Con motivo da saída para a exposición temporal:
"Con-fío en Galicia", que se poderá visitar a partir do día 11 de marzo de 2016 no Museo Centro Gaiás da
Cidade da Cultura até o 11 de setembro, na sección de conservación e restauración do Museo Etnolóxico realizáronse os correspondentes informes de estado das pezas que serían expostas en dita exposición.
|
xustillo nena finais S.XIX, exterior algodón e liño no forro |
Dentro destas pezas encóntrase esta especie de sustillo ou chaleco de nena feito de algodón listado en cores rosa e azul no exterior e pano de liño no forro. Ten as costas moi entalladas e escote que se axusta por diante cun cordón, hoxe perdido. Púñase por riba da camisa e non usando corpiño facíase con certo coidado, xa que se podía ollar, como é o caso.
Este xustillo está confeccionado no último tercio de século XIX. A confección manual é moi coidada e moi interesante para informarnos de cómo se aplican as nesgas para que éste se adapte ás formas do corpo.
|
mapa de localización de resto de papeis |
Atopáronse uns bultiños á altura dos peitos e na espalda, perto das escápulas. Ao tacto semellaría algún tipo de semente posto que é granulado, cunha certa dureza e se move cos dedos. Están colocados entre o forro de liño e o tecido exterior asegurados con puntadas para evitar que se moveran. Na zona da espalda non foi necesario, posto que están entre costuras.
|
Retirando restos de papel apelmazado nun descosido entre dúas nesgas |
Ante a posibilidade de atoparnos con algún tipo de talismán ou amuleto, procedeuse ao descosido dunha zona próxima a estes elementos, comprobando que se trata de restos de papel que sufriron sucesivos lavados, polo que quedaron apelmazados e inservibles. Nos anacos atopados consérvanse restos de tinta impresa, algunhas letras e restos de trazos.
|
Anacos de papel nun portaobxectos para a súa observación microscópica | | |
Poderíanse intepretar estas notiñas como algún tipo de detente protector da dona do xustillo, debido á clara intención de mantelos dentro da prenda. O detente é un talismán valedor. Pode ser unha saquetiña de liño ou pano de lamanisco en cuxo interior se agochan retallos de textos bíblicos, cruces, medallas... Confeccionados por unha meiga ou por unha muller boa, os detentes préndense na roupa interior das crianzas para polas a salvo do arbitrio do demo. Os seus poderes esvaecen se escudriñarmos o seu secreto contido. (Solla, Calros:
Actas da VII xornada de literatura de tradición oral: Amuletos e reliquias. Usos ecrenzas. pp.118-119. Ed. AELG, 2005).
Pódese consultar o informe completo de conservación e restauración AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario