Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

lunes, 5 de febrero de 2018

Conversa no Museo con Ruth Domínguez Viñas e Emilio Ruiz Trueba: «Miradas á Arquitectura Popular en España: a colección Carlos Flores no Museo Etnográfico de Castilla y León»

                                   
     Mércores 7 de febreiro de 2018 ás 20.00 h no Museo Etnolóxico 
Conversa con Ruth Domínguez e Emilio Ruiz Trueba comisiaria/o da exposición:  
«Miradas á Arquitectura Popular en España: a colección Carlos Flores no Museo Etnográfico de Castilla y León»


Na primeira conversa no Museo de 2018, grazas á colaboración da Asociación de Amigos do Museo e do Conxunto Histórico de Ribadavia (AMECHIR) contaremos con Ruth Domínguez Viñas, responsable de conservarción e Emilio Ruiz Trueba, responsable da biblioteca e comunicación do Museo Etnográfico de Castilla y León (Zamora) ademais foron quen comisariaron a exposición: "«Miradas á arquitectura popular en España: a colección Carlos Flores no Museo Etnográfico de Castilla y León» da que nos falarán e que se pode ver no Museo Etnolóxico ata o 28 de febreiro.


O arquitecto Carlos Flores percorreu durante anos toda España fotografando a arquitectura popular de España o que deu como resultado a publicación en 1973 da obra en cinco volumes: "Arquitectura Popular Española", na que ao lado dunha tese socioeconómica propia acerca da arquitectura tradicional, inclúe un extenso apartado gráfico que dende a mirada do arquitecto constitúe unha achega de necesaria consulta para o mundo da etnografía.


Como nos contarán Ruth e Emilio esta exposición está concebida como un espazo de reflexión sobre o carácter involutivo do suposto progreso, as maneiras habitacionais actuais, a recuperación de materiais e os cambios sociais que xeraron modificacións substanciais no concepto do lar. Para isto, emprégase unha selección de fotografías da colección de Carlos Flores (7.000 negativos aproximadamente) para xerar un discurso divulgativo que sexa á súa vez aparato crítico.  

Podedes ler a reflexión que sobre a obra en cinco tomos de Carlos Flores: "Arquitectura popular española" fixo Xosé C. Sierra Rodríguez no blogue da Biblioteca do Museo Etnolóxico, picando AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario