En decembro os días 6, 7 e 8 ten lugar en Ourense o
I Campus de Outono 2014 , programa de formación oficial do
festival Outono Fotográfico 2014, que ten como obxectivo poñer a disposición de profesionais e amadores da fotografía unha oferta de formación en cultura visual innovadora.
Esta primeira edición conta con tres convidados: Julián Barón, Eloi Gimeno e André Cepeda para impartir os obradoiros os días 6 e 7 de decembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel, e nove convidados para o día 8 de decembro na xornada de traballo con dúas mesas de debate e a presentación dun libro na
Galería PhotoArt .
Para consultar o programa completo do I Campus de Outono 2014
AQUÍ.
O director do Museo Etnolóxico, Xosé Carlos Sierra, participará na xornada de traballo do día 8 de decembro, na mesa 1 de debate titulada "Identidade/alteridade" na que compartillará debate con Xosé Manuel Buxán, Luís D. Díaz, Sabela L. Pato e Natalia G. Devesa como moderador Vítor Nieves.
Aquí tedes unhas liñas sobre as reflexións que fará Xosé Carlos Sierra sobre o tema das identidades, que ilustrará cunha serie de fotografías pertencentes ao Arquivo Fotográfico do Museo Etnolóxico, das que vos amosamos unha parte.
|
campesiñado e traballo familiar |
"O xogo de identidades, as construídas e as percibidas, reflíctese de
xeito particular nas imaxes, tanto nas plásticas –debuxo, pintura ou escultura-
como nas fotográficas e audiovisuais.
Para a antropoloxía a imaxe
ten unha narrativa propia, nunca unívoca e sometida, polo tanto, a moi variadas
interpretacións. A fotografía fixa, aparentemente, un instante, pero trala
instantánea asoman feitos e realidades dispares.
|
aldea abandonada. Foto Santi M. Amil |
A antropoloxía visual e a foto-etnografía establecen un diálogo coas imaxes, moitas
veces complementar da palabra e dos relatos escritos. Unha foto terma do que
retrata e suxire ou agocha o que, formalmente, non se visualiza inmediatamente
na imaxe ollada. As fotos, como outros soportes visuais, activan e promoven
ollares cruzados, visións superpostas ou solapadas e secuencias espaciais ou
temporais que a exploración e a interpretación etnográfica deben detectar.
|
incendios e demografía. Foto Fariñas |
|
poda por mulleres |
A antropoloxía manexa outros
recursos dialóxicos,
caso da foto-elicitación,
método que promove o encontro entre as imaxes fotográficas e as memorias das
persoas que teñen vivencias directas do fotografado.
|
escola unitaria |
A foto conquista gradualmente
o seu territorio na investigación e na divulgación etno-antropolóxica,
mostrando a fecundidade da imaxe para visualizar os fenómenos identitarios e as
posibilidades da antropoloxía para interpretar o que fotografías e filmes
mostran do propio (o eu) e do seu
contraste ( o outro".
|
máquina de costureira |
|
paisaxe de socalcos |
|
rehabilitación dunha aldea |
No hay comentarios:
Publicar un comentario