O
próximo venres 4 de novembro, ás 20:30 h
teremos no Museo Etnolóxico unha conversa
con Begoña Ces Fernández, Arquitecta e Máster en Rehabilitación Arquitectónica
pola Universidade da Coruña sobre os
efectos no Ribeiro do coñecido como o Gran Terremoto de Lisboa.
Begoña
Ces Fernández defendeu no ano 2015
a súa tese do doutoramento en Arquitectura na
Universidade da Coruña, resultado dunha investigación desenvolvida durante os últimos
cinco anos, na que estudou, dende o punto de vista construtivo e
arquitectónico, os efectos do coñecido como O Gran Terremoto de Lisboa do 1 de
novembro de 1755 sobre o patrimonio monumental galego. Entre os seus temas de investigación está o patrimonio
arquitectónico, as patoloxías na construción, a historia da arquitectura e a sustentabilidade
ambiental.
O seu
interese polo patrimonio ourensán remóntase aos seus estudos de Mestrado, tendo
escollido como tema do seu traballo de mestrado a evolución arquitectónica e os procesos de destrución e rehabilitación
da igrexa do mosteiro cisterciense de Santa María de Melón.
A súa tese: Los efectos del seísmo de Lisboa de 1755 sobre el patrimonio monumental de Galicia, foi dirixida por Ramón J. Yzquierdo Perrín e titoriada por José Ramón Soraluce Blond, está dispoñible para a súa consulta no repositorio institucional da
Universidade da Coruña, na seguinte ligazón permanente: http://hdl.handle.net/2183/15902.
Begoña Ces fixo unha recensión da súa tese no blogue da Biblioteca do Museo que podedes consultar AQUÍ , ademais na Biblioteca do Museo depositou para consulta de toda as persoas interesadas, unha copia en papel da parte relativa aos efectos do Gran Terremoto de Lisboa no patrimonio arquitectónico da comarca do Ribeiro, e unha copia en CD-ROM da súa tese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario