Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

martes, 21 de enero de 2014

ENTREPARADAS, LONGAMETRAXE NO MUSEO ETNOLÓXICO





Venres 24 de xaneiro ás 20,30 h.
Entrada gratuíta.


     Dirixido por Toño Chouza e estreado o pasado 16 de novembro en Cineuropa, "Entreparadas" é un documental que conta no seu equipo con persoas de recoñecida experiencia no mundo do audiovisual como Jorge Coira ou María Liaño.
Cóntanos a historia de 16 persoas anónimas que atesouran experiencias vitais únicas. A longametraxe fixa a súa mirada en Jose, con parálise cerebral e Felisa, inmigrante invidente, que comparten unha experiencia que marcará as súas vidas con outras persoas provenientes de diferentes colectivos (asociación contra o cancro, centro psiquiátrico, unidade de violencia de xénero, vítimas de accidentes de tráfico, aula municipal do maior, discapacitados AIXIÑA, menores con medidas xudiciais e outros voluntarios). 

Unha idea: un grupo de teatro "invisible" que actúa por sorpresa nos autobuses urbanos. Un soño: Aplausos, emocións, tolerancia, convivencia, cultura e unha forte mensaxe social chega a moitos viaxeiros entre parada e parada de/os autobuses de mans dos 16 actores e actrices. A Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T Galicia  móstranos un proxecto solidario que cambiou formas de vivir e de ver as cousas.

CONCIERTO DE PAR DE DOUS + UN NO MUSEO ETNOLÓXICO




Sábado 28 de decembro de 2013 ás 20,00 h.

Pardedous + Un: Alexandre Cabanelas Ángel Alfonso Gulías (Pardedous) Francisco Valeiras "Quico" (Un). Sinxelamente, uns mozos do Carballiño unidos polo ruxe ruxe e as inquedanzas que nos bulen dende os adentros prá través da música e da palabra mostrar un anaco do que somos. Jazz-Poesía dende a víscera.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

CAMBIOS NA PROGRAMACIÓN DO CINE DE OUTONO NO ETNOLÓXICO

       O programa do Cine de Outono-Miradas etnográficas 2013 queda definitivamente establecido do seguinte xeito:
Os venres de novembro, ás 20,00 h.:
      -          Día  8:    TORREIROS de Pablo Ces
-          Día 15:   N VI de Pela del Álamo
-          Día 22:   GALICIA de Guerin Hill e XANTARES de Pedro Olea
-          Día 29:   VENTANAS EN EL CUERPO de Gonzalo Palmeiro



viernes, 27 de septiembre de 2013

MIRADAS ETONOGRÁFICAS 2013. CINE NO MUSEO ETNOLÓXICO



         Para os vindeiros meses de outubro e novembro o Museo Etnolóxico organizou un ciclo de cine no que se proxectaran oito películas documentais, todas elas de produción galega, que abordan desde un punto de vista histórico e etnográfico diferentes temas da nosa terra.
Oficios como o de torreiro ou o de médico rural, a historia do psiquiátrico de Conxo ou a emigración, entre outros, teñen presenza nestes filmes.
A boa parte das proxeccións asistirán os directores destas películas e establecerase un debate ao final  no que os asistentes poderán preguntar e comentar calquera cuestión sobre estes documentais.
        
FOLLETO DO CICLO DE CINE

CARTEL DO CINE DE OUTONO

jueves, 19 de septiembre de 2013

SEMINARIO: OS MUSEOS NA SOCIEDADE ACTUAL

INFORMACIÓN COMPLETA SOBRE O SEMINARIO

25 e 26 de setembro en Santiago de Compostela, na sede do Consello da Cultura Galega
Organiza: Consello da Cultura Galega
Colabora Consello Galego de Museos