A exposición orixinaria inauguróuse no ano 2005 pero no 2010 realizouse unha pequena remodelación que é a que hoxe pode verse nas salas.
Esta exposición é un percorrido pola tradición téxtil galega, no que se abordan a transformación da materia prima e a elaboración da manufactura dentro do marco sociocultural no que se desenvolveu esta actividade. O liño e o protagonista da nosa tradición téxtil e na sala pode seguirse o proceso que vai da recollida da pranta, a elaboración do fío e a conversión en diferentes tipos de prendas a través de obxectos como espadeleiros, rocas, fusos, tear, etc.

Tamén se intenta explicar o traballo de costureiras e modistas, mostrando ademais unha máquina de coser e un manequín con roupa infantil. Así mesmo, como gran novidade temos que sinalar a inclusión na sala dun mostrador e os estantes orixinais dunha tenda de téxtil do rural galego, concretamente de Xubín, na que se vendían teas e todo tipo de pezas de vestir, expoñendose mesmo a oficina de contabilidade da devandita tenda.
Enlace CLICK AQUÍ
Enlace CLICK AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario