Por terceiro ano consecutivo a Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia
participa, na liberación de libros xunto con 48 bibliotecas de museos
de todo o estado español, para conmemorar no día 23 de abril o Día
Internacional do Libro, esta iniciativa está organizada
desde hai seis anos pola Biblioteca-Centro de Documentación ARTIUM de
Vitoria.
Este ano a Biblioteca do Museo Etnolóxico liberará 11 libros procedentes de publicacións editatas polo propio museo, así como de doazóns e duplicados, de temas variados: fotografía, etnografía, catálogos de exposicións, literatura infantil, novela ... A liberación neste 2014 centrarase sobre todo no rural da comarca do Ribeiro, en lugares públicos: parques, beirarrúas, paseos fluviais, fontes, monumentos, bancos públicos, etc. de Arnoia, San Cristovo, Francelos, Castrelo de Miño, Leiro… pero tamén da vila de Ribadavia e da cidade de Ourense sempre co obxectivo de que a xente que encontre estes libros libres goce con eles e despois os volva deixar en calquera sitio público para que outra persoa poida desfrutar tamén con eles.
Tedes máis información no blogue da Biblioteca do Museo AQUÍ.
En Galicia participan nesta actividade tamén as Bibliotecas do Museo das Peregrinacións e de Santiago, do Museo de Belas Artes de A Coruña, do Museo da Marioneta en Lalín, do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Compostela, da Fundación Granell tamén en Compostela e do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo.
Vídeo presentación da campaña elaborado pola Biblioteca-Centro de Documentación ARTIUM de Vitoria onde aparecene todos as bibliotecas de museos que participan nesta liberación masiva de libros.

No hay comentarios:
Publicar un comentario