A través de varios paneis mostranse: o plano xeral do edificio coa súa contorna, un mapa de situación, unha foto aérea da zona e os contidos previstos para o Museo con unha referencia ao edificio e ao proxecto.
Así mesmo faráse un percorrido polo edificio no que se verán os lagares e adega cova situados na planta baixa e os participantes na actividade poderán contemplar as magníficas vistas ao val do Avia cos viñedos que o rodean.
A antiga casa Reitoral ubicada é unha construción de finais do século XVIII, de dúas plantas e erixida con cadeirado de granito. Na Idade Media fora priorado-granxa do Mosteiro de San Martín Pinario (Santiago de Compostela) e en consecuencia foi a súa adega para o abastecemento de viño.
Agosto: días 5,12,19, 26 ás 12,00 h.
Setembro: días 10,18, 25 ás 12,00 h.
Inscrición: no Museo Etnolóxico e na Oficina de Turismo (Concello de Ribadavia)
Gratuita
Prazas limitadas a capacidade do autobús
No hay comentarios:
Publicar un comentario