Foto Pacheco |
No primeiro dos
apartados o Museo Etnolóxico participa cunha fotografía na que se patentiza a
admiración da xuventude masculina presente polo encanto da moza elexida «Miss»
no marco dunha sociedade recreativa.
No epígrafe
dedicado á alteridade o MER aporta unha imaxe fotográfica na que aparece unha «muller
oriental», provocando unha mirada que invita á sensualidade imaxinada do harén.
Finalmente na liña da Muller Obxecto, o Museo Etnolóxico aporta tres imaxes nas
que a sensualidade ou a condición sexual da muller son explicitadas cara a
satisfacer o imaxinario masculino.
Este catálogo en liña foi completado coa publicación electrónica "Eros y Anteros: visiones sobre la sexualidad femenina que se pode descargar e consultar de balde desde o día 4 de setembro Día Mundial da Saúde Sexual. Esta publicación contén oito artigos realizados por especialistas que nos achegan a un maior coñecemento da sexualidade feminina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario