mayo de 2021

Homenaxe a Fr. Samuel Eiján O.F.M. no 100 [+1] anos da publicación de "Historia de Ribadavia y sus alrededores"

 


Programa do evento:

> 12:00 h: lg rexa de San Fra ncisco (praza de Samuel Eijá n) en Ribadavia .

- Presentación  do  acto. César Lla na. Director do M useo Etnolóxico. 

- Samuel Eiján  poeta e  historiador do Ribeiro. Frutos Fernán dez Gonzá lez. Prof esor e investigad or. 

- Fr. Samuel Eiján  Ribadavia. Lolín Lira Pousa. Secretaria AM ECH I R. 

- Fr. Samuel Eiján en  Santiago de Compostela. Fr.  Juan Manuel Bujá n García. Ministro Provincial O.F.M.

- Intervención de AMECHI R. lsolina Rioneg ro. Presidenta AM ECH I R.  

> 13:00 h: Visita á Biblioteca do Convento de San Fra ncisco (Praza de Samuel Eijá n) .

> 13:30 h: Ofren da flora l na Praza de Samuel Eijá n.

> 14:00 h: I na ug u ración da mostra bi bliográfica: "Fr.SamueL Eiján Lorenzo ''Fraysel: literato, historiador, ensaista, divulgador do seu tempo" no Museo Etnolóxico.

 

Fr. Samuel Eiján Lorenzo naceu o 10 de maio de 1876 en San Clodio (Leiro, Ourense), tomou o hábito na orde franciscana en 1890, a súa ordenación sacerdotal foi en Lugo en 1899.

Fraysel xogo de palabras “fray” e das primeiras letras do seu nome completo foi o pseudónimo co que asinou varias das súas obras. Foi un prolífico escritor de comenzos do S. XX, tempos das Irmandades da Fala e do galeguismo cristián.

Fr. Samuel Eiján cultivou a narrativa, o ensaio, o teatro e a poesía en castelán e en galego, foi un gran difusor da cultura con numerosos artigos en xornais e revistas, así como tradutor de obras italianas e francesas. Exerceu de bibliotecario provincial en Santiago. Director da revista da Provincia Seráfica de Santiago El Eco Franciscano.

 En 1915 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega e en 1941 numerario, en 1915 ingresou no Instituto Histórico do Minho en Portugal, en 1926 entrou a formar parte do Seminario de Estudos Galegos co discurso titulado “Franciscanismo literario en Galicia”.

  

Na súa estancia en Ribadavia escribiu a única obra que, a día de hoxe, sintetiza a historia do Ribeiro: Historia de Ribadavia y sus alrededores, libro impreso en 1920 en Madrid no Establecimiento Tipográfico de San Bernardo 92. En 1981 a Editorial Alvarellos realiza unha edición facsimilar, engadíndolle varias fotografías, que non aparecen na edición orixinal e en 2005 a Editorial Maxtor de Valladolid, especializada en edicións facsimilares, sacou outra edición da obra de Eiján, tendo como base a edición de Alvarellos.

 

Está concebida coma unha obra de consulta e de referencia, na que destaca a preocupación e miticulosidade na elaboración dos diferentes índices: de autores, obras, arquivos, nomes de poboacións, nomes de persoas e un índice de materias.

Unha obra documental e de investigación con continuas referencias ás fontes documentais e bibliográficas utilizadas, repartidas no texto e nas abundantes notas a pé de páxina; complementadas todas elas cun apéndice documental, no que se transcriben documentos fundamentais da historia de Ribadavia e a súa comarca.

Esforzo por documentar e por favorecer a consulta que debe ser especialmente valorado nunha época na que se carecía dos auxilios técnicos hoxe ao alcance de calquera.

 

A edición de 1920 pódese consultar a texto completo en Galiciana Biblioteca Dixital de Galicia AQUÍ


viernes, 23 de abril de 2021

Día do Libro 2021

Para celebrar o Día Internacional do Libro (23 de abril) 50 bibliotecas de museos e centros de arte e cultura de toda España únense nunha liberación virtual conxunta "bookcrossing", organizada pola Biblioteca-Centro de Documentación do ARTIUM de Vitoria.

Considerando que este ano polas condicións sanitarias da pandemia non é favorable que se liberen e intercambien libros na rúa e en diferentes espazos públicos, a proposta, como o ano pasado, é compartir en liña algunha publicación editada polas institucións participantes.

 Neste 2021 a publicación que liberará na internet a Biblioteca do Museo Etnolóxico é: A olería en Galicia. Unha mirada a patir dos fondos do Museo Etnolóxico. Ribadavia, catálogo da exposición temporal que se pode visitar nestes momentos no Museo.

 

                                                                 Libro dixital AQUÍ
 

 


A Biblioteca do Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo ARTIUM, que organiza esta actividade, preparou un vídeo con todas as lecturas recomendadas: 
 
                    

                      

 

A Biblioteca do Museo Etnolóxico participa nesta liberación de libros conxunta desde o ano 2012, ata 2020, ano da pandemia da Covid_19, era unha liberación de libros pertencentes a duplicados de temas variados: fotografía, etnografía, catálogos de exposicións, literatura infantil, novela...  e de libros publicados polo Museo Etnolóxico. A liberación facíase en distintos espazos públicos de Ribadavia, O Ribeiro, Ourense provincia, puntos do resto de Galicia e Portugal. Os libros liberados eran rexistrados na páxina oficial de bookcrossing e levaban autocolantes identificativos co símbolo internacional do bookcrossing.

No 2020 debido ao confinamento pola pandemia da Covid-19 a Biblioteca do ARTIUM propuxo que cada centro participante nesta liberación conxunta compartira en liña un libro da súa colección ou do seu catálogo de publicacións, para consultar ou descargar. Desde a Biblioteca do Museo Etnolóxico liberamos o libro: Museo aberto = museo abierto = open museum: saltando valados = saltando muros = jumping hurdle. Edición trilingüe galego, castelán e inglés do proxecto do mesmo nome.

#DíadoLibro2021

#DíadelLibro2021

#Bookcrossing2021

#BibliotecasdeMuseos

miércoles, 21 de octubre de 2020

Día das Bibliotecas 2020: sempre ao teu carón

 


O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, neste ano de pandemia e de restricións ´e moi acaído o lema proposto polo Ministerio de Cultura "Bibliotecas sempre ao teu carón". Tamén as bibliotecas de museos, as veces menos visibles, están sempre aí.

Na Biblioteca do Museo Etnolóxico pensamos en actividades para momentos de restricións e para lembrar que conservamos e difundimos patrimonio cultural:

Do dixital ao analóxico do confinamento á nova normalidade: publicación en papel do libro dixital O mes de abril na tradición

O Día do Libro deste 2020 colleunos en confinamento, polo que elaboramos de maneira comunitaria e colaborativa a través das redes sociais (dixitais e persoais), correo electrónico e teléfono coa recompilación de refráns, cancións, cantigas, ditos, historias... sobre o mes de abril un libro dixital. O libro pódese descargar desde o blog do Museo Etnolóxico ou da Biblioteca.

Xa na nova normalidade, para celebrar o Día das Bibliotecas e como agasallo agarimoso para toda a xente que colaborou quixemos editalo en papel para así poder ulir, palpar, acariñar e beixar o entusiasmo comunitario daquel escuro abril de 2020. Concordamos coa reflexión de Irene Vallejo, tirada do seu libro El infinito en un junco, de que aquilo que sobreviviu durante séculos ten máis posibilidades de resistir que aquilo que é novidade.

 

cuberta do libro en papel

Espantamos o medo . Taller en liña para clubs de lectura de bibliotecas escolares da ESO sobre contos e lendas arredor do medo: aparecidos, santa compaña, rituais fúnebres, banquetes con mortos, encontros en cemiterios, lobishomes, sacaúntos, bruxaría, meigallos... para rememorar unha das tradicións galegas de relación co máis alá.

A actividade consta de varias partes:

    • mini taller guiado coas lecturas, a disposición no blog da Biblioteca do Museo AQUÍ , estas lecturas, a escoller, realizaríanse durante o mes de novembro e decembro
    • o alumnado en grupo ou individualmente inventa, reinventa, reintrepeta un conto, unha historia, tendo como base un dos contos tradicionais propostos, gravaríase en audio (15’ como máximo) e enviaríase ao correo do Museo: mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal, que subiriamos en forma de podcast o canal de ivoox do Museo
    • ontada dixital no canal de ivoox do Museo Etnolóxico, onde se poderán escoitar todas as participacións
    • entre todo o alumnado participante, en xaneiro, faremos sorteos de libros relacionados coa temática, facilitados pola Asociación de Amig@s do Museo e do Conxunto Histórico de Ribadavia (AMECHIR)
       



    Mostra expositiva: “Tes máis conto que Calleja”

    Exporemos a colección de mini-contos da editorial Calleja, resultado dunha doazón en 2013. Destacan nestes mini-contos o seu tamaño e o preciosismo das súas ilustracións. A editorial española Saturnino Calleja fundada en 1879, en activo durante catro décadas, supuxo unha revolución dentro da edición de libros escolares e de literatura infantil en España, democratizou a lectura infantil.

    Para saber máis sobre a editorial Calleja e sobre estes mini-contos AQUÍ


     

  • martes, 21 de abril de 2020

    Día do Libro 2020 desde o confinamento

    Todos os anos o 23 de Abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro, cada ano as actividades de bibliotecas, librerías, editoriais son variadas e diversas: conferencias, sinaturas de libros, feiras de libros... este ano toca reinventarse. 

    Desde a Biblioteca do Museo Etnolóxico e en relación ao concurso organizado na internet polo Museo Etnolóxico propomos:

    Edición dun libro en liña colaborativo, participativo e comunitario coas achegas de toda a xente que participou no evento de facebook : Concurso: o mes de Abril na tradición  con refráns, cantigas, ditos, cancións, contos, regueifas, debuxos, vídeos no que o protagonista foi o mes de abril (o mes de abril e a natureza, e o tempo, e os animais, e o campo, e o mar...). 
    Para descargar AQUÍ.


    Libro dixital AQUÍ


    Liberación en liña para descargar ou consultar, na plataforma google drive e en issuu dos libros:
    * catálogo da exposición “Colección Abrente. Arte Galega no desafío cultural do 70’”. Esta é a última exposición que se inaugurou no Museo, o catálogo presentouse o 21 de febreiro e a declaración de Estado de Alarma coincidiu co inicio da distribución, por iso queremos facilitar que todo mundo poida acceder ao seu contido, e debido tamén a que non se pode visitar a exposición.
    Para descargar AQUÍ.


    Libro dixital AQUÍ


    *Museo aberto = museo abierto = open museum: saltando valados = saltando muros = jumping hurdle. Edición trilingüe galego, castelán e inglés do proxecto do mesmo nome Museo Aberto.


                                                                       Libro dixital  AQUÍ


    Organizado desde a Biblioteca-Centro de Documentación do Artium de Vitoria, as Bibliotecas de Museos de España levan varios anos, celebrando este día, coa liberación conxunta de libros, coñecido como Bookcrossing, podedes ver AQUÍ os vídeos de difusión da actividade. Este ano houbo que reinventarse a todos os niveis. Como non podemos liberar libros físicamente farémolo pois de forma virtual.

    Exposición bibliográfica en liña de revistas, recursos e libros sobre cultura popular galega.
    Recompilanse todas as revistas posibles de asociacións, museos, colectivos que estén en liña nun taboleiro do pinterest do Museo Etnolóxico onde se pode ver unha foto coa portada da revista e na descrición da foto un comentario explicativo do contido da revista e o enlace aos números dixitais da revista.
    Taboleiro de pinterest AQUÍ


    Taboleiro de pinterest 

    lunes, 6 de abril de 2020

    Mostra documental sobre o ciclo “A muller na sociedade actual” organizado pola Agrupación Cultural Abrente en 1972 en Ribadavia

    O estudo da historia da Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia (1969-1983),  é posible, nunha parte importante, porque os socios e socias da mesma durante os anos de actividade conservaron e clasificaron con minuciosidade e coidado a documentación administrativa e de función da asociación.

    Mostra da variedade documental. Fondo Abrente



    Esta variada documentación: administrativa, recortes de xornais, fotografías, folletos, follas voandeiras, manuscritos, así como libros e revistas foi depositada no Museo Etnolóxico unha vez disolvida a Agrupación. 

    No ano 1972, entre xaneiro e abril, organizaron en Ribadavia un ciclo de conferencias sobre “A muller na sociedade actual” nun momento histórico no que o tema da muller non era habitual na programación das asociacións culturais galegas e o movemento feminista galego estaba aínda xestándose. Non será ata 1977 cando María Xosé Queizán publique o primeiro ensaio feminista en Galicia “A muller en Galicia: a muller na sociedade galega: a lingua galega e a muller : (análise estrutural de dous métodos represivos)” editado por Edicións do Castro. 

    Iniciouse este ciclo en xaneiro con Celso Montero e Nemesio Barxa co tema “La mujer y la Iglesia”  e “La mujer en la sociedad y en el derecho gallegos” respectivamente, en febreiro foi a vez de Mª José Amor Carreró  disertando sobre “La mujer en la sociedad española de hoy”, en marzo María Xosé Queizán “Perspectivas y necesidades históricas de la familia”, rematando o ciclo en abril Victoria Armesto cunha conferencia sobre  “Juglares y juglaresas”.

    Nesta mostra documental, que se pode ver no Museo Etnolóxico, está exposta parte da documentación conservada pola Agrupación ribadaviense en relación a este ciclo sobre a muller

    Máis información no blog da Biblioteca do Museo Etnolóxico AQUÍ

    Relatorio de María Xosé Queizán na inauguración da Mostra

    miércoles, 16 de octubre de 2019

    Festexamos o Día da Biblioteca no Museo Etnolóxico


    No día 24 de outubro de 1992 durante o conflito dos Balcáns, a Biblioteca de Saraievo, coñecida como Vijecnica, foi incendiada por un profesor usuario da Biblioteca, desde 1997 celébrase o Día da Biblioteca para resaltar a importancia das bibliotecas como centros de encontro, conservación e difusión da diversidade cultural.


    Para celebrar esta data neste 2019 desde unha Biblioteca Especializada como é a Biblioteca do Museo Etnolóxico, queremos mostrar a todo o público o interesante patrimonio conservado nestas bibliotecas tan pouco coñecidas: difundiremos como reflectimos na nosa tradición oral e escrita a relación co medo e coa morte (lendas, contos, ditos, feitos ...), esculcaremos no particular fondo documental e bibliográfico da Biblioteca documentos singulares conservados case por casualidade e descubriremos distintas Bibliotecas Especializadas de Galicia e España a través das intervencións de profesionais que alí traballan. 

    Ademais das actividades para os clubes de lectura de bibliotecas escolares, destacamos as actividades para todos os públicos:
     
    xoves 24 de outubro 20.00 h  e o sábado 26 de outubro 12.00 h
     
    -Visita guiada á Biblioteca do Museo: “Descubrindo documentos singulares” desde almanaques, a álbums de cromos, mini contos, comedias soltas do S. XVIII, catálogos de tendas, revistas de moda do S. XIX, folletos... que información nos achegan?

    Se tedes interese nesta actividade e así coñecer os tesouros conservados na Biblioteca do Museo Etnolóxico, pregamos que chamedes o 988788720 ou enviedes un correo electrónico mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal, para inscribirse pois as visitas son de grupos reducidos,

     
    venres 25 de outubro 18.00 h

    -En lembranza da nosa compañeira e coautora Araceli Corbo, presentación do libro: “Xornada sobre bibliotecas especializadas (actas 2010, 2013 e 2016)”.

    No libro recóllense as experiencias de profesionais de bibliotecas especializadas de toda España, co obxectivo de visibilizar os fondos documentais e bibliográficos conservados neste tipo de bibliotecas.

    Remataremos cunha visita ao Museo do Viño de Galicia.

    jueves, 20 de abril de 2017

    Actividades venres 21 de abril


    libros preparados para a liberación
    Venres 21 abril de mañá: liberación de libro
    Por quinto ano consecutivo a Biblioteca do Museo Etnolóxico participa na liberación conxunta de libros xunto a 59 bibliotecas de museos e centros de arte de toda España, para celebrar o Día Internacional do Libro (23 de abril).
    Este ano 2017 a liberación será o venres 21 pola mañá da mañá por calquera lugar público da Comarca do Ribeiro e na cidade de Ourense e alrededores, deixaranse libres dez libros de temática variada: contos infantís, o novo catálogo do Museo sobre tonelería, unha guía de museos de Galicia, unha novela sobre as Touza, un libro sobre vitivinicultura, un catálogo dunha exposición de fotografía... e máis.

    Pódense consultar todos os títulos, os lugares e as horas de liberación na páxina de bookcrossing do Museo Etnolóxico AQUÍ.





    Venres 21 de abril 20.00 h: conversa con Oria Ferreiro Diz
    "Minería aurífera en época romana na comarca do Carballiño"
     
    Puzo do Lago (Maside)
     Oria Ferrerio é licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade pola mesma universidade, participou na escavación de diversos xacementos arqueolóxicos tanto en España -Castro de Santa Lucía (Astariz), Abric Pizarro (Áger, Lleida)-, como en Italia (Cuma, Nápoles).

    A zona do Carballiño é unha das de maior potencial aurífero de Galiza. Non obstante, non existen traballos que aborden o estudo de xacementos como os de Daviña (Boborás), Puzo do Lago (Maside) ou As Grobas (O Irixo) desde unha perspectiva arqueolóxica, a pesares de presentaren sinais de aproveitamento en época romana.