NOVAS ADQUISICIÓNS DO MUSEO
ETNOLÓXICO. 2014
ARQUIVO
DO IRMÁN
MANUEL RODRÍGUEZ. MARISTA
DEPÓSITO DO CENTRO DE ESTUDIOS
MEDIEVAIS DE RIBADAVIA
En xuño de 2011 don José Luis Chao
Rey, en nome e representación do Centro de Estudios Medievais de Ribadavia ofertou
ao Museo Etnolóxico o arquivo fotográfico do Irmán Manuel Rodríguez, que o
Centro de Estudios Medievais recibira en doazón da familia Touza Rodríguez. En
febreiro de 2014 a
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación UNiversitaria formalizaba o depósito
do Arquivo do Irmán Manuel Rodríguez, integrado por 1.272 imaxes, e ordeaba o
seu depósito no Museo Etnolóxico.
O arquivo é na súa meirande parte o
resultado do traballo de documentación realizado sobre elementos patrimoniais
do Ribeiro, destacando os bens da arquitectura, tanto relixiosa como civil, así
como pedras de armas. Fotografías feitas nos arredores do ano 1960 ou pouco despois,
xa que parte das mesmas foron expostas na Casa do Concello de Ribadavia o ano
1962.
Precisamente unha mostra desa exposición,
titulada «EXPOSICION DE HERÁLDICA DE
RIBADAVIA», é a mostra que se expón agora no Museo Etnolóxico.
O autor, Manuel Rodríguez Rodríguez (Carballeda de Avia 1898, Santiago de
Compostela 1975), irmán Marista, licenciado en Filosofía e Letras, Mestre
Nacional e diplomado en Estudios Hispánicos; ten sido sido docente e director
de centros en Italia, Brasil, Argentina e España e foi secretario xeral do
Consejo Superior de Misiones do Ministerio de Asuntos Exteriores.
Algunhas das fotos orixinais de Manuel Rodríguez Rodríguez, que ainda conservan as cartelas antigas no lado esquerdo na parte baixa: "Leiro. Linaje de los Hermida", "Sampayo. Vista sobre el Miño", "Moldes. Castro Cavadoso"
No hay comentarios:
Publicar un comentario