Venres 24 de xaneiro ás 20,30 h.
Entrada gratuíta.
Dirixido por Toño Chouza e estreado o pasado 16 de
novembro en Cineuropa, "Entreparadas" é un documental que conta no
seu equipo con persoas de recoñecida experiencia no mundo do audiovisual como
Jorge Coira ou María Liaño.
Cóntanos a historia de 16 persoas anónimas que atesouran
experiencias vitais únicas. A longametraxe fixa a súa mirada en Jose, con
parálise cerebral e Felisa, inmigrante invidente, que comparten unha
experiencia que marcará as súas vidas con outras persoas provenientes de
diferentes colectivos (asociación contra o cancro, centro psiquiátrico, unidade
de violencia de xénero, vítimas de accidentes de tráfico, aula municipal do
maior, discapacitados AIXIÑA, menores con medidas xudiciais e outros
voluntarios).
Unha idea: un grupo de teatro "invisible" que
actúa por sorpresa nos autobuses urbanos. Un soño: Aplausos, emocións,
tolerancia, convivencia, cultura e unha forte mensaxe social chega a moitos
viaxeiros entre parada e parada de/os autobuses de mans dos 16 actores e
actrices. A Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T Galicia
móstranos un proxecto solidario que cambiou formas de vivir e de ver as
cousas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario