Este ano o Museo Etnolóxico participa no Outono Fotográfico 2015
cunha exposición de produción propia, con fondos fotográficos
pertencentes o Arquivo Fotográfico do Museo, titulada: "Emocións,
lembranzas, interpretacións. Diferentes formas de achagármonos á
fotografía" será inaugurada o día 16 de decembro ás 20.30 h. no Local
Social "Igrexa da Madalena" onde se poderá visitar até finais de xaneiro
de 2016.
Horario do local social da "Igrexa da Madalena":
Martes a venres de 12:00 a 14:00 h. / 16:30 a 19:00 h.
Sábados e domingos de 12:00 a 14:00 h.
Pechado: 24 e 25 de decembro e 6 de xaneiro
"Emocións, lembranzas, interpretacións. Diferentes forma de achegármonos á fotografía"
A
fotografía reproduce imaxes de xentes, circunstancias e ambientes. A fotografía
logra réplicas aparentes da realidade, conxela momentos, capta detalles,
idealiza as persoas ou, polo contrario, sinala imperfeccións, produce mágoa ou
trasmite ledicias cotiás. A fotografía emociona a uns e esperta
o interese e a
curiosidade de outros. Axúdanos a recordar instantes e favorece,
contrariamente, o esquecemento de situacións e persoas. E case sempre motiva o
comentario e a palabra. A palabra próxima ou o comentario e a análise distantes.
Certas figuras do escenario urbano, tipos e vestiarios, permiten que nos decatemos daquelo que permanece ou da realidade que cambia.
Horario do local social da "Igrexa da Madalena":
Martes a venres de 12:00 a 14:00 h. / 16:30 a 19:00 h.
Sábados e domingos de 12:00 a 14:00 h.
Pechado: 24 e 25 de decembro e 6 de xaneiro
"Emocións, lembranzas, interpretacións. Diferentes forma de achegármonos á fotografía"
Salvador López Requejo s.d. |
Como
suxire Roland Barthes, a fotografía impresiona, provócanos un punzamento
irracional e momentáneo, pero a podemos ollar tamén dende lonxe, facéndonos
sentir alleos ao que nela observamos. Hai fotos que nos meten dentro delas,
comprometendo sentimentos e estimulando a palabra, e fotos que observamos dende
fóra, motivando só reflexións, interpretacións e comentarios.
A fotografía configura un marco que delimita
un espazo. O que os fotógrafos denominan encadre lévanos a ver na imaxe
fotografada un lugar, un punto, un territorio acoutado.
Foto Pacheco 1960 |
A fotografía dá testemuño dos
territorios e das súas mudanzas, permitíndonos ver as singularidades e as
xeneralidades que presentan as rúas, prazas e recunchos da vila e da cidade. A
visión das imaxes dunha urbe, grande ou pequena, provócanos a lembranza se a
coñecemos de sempre, a curiosidade se resulta unha vila ou cidade descoñecidas
para nós e a sorpresa cando detectamos nunha instantánea algo que estaba na rúa
ou na praza, tantas veces percorridas, e que botamos agora en falta.
Certas figuras do escenario urbano, tipos e vestiarios, permiten que nos decatemos daquelo que permanece ou da realidade que cambia.
s.a 1920-1930 |
A
fotografía entrou nas nosas vidas, apropiándose da nosa intimidade e
publicitando o que noutros tempos estaba algo más oculto ou sinxelamente
agochado.
A
relixiosidade, a vivencia festiva, o cerimonial da morte e tantas outras
experiencias do acontecer dunha persoa e da súa comunidade fican recolleitas,
case secuestradas, pola cámara do fotógrafo. Este transfórmase co tempo nun
notario de imaxes, escribano fedatario de eventos significados da nosa vida e
tamén da nosa morte.
Neste
ámbito a fotografía provoca emocións e revive sentimentos, acougándonos nuns
casos e desacougándonos noutros. A imaxe é poderosa, funciona como un espello
do que queremos e tamén das cousas e momentos que desexamos esquecer ou que
refugamos.
A
fotografía achégase a todo. A inmediatez que ofrecían e ofrecen as cámaras e
dispositivos (analóxicos ou dixitais) posibilitaban e posibilitan o seu
aproveitamento documental para dar testemuño de actividades, acontecementos e
sucesos variados.
Foto Chao |
O
fotoxornalismo, e tamén os fotógrafos locais, exerceron de noticieiros visuais do
cotián e da excepcionalidade, documentando acontecementos familiares, labores,
oficios, eventos políticos ou dramas e infortunios que impresionaban e
impresionan aos observadores da desgraza.
O
accidente que afecta aos novos medios de locomoción impacta pola súa espectacularidade,
como nos conmoven intensamente as circunstancias e limitacións das persoas
eivadas.
Folleto da exposición:
No hay comentarios:
Publicar un comentario