Este ano 2015 é a 15ª edición da "Noite Meiga" e as integrantes da
asociación Ribadavia Activa-T, organizadoras da festa, propuxéronnos
retomar a colaboración coa "Noite Meiga" despois de varios anos.
Este ano será a través dunha exposición na que se reflecte como foi medrando e consolidándose esta festa no Ribeiro: "Construíndo tradición: Noite Meiga" que se inaugurará o xoves 29 ás 20:00 h no local social da "Igrexa da Madalena" en Ribadavia e que estará aberta durante todo o mes de novembro.
Horario do local social da "Igrexa da Madalena":
Ribadavia Activa-T está a construír tradición porque no fondo a diferenza entre “tradición” e “non tradición” está na súa aceptación social no tempo ou non.
Pois cómpre lembrar que as tradicións mantéñense no tempo soamente cando están a ser decote recreadas, reinterpretadas e revividas. En definitiva nunha relación dinámica e de cambio, máis ou menos perceptible, consustancial á propia idea de tradición.

Martes a venres de 12:00 a 14:00 h. / 16:30 a 18:30 h.
Sábados e domingos de 12:00 a 14:00 h.
Pechado: domingo 1 de novembro.
Noite Meiga é unha actividade creada por un grupo de mozas e mozos do Ribeiro, que se constitúe en Asociación cultural no ano 2001 co nome de Ribadavia Activa-T.

Na senda da
tradición de asociacionismo xuvenil na Vila idéase un festexo que favoreza a sociabilidade
que acaba insertándose entre os festexos do verán e os do tempo de Nadal e
centrada en diversos elementos da tradición galega: meigas, defuntos, magosto, Santa Compaña … aos que se unen outros compoñentes como a
Inquisición, a pasaxe do terror…
Noite
Meiga xorde nunha sociedade viva na que o sector xuvenil é capaz de autoorganizarse.
Noite Meiga é unha festa singular. Unha anovadora forma festiva
que acaba callando e conformándose nun produto cultural
singular.
Na Noite Meiga ás
actividades estruturais engádenselles outras cada ano, nun dinamismo de
incorporacións e rexeitamentos, conseguindo así produtos sempre novos nun marco
aparentemente estable.Usando como escenario o
conxunto histórico da Vila, explicitando con isto o seu interese pola valorización do seu patrimonio cultural.
En consecuencia: creando e re-creando
tradición.
Ribadavia Activa-T está a construír tradición porque no fondo a diferenza entre “tradición” e “non tradición” está na súa aceptación social no tempo ou non.
Pois cómpre lembrar que as tradicións mantéñense no tempo soamente cando están a ser decote recreadas, reinterpretadas e revividas. En definitiva nunha relación dinámica e de cambio, máis ou menos perceptible, consustancial á propia idea de tradición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario