Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

lunes, 18 de mayo de 2020

Saltando a tecnoloxía das redes sociais. #DIM2020

Unha proposta acaída ao tema deste ano 2020 no Día Internacional dos Museos #DIM2020 «Museos pola igualdade: diversidade e inclusión» a presentación en audiovisual da liña de traballo que o Museo Etnolóxico veu desenvolvendo dende o inicio do confinamento de 2020, motivado pola Covid_19, con centros da terceira idade, buscando superar a fenda dixital, mediante a inclusión de persoas na marxe das novas redes soiciais na actividade do Museo co envío de postais e xornais dixitais, transformados en analóxico grazas á colaboración das traballadoras/res das Residencias de Maiores. 
Esta liña de traballo de integrar colectivos diversos e abrir o Museo a grupos con máis dificultades de acceso ao patrimonio, co obxectivo de revitalizar a súa función social vén xa de 2005 co programa "Museo Aberto".



Confinamento 2020:

Enviando postais e xornais desde o Museo Etnolóxico: un novo e antiguo xeito de comunicar.
O confinamento e reclusión pola pandemia da Covid-19, afectou a toda a población, porén desdo o inicio vimos que uns dos grupos máis vulnerable era o da xente maior; debían estar máis protexidas e ailladas tamén da súa familia e inclusive dentro da propia Residencia, co que isto conleva para a saúde emocional e o deterioro cognitivo.
Desde o Museo Etnolóxico pensamos que podíamos achegar o noso gran de área para contribuír a que o confinamento fose máis aturable. Somos conscientes de que a maior parte da poboación que se atopa recluída nos Centros de Maiores da nosa contorna tiveron nalgún momento da súa infancia e xuventude relación con moitas das pezas que o noso centro custodia, pero tiñamos que evitar a contaminación que chegara do exterior.
Que fixemos?
Transformamos a información dixital contida en postais e xornais creados desde o confinamento do perosal do Museo Etnolóxico en analóxicas, coa colaboración do persoal das Residencias de Maiores participantes, que imprimiron as postais e xornais, para evitar a contaminación do exterior.
Cal era o obxectivo?
Crear postais personalizadas coa imaxe de obxectos de fondos custodiados no Museo Etnolóxico e achegarlle a cada persoa que se atopa nunha Residencia de Maiores unha parte do seu patrimonio e establecer unha comunicación emocional dende o exterior e suscitando ao mesmo tempo a lembranza e a reminiscencia.
Como foi o proceso?
O persoal do Museo, teletraballando, recolleu imaxes e información das súas bases de datos dixitalizadas e recreounas en forma de postais dixitais dirixidas directamente a unha persoa, coa imaxe dun obexecto e cun selo pertencente aos fondos do Museo, acompañado dun texto con información. Os obxectos e a información foron seleccionados adaptándose as características da xente que ía recibir as postais, previo contacto co persoal das Residencias que nos facilitaron datos dos residentes. O mesmo proceso se fixo coa creación do xornal dixital.
O persoal das Residencias de Maiores participantes: Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos (Ribadavia) e o Centro de Día/Vivenda Comunitaria de Vilar de Santos transformaron as postais dixitais enviadas por correo electrónico en postas analóxicas en papel que foron entregadas de forma individual a cada residente. A colaboración do persoal dass Residencias foi fundamental para esta transformación pois había que coidar moito todo o que chegaba do exterior para non provocar contaminacións innecesarias.
Agradecer á Residencia Xeriátrica Quercus de Leiro que se sume a participar neste proxecto.

Moitas a grazas a VisualQ pola produción do vídeo.

domingo, 17 de mayo de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 10ª PARTE

Décima pregunta:

Que desinfectantes son apropiados para as superficies non patrimoniais nas instalacións e nos interiores das institucións culturais? Parte III

As solucións de alcohol en auga son outra opción sempre e cando a concentración de alcohol esté por encima do 70% por volume. Pode usarse alcohol etílico (ethanol) ou alcohol isopropílico (rubbing alcohol). A potencia do alcohol isopropílico vendido nas farmacias é normalmente do 70% ou do 90%. Un isopropílico ao 90% pódese diluír en auga para ampliar o uso. O etanol de alta concentración (etanol puro ou grain alcohol), que se vende nalgunhas tendas de produtos químicos necesita estar polo menos nun 70% de concentración para ser efectivo.
Hai que tentar evitar e ter moito coidado co alcohol desnaturalizado que se vende en grandes tendas de bricolaxe ou ferreterías, porque os elementos desnaturalizadores, o metanol ou a butanona, son moito máis dañiños para a saúde humana que o etanol só. 

Os tempos de contacto de 30 segundos aparentan ser efectivos contra os coronavirus. Os alcoholes están recomendados para a limpeza de superficies electrónicas polos CDC (Centros para o control e prevención de enfermidades). Non obstante, é necesaria moita precaución se se necesita desinfectar superficies de acrílico ou plexiglás porque poden craquelarse, e o uso de alcoholes deben evitarse en superficies con acabados de madeira porque son moi sensibles ao alcohol.





Espazo para traballar con documentación gráfica no Museo Etnolóxico onde hai varios postos con escaner e ordenadores. 




Alcohol comercial. Unha dilución deste alcohol, (70 ml de alcohol e 30 ml de auga nun dispensador de 100 ml) é apta para desinfectar superficies. Aconséllase utilizar alcohol isopropílico para aparatos electrónicos. 
Recordar que os xeles hidroalcohólicos son unha alternativa para a desinfección de mans cando non hai acceso á auga e xabón. Non se deben limpar superficies con xeles hidroalcohólicos posto que levan aditivos na súa composición que son difíciles de retirar.

Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association,  aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.

Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.




#aculturasegue  #CovidEPatrimonio #aculturagalegasegue

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 9ª PARTE

Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association,  aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.

Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.


Novena pregunta:


Que desinfectantes son apropiados para as superficies non patrimoniais nas instalacións e nos interiores das institucións culturais? Parte II.

A solución de lixivia doméstica é unha boa opción, posto que se vende con menos do 5% de hipoclorito de sodio. 







Lixivia doméstica: cando non se indica a porcentaxe no envase ou se indica aproximada, a concentración adecuada é de 20 ml en 1000 ml de auga. (para máis exactitude, consultar a táboa debaixo)

Para desinfectar contra o virus da Covid-19 é necesaria unha solución de alomenos unha concentración do 0,1 % de hipoclorito de sodio aplicado durante un minuto. Isto é: 20 ml de lixivia por litro (en 1000 ml de auga) ou-5 ml en 250 ml de auga.
Solucións que van en concentracións máis altas, do 0,5 ao 1% poden considerarse cando os tempos contacto necesitan ser mais cortos, como por exemplo, 30 segundos. Tense que evitar o uso de lixivia concentrada porque libera residuos de cloruro de sodio na superficie que poden danar algúns materiais, comos os metais.
O uso de lixivia require boa ventilación, luvas e gafas protectoras e nunca debe misturarse con outros desinfectantes nen limpadores.







Para preparar a dilución séguense os seguintes pasos:
1. Comprobar o volume do noso pulverizador (100 ml, 200 ml, 500 ml, 1 litro).
2. Débese coñecer a concentración da lixivia en %.
3. Buscar na táboa o volume de lixivia para a concentración concreta.
4. Botalo no pulverizador valeiro.
5. Encher con auga ata o volume final (100 ml, 200 ml, 500 ml, 1 litro).
Débese preparar cada día. Aconséllase poñer a data no pulverizador. 

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 8ª PARTE

Oitava pregunta:

Poden os espazos de traballo desinfectarse de maneira segura?


Si, é posible desinfectar dunha maneira segura os espazos de traballo sen bens culturais. Superficies das mesas, estanterías ou escritorios que se usan para traballar con obxectos das coleccións ou con documentos de arquivo de xeito continuado necesitan ser limpados e desinfectados regularmente. 
As superficies duras son as máis doadas de desinfectar, tamén nas que o virus persiste máis tempo e onde hai unha concentración máis alta de transferencia.

Os compoñentes dos desinfectantes e os seus métodos de aplicación como humectar, nebulizar ou pasar un pano deben compatibilizarse coas superficies onde van ser aplicados, testando, en primeiro lugar, para comprobar os efectos dunha sobre-diseminación ou goteo cerca dos espazos patrimoniais.

Limpar e desinfectar non debería deixar residuos potencialmente perigosos sobre superficies como mesas de lectura ou andeis de dispositivos de almacenaxe que poideran estar en contacto cos bens culturais.

Aínda que os produtos comerciais se poidan usar, os efectos dos aditivos e colorantes dalgúns disolventes poden ser problemáticos. Hai que asegurarse de que se seguen as instrucións de neutralización, que son normalmente pasar un pano con auga limpa despois do tempo de contacto requirido. A forma máis fácil de evitar residuos é usar solucións simples que se poden preparar no domicilio.




Espazo de traballo para persoal técnico: mesa, cadeira e equipos electrónicos precisan desinfección diaria.




Parte do taller de restauración, onde o tratamento con bens culturais obriga a ser mais coidadosos co uso dos químicos. Neste caso, cómpre limpeza diaria de superficies de traballo.


Todas as preguntas e respostas son tiradas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association,  aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.

Todas as preguntas e respostas traducidas desde a área de Conservación e Restauración e aplicadas ao Museo Etnolóxico, en relación ao coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.


#aculturasegue  #CovidEPatrimonio #aculturagalegasegue

sábado, 16 de mayo de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 7ª PARTE


Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association,  aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.

Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.


Sétima pregunta:


Que desinfectantes son apropiados para as superficies non patrimoniais nas instalacións e nos interiores das institucións culturais? Parte I.

Poden usarse moitos desinfectantes nas áreas das institucións culturais onde non hai coleccións. No caso de ter pensado usar un produto doméstico ou comercial, primeiro hai que comprobar que foi aprobado para o seu uso contra o virus da Covid-19. O Goberno de España pon un listado a disposición das persoas usuarias, vai o enlace ao listado:




Para que o desinfectante sexa efectivo, débense seguir as instrucións do fabricante para o seu uso e aplicación.En primeiro lugar, hai que atopar un desinfectante que sexa compatible coas superficies, considerar as interaccións químicas así como os tempos de contacto, que dependen da concentración e do tipo de principio activo. Debemos pensar tanto na natureza do material como no acabado da superficie e non sería mala idea facer unha proba nunha pequena área antes de aplicar a toda a superficie un novo produto. Unha vez que se escolle o desinfectante hai que seguir todos os pasos para a súa aplicación, despois do tempo de contacto requirido, neutralizar como se indica nas instrucións. 

Hai que recordar que estes produtos son apropiados para espazos sen colección (billeteiras, mostradores, cafeterías, oficinas). Necesitamos ter moito coidado coas coleccións das institucións culturais.


Área de recepción do Museo Etnolóxico

A área de recepción é un espazo público en contacto coa rúa. Chan, bancos, vitrina e mostrador son instalacións susceptibles de limpeza e desinfección diaria.
Abaixo, o mesmo espazo, área de recepción, na subida cara ás salas de exposición. Barandas e escaleiras deben ser limpadas e desinfectadas con regularidade.


Área de recepción do Museo Etnolóxico

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 6ª PARTE

DESINFECCIÓN Das COLECCIÓNS E Das INSTALACIÓNS CULTURAIS

Sexta pregunta:

Unha persoa infectada con Covid-19 estivo traballando no noso espazo. Que debemos facer?

En primeiro lugar, seguir as guías do Ministerio ou da Consellería de Sanidade para persoas que estiveron en contacto con infectadas/os ou compatiron espazos con elas. Despois, seguir esas mesmas guías para limpeza e desinfección dos espazos contaminados [non superficies dos bens culturais] que foron tocadas ou aos que tivo acceso a persoa infectada. 
Repitamos: non é recomendable desinfectar as superficies dos bens culturais, só as superficies comúns.

Pódese empezar por pechar as áreas que foron usadas pola persoa infectada e incrementar a circulación do ar. Logo, limpar e desinfectar e esperar alomenos 24 horas para permitir que os aerosoles se depositen sobre as superficies. 

O primeiro paso, a limpeza, remove o pó e a carga de virus e bacterias nas superficies o que fará a desinfección mais efectiva. Polo tanto, limpar permite supoñer algunha protección.

Desinfectar a miúdo supón a aplicación dunha solución que desactiva algún patóxeno que permanece despois da limpeza. Para iso, hai que levar equipos de protección persoal para protexerse do desinfectante igual que do virus. 

Se xa pasaron máis de sete días desde que a persoa infectada estivo no edificio non se require limpeza nin desinfección adicional. Se nos preocupa o uso de desinfectantes no espazo da colección a alternativa pode ser formular unha corentena no espazo completo dunha semana a nove días.


Imaxes da entrada ao Museo Etnolóxico, na planta baixa do edificio. Esta é a área mais sensible á contaminación polo virus da Covid-19. 

 
Sala de trallabo do persoal de vixilancia


Nesta sala traballan habitualmente tres vixilantes e dúas persoas de seguridade por quendas de mañá e tarde. O espazo físico é limitado, posto que en planta ten unha superficie de 25 metros cadrados.

Ademais do reducido espazo, que imposibilita manter unha distancia de seguridade de 2 m é tamén a zona de recepción de visitas e proveedores. 

Entrada de visitantes


Esta zona común non patrimonial debe someterse aos procedementos de limpeza e desinfección que procedan ante a sospeita de contaminación por Covid-19.


Recepción de visitantes



Enlaces de interese:




COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 5ª PARTE

Quinta pregunta:

Os desinfectantes de mans poderían ser usados por persoas que manipulan bens patrimoniais?

Lavarse as mans ou usar un desinfectante é altamente recomendable para reducir a transferencia da Covid-19. Lavarse as mans con auga e xabrón antes de manipular obxectos e documentos é unha alternativa aceptable alí onde as luvas poden non ser apropiadas. Os desinfectantes de man son unha forma alternativa de reducir a transmisión da enfermidade e foron aprobados como uso xeral contra a Covid-19 polos gobernos. Algunhas institucións poden prover de desinfectantes ó seu cadro de persal e visitantes, particularmente durante situacións de pandemia. 

Os desinfectantes de man poden deixar residuos en obxectos e documentos que poderían eventualmente danar algúns materiais.

Lavar as mans ou usar luvas desbotables pode ser a mellor opción para quen manipula as coleccións directamente. Se se usan luvas de algodón hai que gardalas nun contedor pechado despois de cada uso e lavalas con auga quente antes de reusalas.



Manipulando un cliché de cámara fotográfica de principios do S..XX




Revisando un antigo catálogo de cadaleitos


O persoal técnico que traballa directamente cos bens culturais no Museo manipula normalmente os obxectos con luvas de algodón, de latex ou de nitrilo. O uso deste tipo de material de protección está dispoñible para o persoal que precisa mostrar os bens, examinalos, medilos ou fotografalos.
Esta é unha medida estandarizada no centro, polo que en tempos de Covid-19 non será difícil mantela.

Todas as preguntas e respotas extraémolas da conferencia en liña de Irene Karsten que se pode escoitar e ver neste enlace AQUÍ.

Todos os artigos relacionados co coidado das coleccións patrimoniais durante a COVID_19 deste blog están agrupados baixo a etiqueta: COVID E PATRIMONIO.



jueves, 14 de mayo de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 4ª PARTE

Seguimos achegando as preguntas e respostas expostas por Irene Kartsten na súa conferencia en liña, accesible nesta enlace AQUÍ. Desde a sección de conservación e restauración do Museo Etnóloxico aplicamos á coxuntura da nosa institución patrimonial.

Todos os artigos deste blog adicados a esta temática están agrupados na etiqueta: COVID E PATRIMONIO.

Cuarta pregunta:


As coleccións e os bens culturais deberían ser desinfectados debido á Covid-19?

Non é recomendable desinfectar as coleccións patrimoniais. As solucións que se empregan para desinfectar conteñen alcohol, lixivia e outros tipos de químicos que poden danar moitas das superficies dos bens culturais. Aínda que algunhas solucións poidan ser apropiadas para algúns materiais, como por exemplo, a solución de 70% de etanol nalgunhas superficies de metal, o seu uso inapropiado pode producir danos permanentes e aínda non ser válido como desinfectante. Sempre se debe consultar a unha persoa profesional antes de facer ningún tratamento deste tipo. 

No lugar disto, recoméndase a corentena das coleccións. Se hai risco de transmisión do virus á xente por obxectos contaminados débese esperar ata que se desactive de maneira natural nas superficies antes de manipular os obxectos ou reanudar operacións con eles ata que pasen entre 6 a 9 días.

Limpar con solucións suaves de deterxentes seguido de neutralizacións pode ser un método apropiado para superficies de bens culturais que non son tratados con frecuencia e tamén para coleccións didácticas, que son moi manipuladas. Pero veremos que Limpar non é Desinfectar.


Sala de reserva, zona habilitada para á corentena de pezas


Na sala de reserva do Museo Etnolóxico hai unha zona habilitada para a corentena de pezas de novo ingreso ou con ataque biolóxico. Esta zona pódese dedicar tamén a obxectos contaminados polo virus que orixina a Covid-19.



Sala de reserva, zona de corentena de pezas

As pezas deben permanecer un tempo non inferior a nove días sen manipular e convenientemente identificadas.


As pezas en corentena deben estar identificadas



#aculturasegue #euquedonacasa #aculturagalegasegue
#CovidEPatrimonio