Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

miércoles, 18 de julio de 2012

LEMBRAR NO MUSEO 2005-2011

                                

                              

O vindeiro 26 de xullo terá lugar a inauguración desta nova exposición temporal.
Lembrar no Museo 2005-2011 é unha exposición temporal que resume o traballo desenvolto ao longo de cinco anos con enfermos de Alzheimer.
Lembrar no museo é unha das actividades que forman parte de Museo Aberto e consiste nunha acción na que se colabora con AFAOR (Asociación de familiares de  enfermos de Alzheimer de Ourense) e na que se desenvolveron obradoiros de aprendizaxe e recuperación da memoria utilizando pezas do museo: libros, fotos, obxectos de todo tipo (xoguetes, bolsos, reloxos, etc.) na percura de contribuir ao benestar dos enfermos participantes e cumplir unha función social da que un museo non pode quedar fora.
A exposición consta dunha serie de plotters con fotografías dos obradoiros, con textos explicativos e se mostran tamén 20 pezas da colección do museo coas que traballaron os participantes na actividade (libros, xoguetes, bolsos, etc.).

FOLLETO DA EXPOSICIÓN

martes, 17 de julio de 2012

PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO COLECCIÓN VITIVNÍCOLA. MUSEO ETNOLÓXICO-RIBADAVIA



Acto de presentación: mércores 18 de xullo de 2012, ás 11h. no Museo Etnolóxico
O catálogo Colección Vitivinícola é o resultado dun traballo xestado desde finais do 2010 e que veu finalmente a luz neste ano 2012; en él preséntanse un grupo de pezas dos fondos etnográficos propios e relacionadas coa viticultura e vinicultura, estas pezas foron sometidas a un proceso de limpeza e restauración no ano 2009 e posteriormente desenvolvéuse o proxecto desta publicación.
Os textos desta monografía amosan fichas completas de cada unha das pezas que as contextualizan dentro das actividades vitícolas e tamén se inclúen os informes dos traballos de restauración realizados nestes fondos.
 A idea é que este catalogo sexa o primeiro dunha serie na que se vaian investigando e publicando os fondos do museo.
Datos técnicos do catálogo:

171 páxinas
Textos: galego, castelán e inglés.
Fotografías: Santi M. Amil
Deseño: Grupo Revisión (Barro Salgado Santana)
Coordinación do catálogo: Clara Fernández González
Textos: X. C. Sierra Rodríguez, Mª José Ruiz Vázquez, Clara Fernández G., Víctor Castro Carballal.
Edita: Xunta de Galicia

martes, 26 de junio de 2012

INAUGURACIÓN CURSO PROCEDEMENTOS BÁSICOS PARA A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO


                                    

Mañá mércores  27 de xuño ás 11-11,15 h. terá lugar, no Centro Sociocomunitario de Ribadavia (Rúa Extramuros, 26), a inauguración do curso "Procedementos básicos para a conservación do patrimonio documental, gráfico e fotográfico".

Este curso, organizado polo Museo Etnolóxico impartirase entre o 27 e o 29 desta semana e conta coa participación de 20 asistentes (aforamento completo) procedentes de diferentes institucións culturais de Galicia (arquivos, museos, fundacións, etc.), outorgándolle unha notable relevancia como foro de aprendizaxe e discusión.

viernes, 1 de junio de 2012

CURSO PROCEDEMENTOS BÁSICOS PARA A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO DOCUMENTAL


O Museo Etnolóxico organiza un curso sobre os Procedementos básicos para a consevación do patrimonio documental, gráfico e fotográfico, que terá lugar entre o 27-29 de xuño.
O obxectivo deste curso é proporcionar aos asistentes uns coñecementos básicos sobre o patrimonio documental para poder aplicar logo os procedementos necesarios para a súa correcta custodia, almacenamento e conservación.
O curso está destinado a profesionais de patrimonio cultural (conservadores, técnicos, restauradores, etc.) e será impartido por Mª Reyes Pérez Covacho (Restauradora do Arquivo Histórico Provincial de Lugo).
Prazo de matrícula: 10 de xuño

FOLLETO CON INFORMACIÓN E MATRÍCULA

miércoles, 30 de mayo de 2012

CLAUSURA EXPOSICIÓN LAGARES RUPESTRES


                               

O vindeiro sábado, 2 de xuño ás 20,00 h. terá lugar a clausura da exposición "Lagares Rupestres. Pegadas da hisotria vitivinícola en Galicia".
O acto de clausura celebraráse cun concerto do cuarteto de música clásica "Thiasos".

INVITACIÓN Á CLAUSURA DA EXPOSICIÓN

lunes, 14 de mayo de 2012

CONCERTOS DIDÁCTICOS NO MUSEO ETNOLÓXICO PARA O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS



18 de maio de 2012: Día Internacional dos museos
“Museos nun mundo cambiante. Novos retos, novas inspiracións”


16 de maio : concertos didácticos a cargo de Lois Mouriño
Hora: 10 e 11,30
Participantes: 100 alumnos de 5º e 6º de primaria do CPI Tomas de Lemos (Ribadavia)

                             

                     A través desta actividade o artesan e músico Lois Mouriño busca divulgar entre os rapaces a música tradicional galega. Realiza unha pequena explicación sobre os compoñentes e o proceso de construcción dos instrumentos tradicionais mais importantes, e exlica as diferencias entre a música folk e a tradicional. Tamén fala sobre os músicos e grupos representativos de este tipo de música como as pandereteiras, o gaiteiro solista, os cuartetos de gaitas, os requinteiros e as murgas.
Os instrumentos que inclúe nestes concertos didácticos son: voz, tamboril,  bombo, pandeireta, pandeiro, pandeira, conchas, tarrañolas, castañuelas, gaitas en diferentes tonalidades, requinta, pito galego, clarinete, acordeón, trompa e birimbao.

25 de maio: PERCUSONS: concertos didácticos da percusionista Lorena Negreira
Hora: 11
Participantes: 50 alumnos de primaria do CEIP Carmen García Carrasco (Cenlle)

                                    
                         
                     Con esta actividade musical de percusión se pretende afondar noas posibilidades do corpo como human como obxecto de percusión. A vida diaria está marcada por unha serie de ritmos ao noso alcance e co noso corpo podemos acompañar eses ritmos e mesmo cancións e así levaremos aos rapaces a diferenciar estilos como rock, pop, ritmos latinos, africanos, e música tradicional galega.
Para sensibilizar aos rapaces co cambio climático ensinaráselles a facer instrumentos de percusión con materiais de refugallo presentes en todos os fogares.
Se mostrarán así mesmo o diferentes tipos de instrumentos de percusión: caixa, djembé, maracas, triángulo, etc.
Por último farase unha performance na que participaran todos os alumnos como unha banda musical con interpretación de varias cancións.

NOTA DE PRENSA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NOTA DE PRENSA

lunes, 30 de abril de 2012

LAGARES RUPESTRES. Pegadas da historia vitivinícola en Galicia




                                     
Inauguración: 2 de maio ás 19 horas no Museo Etnolóxico
Datas: desde o 2 de maio ata o 2 de xuño
Esta exposición consta de dúas partes, unha primeira dedicada ao funcionamento e morfología dos lagares (a través de paneis) e unha segunda que fai un percorrido polos lagares de Galicia coa descrición e uso.

Invitación inauguración

jueves, 19 de abril de 2012

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO. Bookcrossing da Biblioteca do Museo Etnolóxico

                   
 O vindeiro luns 23 de abril celébrase o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO, con motivo desta conmemoración un amplo grupo de 71 Bibliotecas de Museos de toda España teñen preparada unha liberación conxunta e masiva de libros (actuación coñecida internacionalmente como bookcrossing).
A biblioteca do Museo Etnolóxico, a través da iniciativa da súa bibliotecaria –Rosa Lamas-, únese a este particular evento e participa activamente con unha liberación de libros que terá lugar o venres 20 de abril; nesa data serán liberados 20 libros, a meirande parte catálogos editados polo museo, pero tamén libros doados por particulares para esta ocasión especial.
Na páxina de bookcrossing póden verse a hora e o lugar onde serán liberados ao público estes libros (nas localidades de Ribadavia, O Carballiño, Ourense, Pontevedra, Vigo e incluso Porto).
Así mesmo, a partires do 20 de abril o Etnolóxico continuará con esta interesante acción e as salas do museo converteranse en zonas tanto de liberación como de caza de libros.
Polo tanto, desde este venres a biblioteca do museo realiza a súa particular contribución a esta celebración, á que animamos a participar a todos os lectores e usuarios de bibliotecas.

jueves, 8 de marzo de 2012

AUSENCIAS E SILENCIOS. EXPOSICIÓN ON LINE NA QUE PARTICIPA O MUSEO ETNOLÓXICO.


Con motivo do Día Internacional da Muller, a Rede Dixital de Coleccións de Museos de España, Cer.es, presenta o catálogo temático Ausencias e Silencios, formando parte da iniciativa Patrimonio en Femenino, creada no ano 2011 co obxectivo de dar visibilidade ao papel das mulleres en diferentes culturas, civilizacións e períodos históricos.
A través de Ausencias e Silencios, se indaga naqueles ámbitos nos que a actividade feminina estivo ausente ou foi silenciada.
Nesta exposición on line móstranse 65 bens culturais achegados por 26 museos que forman parte da Rede Dixital de Coleccións de Museos de España, e sobre ela elaborouse un catálogo articulado entorno a cinco áreas temáticas: autoridade e poder; educación e ciencia; creación e espectáculo; traballo e labor; e dereitos e igualdade.
O Museo Etnolóxico participa en Ausencias e Silencios con tres fotografías dos seus fondos, unha delas na área de Ciencia e educación, outra na área de Creación e espectáculo e unha máis en Traballo e labor.


Para ter máis información das fotografías do Etnolóxico na exposición entre nas seccións e faga click enriba das fotos
CATÁLOGO COMPLETO DA EXPOSICIÓN
SECCIÓN CIENCIA E EDUCACIÓN
SECCIÓN CREACIÓN E ESPECTÁCULO
SECCIÓN TRABALLO E LABOR

miércoles, 28 de diciembre de 2011

O MUSEO GALEGO DO VIÑO NA WEB DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Adega da Reitoral de Sto. André de  Camporredondo (sede do Museo Galego do viño)

          O Consello da Cultura Galega publica hoxe, dentro do portal culturagalega.org un informe sobre a situación actual do proxecto do Museo Galego do Viño e o esforzo de dinamización que se está levando a cabo para conseguir que saia adiante e non quede no olvido.

Para ler a noticia faga click no enlace
Dinamizar un museo baleiro