Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

miércoles, 19 de febrero de 2020

Presentación do catálogo: "Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos '70"


O venres 21 de febreiro as 20.00 h preséntase no Museo Etnolóxico o catálogo da exposición temporal "Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos `70", contaremos coa presenza de Sabela Fraga Costa, comisaria e autora dos textos e Juan Venditti, de 7H Cooperativa Cultural, deseñador do catálogo. No catálogo queda reflectida a importancia do fondo documental desta Agrupación Cultural ribadaviense, conservada pola xente que formou parte dela: documentación administrativa, recortes de xornais, fotografías, folletos, follas voandeiras..., que axudaron a elaborar a liña de vida da programación de Abrente relacionada coa arte galega que se pode ver na exposición e consultar no catálogo, destacar tamén a entrevista que a comisaria da exposición lle realizou a cinco integrantes da Agrupación e que se pode ler no catálogo.



Así mesmo procederase á inauguración da segunda fase da exposición sobre a colección de arte procedente da doazón da obra desta agrupación cultural, cuxa colección contén 58 obras dun total de 29 autoras e autores. Nesta segunda fase exporanse obras de Bea Rey, Vidal Souto, Reimundo Patiño, Enrique Conde, Prego de Oliver, Virxilio, Xosé Luis de Dios, Alejandro Gómez Cruz, Conde Corbal, Xaime Quesada, Joaquín Ramón Pérez Caamaño.


obra de Vidal Souto
obra de Reimundo Patiño



Neste enlace podedes ler a entrevista coa comisaria Sabela Fraga que lle fixo Xermán Hermida para o portal do Consello da Cultura Galega AQUÍ  onde fala desas outras facetas da Agrupación Cultural Abrente, menos coñecidas que a do teatro galego, de dinamizadora e ate axitadora cultural dese momento histórico de finais da ditadura franquista así como do legado artístico conservado. Indica Sabela Fraga  que a colección "amosa un contexto histórico determinado, fala daquela época. Por unha banda reflicte o traballo desta asociación cultural e pola outra a vontade que tiñan tamén os artistas por achegar a arte ao pobo alén de espazos como museos e galerías". Ademais, "moitas das pezas beben do contexto represivo, de xeito máis ou menos claro, e na exposición poñémolas a dialogar".

obra de Virxilio

lunes, 4 de noviembre de 2019

Cine de Outono. Miradas etnográficas 7




O sábado 9 de novembro iniciamos  a 7ª edición do ciclo de Cine de Outono. Miradas etnográficas, coa colaboración do Cineclube Padre Feijoo na organización, selección e proxección dos filmes, gozaremos cunhas particulares viaxes excéntricas a través da mirada audiovisual de Jaime Prado, Xosé Reigosa, Andrea Vázquez, J.A. Blanco e Iban del Campo. 

As proxeccións serán todos os sábados de novembro ás 20.00 h. no Museo Etnolóxico, de balde até completar o aforo.

As viaxes excéntricas xogan coa xeometría, escapando da simetría e multiplicando os diferentes centros de interese. Poden chegar a destinos imprevistos, a realidades que superan o propio inicio do periplo, e obrigan a trazar novas hipérboles que achegan experiencias imprevisibles, pero que ao mesmo tempo poden resultar inesquecibles.
Hai que afastarse moitos anos e miles de quilómetros para identificar de xeito definitivo as identidades pasadas: anularse, case, na fin de todo, para reintentalo outra vez, Para empezar polo alfa. Para sentir. 
Ocorre nos cinco días de Kepa Junquera polo atlas dos entroidos da Galicia do Sur; nas dúas experiencias de Ruth Mathilda Anderson pola Galicia dos anos XX do pasado século, encargadas polo Hispanic Society de Nova lork; nos anos enchidos polo fotógrafo Baldomero Pestana, que marcha con 5 anos e regresa cando ten 90; na inmersión de Iban del Campo, viaxeiro accidental e curioso, nas procelosas augas do máis primario e agochado do ser humano.

Así que calculamos rumbo, escrutamos o tempo e movémonos pola escuridade do pasado. A lingua, a música, a imaxe e a palabra como resorte do patrimonio e como motor de identidade e alicerce da rebeldía. E descubrimos, unha vez máis, que estamos de volta no inicio da viaxe.

Sábado 9 de novembro, 20.00 h 
  A V IAXE DE RUTH
                   Dir. Jaime Pardo e Xosé Reigosa (España, 2018) 55 min.
  
Entre o 1924 e 1926, a fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson viaxou dúas veces a Galicia en nome da Hispanic Society de Nova lork. Nesas viaxes tirou arredor de 5.500 fotografías de gran calidade, o que a xuízo dalgúns entendidos non ten parangón con ningún outro traballo da época. Realizaremos unha toma similar á das súas instantáneas para descubrir canto cambiou Galicia en l00 anos.


Sábado 16 de novembro, 20.00 h 
  A IMAXE REB/VELADA 
Dir. Andrea Vázquez (España, 2015) 65 min.
 
En febreiro de 2008, a familia de Carmen e Toño recibe un correo electrónico moi sorprendente: logo de 40 anos de silencio,volven saber dun familiar lonxano. Unha viaxe documental sobre a figura de Baldomero Pestana, f otógrafo lucense que retratou a Vargas Llosa,García Márquez ou Pablo Neruda, entre outros.


Sábado 23 de novembro, 20.00 h 
  MAR  DE  TERRA 
Dir.  J.A .  Blanco (España,  2018) 60 min.
 
Unha visión personal e diferente dunha tradición, a do Entroido, que viaxa ao fondo das emocións. Acompañados do músico vasco Kepa Junkera e do seu acordeón, percorreremos os entroidos de Laza, Xinzo, Verín, Manzaneda, Santiago de Arriba (Chantada) ou Viena do Bolo .



Sábado 30 de novembro, 20.00 h  
GLITTERING MISFITS   
Dir. Iban del Campo (España, 2019) 74 min.
 
Unha viaxe a Nova lork permítelle a Iban del Campo coñecer a Dirty M artini e a Tigger!, estrelas do underground. A través da súa intimidade cotiá descubriremos os segredos dos night-clubs do chamado "Off- Off­ Broadway", e entenderemos por que seguen a ser os referentes do cabaret, 20 anos despois do seu apoxeo.