Mércores 27 de decembro ás 20.00 h no salón de actos do Museo Etnolóxico presentación do libro: La escuela activa y el entorno. Una aproximación a través de los paseos, visitas y excursiones durante la Segunda República, obra escrita polo profesor Ángel Serafín Porto Ucha e a profesora Raquel Vázquez Ramil e editado por Andavira.
Pódese consultar o sumario e algunhas páxinas do libro neste enlace AQUÍ
No libro analízase a renovación pedagóxica que se levou a cabo durante a Segunda República, co estudo da política escolar dos diferentes gobernos e das principais reformas educativas. Tras este marco xeral, trátase a colaboración duns mestres, José Benito González Álvarez, e un inspector de primeira ensinanza, José Muntada Bach, nunha zona rural da provincia de Pontevedra, A Cañiza, entre 1934 e 1935, co pulo dos Centros de Colaboración Pedagógica, la Semana y la Misión Pedagógica de 1934, o xornal freinetiano Faro Infantil que o mestre José Benito González creou na escola de nenos da Cañiza, e a análise dunha obra conxunta, Paseos, visitas y excursiones de la escuela activa, publicada en Ribadavia en 1934 na imprenta El Ribadaviense.
Ángel Serafín Porto Ucha naceu en Guláns-Ponteareas (Pontevedra) é Doctor en Filosofía e Ciencias da Educación cunha longa carreira como docente, autor de numerosos traballos sobre a Institución Libre de Enseñanza, a depuración do maxisterio e os procesos de formación docente. Na actualidade é profesor Ad Honorem da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, onde continúa co seu labor investigador.
Raquel Vázquez Ramil naceu na Coruña, Doutora en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten centrada a súas investigacións sobre a educación da muller na España contemporánea. Traduciu numerosos libros do inglés ao español. Actualmente é titora no Centro Asociado da UNED na Coruña e profesora axudante doutora de Didáctica de las Ciencias Sociales en la Facultad de Educación de Soria, Universidad de Valladolid.
(Datos escolmados e traducidos ó galego da cuberta e gardas do libro)

No hay comentarios:
Publicar un comentario