As actividades do mes de novembro de 2015 no Museo Etnolóxico xirarán ao redor dunha conferencia sobre a historia social de Galicia no século XIX partindo do estudo dunha familia ribadaviense: os Chao e a presentación dun libro cunha crónica musical dunha das bandas de música máis antigas de Galicia "La Lira".
13 de novembro : 20.30 h.
Conferencia: "A estirpe dos Chao, familia ribadaviense: política, cultura, sociedade e identidade no século XIX galego"
13 de novembro : 20.30 h.
Conferencia: "A estirpe dos Chao, familia ribadaviense: política, cultura, sociedade e identidade no século XIX galego"
Conferencia a cargo de Xurxo Martínez González, doutor pola
Universidade de Vigo en Filoloxía Galega. Especialista no século XIX de
Galicia, particularmente no Rexurdimento coa cidade de Vigo como marco
(residencia da familia Chao), tamén ten traballado sobre a historia do
nacionalismo galego.
Xurxo Martínez ten salientado a intensa e pural actividade
dos membros da familia Chao no eido profesional, social, cultural e politico e,
feito a destacar, os seus estreitos vínculos con Rosalía de Castro.
Na súa conferencia no Museo será presentado por Gonzalo
Navaza, profesor titular da Universidade de Vigo, escritor e investigador
especialista destacado en temas de toponimia, e recentemente ten investigado
sobre as figuras do primeiro liberalismo galego.
20 de novembro: 20.30 h.
Presentación do libro de José Ramón Estévez Pérez: "La Lira: la Banda de Música de Ribadavia, 1840-2015" editado por Armonia Universal. No libro o autor percorreu diferentes arquivos para presentar neste
traballo de investigación unha completa historia de “La Lira”, a prestixiosa banda de
música da capital do Ribeiro, que cumpre o seu 175 aniversario.
Unha historia desta mítica formación musical, que comeza polo seu primeiro director Luis Veneroni até o último
Francisco Pérez Rodríguez. Manexando o fondo documental da propia banda e o do Museo Etnolóxico, e a través de fotografías, documentos escritos, noticias e artigos xornalísticos así como partituras, José Ramón Estévez constrúe a crónica desta relevante formación instrumental.
Folleto das actividades para ver e descargar:
No hay comentarios:
Publicar un comentario