Como
cada 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través da coordinación da Subdirección General de Museos Estatales, da Dirección General de Bellas Artes y Bienes
Culturales y de Archivos y Bibliotecas presenta o
catálogo e a exposición en liña "Patrimonio en feminino" este ano
2016 co título: "A memoria feminina: mulleres na historia, historia demulleres", nesta edición coa colaboración do programa Ibermuseos coa
participación de oito países do ámbito iberoamericano.
A
través de 125 bens culturais de 81 museos asistimos a un percorrido polas
aportacións das mulleres na historia e na construción das súas comunidades, a
súa loita pola igualdade ou ao coñecemento dos símbolos e mitos que se foron
tecendo ao redor da identidade feminina.
Foto Chao 1947. Museo Etnolóxico. Ribadavia |
O
Museo Etnolóxico participa, na sección: "Muller: identidade, comunidade e interculturalidade", con esta fotografía do Fondo de Foto Chao feita en
Avión en 1947.
A fotografía amosa un dos característicos
retratos feitos para enviar ao/aos parente/s emigrado/s, coa finalidade de
mostrarlles que os recursos achegados polo/os ausente/s están contribuíndo a
mellorar as duras condicións dos anos corenta.
Unha imaxe característica do
impacto deixado na terra de orixe polos que partiron, neste caso moi
probablemente a América, en busca de mellores condicións económicas.
Mulleres
que, ante a ausencia da súa parella, asumen, como «viúvas de vivos», a plena
responsabilidade do grupo familiar, funcionalmente convertido polas
circunstancias en monoparental.
A
exposición compleméntase cunha publicación electrónica con
artículos sobre as políticas institucionais en materia de xénero desenvolvidas
nalgúns dos países así como outros artigos de interese.
Tamén se poden consultar en liña as edicións anteriores do
proxecto "Patrimonio en feminino" AQUÍ
nas que participou o Museo Etnolóxico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario