O fotógrafo nado en Vigo, Demetrio Monteagudo, mantén desde o ano 1973 coa
fotografía unha relación autodidacta, intermitente e bipolar que se pode
permitir pola súa condición de afeccionado, en palabras do propio fotógrafo.
Demetrio é membro da Asociación
Fotográfica Galega (Phosgalicia). Mantén unha galería en Internet onde mostra as súas fotografías pódense ver AQUÍ.
A primeira vez que Demetrio
foi a Laza corría o ano 1981 e algo prendeu nel para que seguira ata hoxe
perseguindo estas mostras culturais e sociais que comparten moitos países.
Esta mostra de 26 fotografías de diferentes entroidos de Galicia e Portugal: "Destrás da máscara", poderase ver do 14 de marzo ao 26 de abril de 2014 no Local Social "Igrexa da Madalena" de Ribadavia
Horario:
Martes a venres de 11,30 a 13,30 h e de 17 a 19
Sábados e domingos de 12 a 14 h
Luns e festivos pechado
Para descargar ou ver o folleto da exposición AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario