Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

martes, 15 de febrero de 2011

VÍAS DE EXTINCIÓN. Fotografías de Nacho Romero


Do 9 de decembro de 2010 ao 10 de abril de 2011.

Esta exposición consta de  vinte fotografías de gran formato (85 x 58 cm) nas que se mostran edificios de servizo de RENFE, actualmente en desuso, abandonados e como o propio título da exposición di en “vías de extinción”.
A sensibilidade de Nacho Romero lévao a plasmar unha serie de pequenas construcións situadas ao lado das vías do tren e no medio rural galego. O seu particular visión ofrécenos imaxes que fan referencia a un pasado cheo de vida, no que o tren era un medio de transporte vertebrador dun territorio, pero nos mostran un presente de silencio, de ruínas e de soidade. O branco e negro, elección consciente e acertada do fotógrafo, traduce á perfección o sentido nostálxico que desprenden estas fotografías: as vías parecen levarnos ao baleiro e os efectos de luces e sombras plasman con crueza a inminente extinción dese mundo ferroviario.
Á vez, esta serie invita á reflexión etnográfica e arqueolóxica en torno aos cambios e transformacións duns equipamentos para o transporte de xentes e mercadorías, que se levantaron cunha carga de esperanza similar á que hoxe depositamos nas novas vías da velocidade alta, as mesmas que deixan tras de si tecnoloxía e arquitectura obsoletas, lugares de paso transformados en soporte dunha xenuína manifestación da arte contemporánea e urbana: os graffiti.

No hay comentarios:

Publicar un comentario