Mañá mércores 27 de xuño ás 11-11,15 h. terá lugar, no Centro Sociocomunitario de Ribadavia (Rúa Extramuros, 26), a inauguración do curso "Procedementos básicos para a conservación do patrimonio documental, gráfico e fotográfico".
Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo
martes, 26 de junio de 2012
INAUGURACIÓN CURSO PROCEDEMENTOS BÁSICOS PARA A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO
Mañá mércores 27 de xuño ás 11-11,15 h. terá lugar, no Centro Sociocomunitario de Ribadavia (Rúa Extramuros, 26), a inauguración do curso "Procedementos básicos para a conservación do patrimonio documental, gráfico e fotográfico".
viernes, 1 de junio de 2012
CURSO PROCEDEMENTOS BÁSICOS PARA A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO DOCUMENTAL
O Museo Etnolóxico organiza un curso sobre os Procedementos básicos para a consevación do patrimonio documental, gráfico e fotográfico, que terá lugar entre o 27-29 de xuño.
O obxectivo deste curso é proporcionar aos asistentes uns coñecementos básicos sobre o patrimonio documental para poder aplicar logo os procedementos necesarios para a súa correcta custodia, almacenamento e conservación.
O curso está destinado a profesionais de patrimonio cultural (conservadores, técnicos, restauradores, etc.) e será impartido por Mª Reyes Pérez Covacho (Restauradora do Arquivo Histórico Provincial de Lugo).Prazo de matrícula: 10 de xuño
FOLLETO CON INFORMACIÓN E MATRÍCULA
miércoles, 30 de mayo de 2012
CLAUSURA EXPOSICIÓN LAGARES RUPESTRES

O vindeiro sábado, 2 de xuño ás 20,00 h. terá lugar a clausura da exposición "Lagares Rupestres. Pegadas da hisotria vitivinícola en Galicia".
O acto de clausura celebraráse cun concerto do cuarteto de música clásica "Thiasos".
INVITACIÓN Á CLAUSURA DA EXPOSICIÓN
lunes, 14 de mayo de 2012
CONCERTOS DIDÁCTICOS NO MUSEO ETNOLÓXICO PARA O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
18 de maio de 2012: Día Internacional dos museos
“Museos nun mundo cambiante. Novos retos, novas inspiracións”
16 de maio : concertos didácticos a cargo de Lois Mouriño
Hora: 10 e 11,30
A través desta actividade o artesan e músico Lois Mouriño busca divulgar entre os rapaces a música tradicional galega. Realiza unha pequena explicación sobre os compoñentes e o proceso de construcción dos instrumentos tradicionais mais importantes, e exlica as diferencias entre a música folk e a tradicional. Tamén fala sobre os músicos e grupos representativos de este tipo de música como as pandereteiras, o gaiteiro solista, os cuartetos de gaitas, os requinteiros e as murgas.
Os instrumentos que inclúe nestes concertos didácticos son: voz, tamboril, bombo, pandeireta, pandeiro, pandeira, conchas, tarrañolas, castañuelas, gaitas en diferentes tonalidades, requinta, pito galego, clarinete, acordeón, trompa e birimbao.
25 de maio: PERCUSONS: concertos didácticos da percusionista Lorena Negreira
Hora: 11
Participantes: 50 alumnos de primaria do CEIP Carmen García Carrasco (Cenlle)
Participantes: 50 alumnos de primaria do CEIP Carmen García Carrasco (Cenlle)
Con esta actividade musical de percusión se pretende afondar noas posibilidades do corpo como human como obxecto de percusión. A vida diaria está marcada por unha serie de ritmos ao noso alcance e co noso corpo podemos acompañar eses ritmos e mesmo cancións e así levaremos aos rapaces a diferenciar estilos como rock, pop, ritmos latinos, africanos, e música tradicional galega.
Para sensibilizar aos rapaces co cambio climático ensinaráselles a facer instrumentos de percusión con materiais de refugallo presentes en todos os fogares.
Se mostrarán así mesmo o diferentes tipos de instrumentos de percusión: caixa, djembé, maracas, triángulo, etc.
Por último farase unha performance na que participaran todos os alumnos como unha banda musical con interpretación de varias cancións.
NOTA DE PRENSA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
NOTA DE PRENSA
NOTA DE PRENSA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
NOTA DE PRENSA
lunes, 30 de abril de 2012
LAGARES RUPESTRES. Pegadas da historia vitivinícola en Galicia
Datas: desde o 2 de maio ata o 2 de xuño
Esta exposición consta de dúas partes, unha primeira dedicada ao funcionamento e morfología dos lagares (a través de paneis) e unha segunda que fai un percorrido polos lagares de Galicia coa descrición e uso.
Invitación inauguración
Invitación inauguración
jueves, 19 de abril de 2012
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO. Bookcrossing da Biblioteca do Museo Etnolóxico
O vindeiro luns 23 de abril celébrase o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO, con motivo desta conmemoración un amplo grupo de 71 Bibliotecas de Museos de toda España teñen preparada unha liberación conxunta e masiva de libros (actuación coñecida internacionalmente como bookcrossing).
A biblioteca do Museo Etnolóxico, a través da iniciativa da súa bibliotecaria –Rosa Lamas-, únese a este particular evento e participa activamente con unha liberación de libros que terá lugar o venres 20 de abril; nesa data serán liberados 20 libros, a meirande parte catálogos editados polo museo, pero tamén libros doados por particulares para esta ocasión especial.
Na páxina de bookcrossing póden verse a hora e o lugar onde serán liberados ao público estes libros (nas localidades de Ribadavia, O Carballiño, Ourense, Pontevedra, Vigo e incluso Porto).
Así mesmo, a partires do 20 de abril o Etnolóxico continuará con esta interesante acción e as salas do museo converteranse en zonas tanto de liberación como de caza de libros.
Polo tanto, desde este venres a biblioteca do museo realiza a súa particular contribución a esta celebración, á que animamos a participar a todos os lectores e usuarios de bibliotecas.
jueves, 8 de marzo de 2012
AUSENCIAS E SILENCIOS. EXPOSICIÓN ON LINE NA QUE PARTICIPA O MUSEO ETNOLÓXICO.
Con motivo do Día Internacional da Muller, a Rede Dixital de Coleccións de Museos de España, Cer.es, presenta o catálogo temático Ausencias e Silencios, formando parte da iniciativa Patrimonio en Femenino, creada no ano 2011 co obxectivo de dar visibilidade ao papel das mulleres en diferentes culturas, civilizacións e períodos históricos.
A través de Ausencias e Silencios, se indaga naqueles ámbitos nos que a actividade feminina estivo ausente ou foi silenciada.
Nesta exposición on line móstranse 65 bens culturais achegados por 26 museos que forman parte da Rede Dixital de Coleccións de Museos de España, e sobre ela elaborouse un catálogo articulado entorno a cinco áreas temáticas: autoridade e poder; educación e ciencia; creación e espectáculo; traballo e labor; e dereitos e igualdade.
O Museo Etnolóxico participa en Ausencias e Silencios con tres fotografías dos seus fondos, unha delas na área de Ciencia e educación, outra na área de Creación e espectáculo e unha máis en Traballo e labor.
Para ter máis información das fotografías do Etnolóxico na exposición entre nas seccións e faga click enriba das fotos
CATÁLOGO COMPLETO DA EXPOSICIÓN
SECCIÓN CIENCIA E EDUCACIÓN
SECCIÓN CREACIÓN E ESPECTÁCULO
SECCIÓN TRABALLO E LABOR
A través de Ausencias e Silencios, se indaga naqueles ámbitos nos que a actividade feminina estivo ausente ou foi silenciada.
Nesta exposición on line móstranse 65 bens culturais achegados por 26 museos que forman parte da Rede Dixital de Coleccións de Museos de España, e sobre ela elaborouse un catálogo articulado entorno a cinco áreas temáticas: autoridade e poder; educación e ciencia; creación e espectáculo; traballo e labor; e dereitos e igualdade.
O Museo Etnolóxico participa en Ausencias e Silencios con tres fotografías dos seus fondos, unha delas na área de Ciencia e educación, outra na área de Creación e espectáculo e unha máis en Traballo e labor.
Para ter máis información das fotografías do Etnolóxico na exposición entre nas seccións e faga click enriba das fotos
CATÁLOGO COMPLETO DA EXPOSICIÓN
SECCIÓN CIENCIA E EDUCACIÓN
SECCIÓN CREACIÓN E ESPECTÁCULO
SECCIÓN TRABALLO E LABOR
miércoles, 28 de diciembre de 2011
O MUSEO GALEGO DO VIÑO NA WEB DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Adega da Reitoral de Sto. André de Camporredondo (sede do Museo Galego do viño)
O Consello da Cultura Galega publica hoxe, dentro do portal culturagalega.org un informe sobre a situación actual do proxecto do Museo Galego do Viño e o esforzo de dinamización que se está levando a cabo para conseguir que saia adiante e non quede no olvido.
Para ler a noticia faga click no enlace
Dinamizar un museo baleiro
martes, 27 de diciembre de 2011
NOVA PRENDA DA COLECCIÓN DE TÉXTIL EN EXPOSICIÓN: REFAIXO
Refaixo
ca.1900
Desde hoxe, formando parte da exposición permanente do museo e en lugar dun traxe de nena de finais do século XIX, está exposto nas salas unha prenda da colección de téxtil da que damos a información básica.O refaixo ou zagal é unha prenda interior feminina, de abrigo, que se coloca por debaixo da saia ou da vasquiña pero que tamén pode asomar parcialmente ao exterior.
Nesta prenda do museo, a parte superior cínguese ao corpo mediante unha tea de tafetán de algodón branco con raias azuis, e átase por atrás con fitas. A parte inferior está feita con pano de la abatanada, en cores vermella e laranxa, co bordo de abaixo adornado cunha franxa delimitada por dúas liñas horizontais entre as que vai un debuxo en zigzag, realizado todo con fita de tapiceiro.
Este refaixo parece ser o resultado da reutilización de varias teas xa que a parte superior de algodón é bastante mais recente que a de la; aínda así, podería datarse arredor de principios do século XX.
É moi probable que dun uso cotiá acabase pasando a ser utilizado en actividades teatrais ou festivas.
Bibliografía básica:
- Rodríguez Cruz, J. (2004) “Trazos sobre a vestimenta tradicional do surleste de Ourense”, Ourense,
Deputación Provincial.
Deputación Provincial.
- Mariño Ferro, X. R. y González Reboredo, X. M. (2010) Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza, Vigo, Nigratrea.
- Liceras Ferreres, Mª. V. y Vicente Cones, Mª. V. (1994) Fondos de Indumentaria en el Museo Nacional de Cerámica (Catálogo), Madrid, Ministerio de Cultura.
jueves, 1 de diciembre de 2011
SONS CARA Á LIBERDADE. Exposición temporal do Museo Etnolóxico
O MUSEO NO CÁRCERE 2011
SONS CARA Á LIBERDADE.
A exposición SONS CARA Á LIBERDADE que se inaugura/presenta este venres 2 de decembro é o resultado dun obradoiro organizado polo Museo Etnolóxico e realizado no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar na primeira metade deste ano, actividade á que asistiron regularmente 15 internos en varias sesións semanais.
Para este obradoiro e posterior exposición partiuse da seguinte reflexión:
As particularidades de cada pobo reflíctense na súa música (Joseph D’Ortigue) e os nosos recordos están cheos de sons e de musicalidade por medio de cancións de berce, xogos, melodías musicais e os sons máis variados da natureza, por outra banda todos nós acumulamos percepcións acústicas cotiás aínda que non sempre sexamos capaces de escoitar.
A relixiosidade, os traballos, os xogos, o noso quefacer cotiá... conteñen unha manchea de elementos musicais e sons que permanecen na nosa memoria e que nos relacionan cunha paisaxe sonora (soundscape) determinada polo medio no que nos desenvolvemos, pola hora do día ou pola nosa posición particular (Soledad Cabrelles Segredo). Do mesmo xeito a audición dunha peza melódica determinada pode predispoñernos a situacións emocionais moi diversas.
Sobre estes presupostos dúas especialistas (Pilar Iglesias e Fátima Braña) realizaron unha actividade cos internos na que se pretendía afondar na música desde as súas perspectivas persoais, analizando conceptos como “música”, “ruido”, “paisaxes sonoras”, “música culta”, etc., coa pretensión de aproximarse á música en Galicia como transmisora de cultura, de coñecementos, de sensibilidade e de goce persoal.
A máis de estudiar todos estes aspectos, celebráronse no Centro Penitenciario varios concertos didácticos a cargo de Antón Castro, o Cuarteto Quiroga e Ton Risco.
Folleto da exposición
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








