Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

jueves, 23 de junio de 2011

SONS CARA Á LIBERDADE. O MUSEO NO CÁRCERE 2011

 Exposición temporal do Museo Etnolóxico no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar (Ourense)

      A exposición SONS CARA Á LIBERDADE  que se inaugura este xoves 23 de xuño é o resultado dun obradoiro organizado polo Museo Etnolóxico no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar e que tivo lugar desde abril a xuño deste ano, actividade á que asistiron regularmente 15 internos en varias sesións semanais.
Para esta actividade partiuse da seguinte reflexión:
       As particularidades de cada pobo reflíctense na súa música (Joseph D’Ortigue) e os nosos recordos están cheos de sons e de musicalidade por medio de cancións de berce, xogos, melodías musicais e os sons máis variados da natureza, por outra banda todos nós acumulamos percepcións acústicas cotiás aínda que non sempre sexamos capaces de escoitar. 
A relixiosidade, os traballos, os xogos, o noso quefacer cotiá... conteñen unha manchea de elementos musicais que permanecen na nosa memoria e que nos relacionan cunha paisaxe sonora (soundscape) determinada polo medio no que nos desenvolvemos, pola hora do día ou pola nosa posición particular (Soledad Cabrelles Segredo). Do mesmo xeito a audición dunha peza melódica determinada pode predispoñernos a situacións emocionais moi diversas.

       Sobre estes presupostos realizouse unha actividade cos internos na que se pretendía afondar na música desde as súas perspectivas persoais, analizando conceptos como “música”, “ruido”, “paisaxes sonoras”, “música culta”, etc., coa pretensión de aproximarse á música en Galicia como transmisora de cultura, de coñecementos, de sensibilidade e de goce persoal.  
A máis de estudiar todos estes aspectos, celebráronse no Centro Penitenciario concertos didácticos a cargo de Antón Castro, o Cuarteto Quiroga e Ton Risco.


Invitación, CLICK AQUÍ
Folleto da exposición, CLICK AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario