Como cada 18 de maio os museos de todo o mundo celebran o Día Internacional dos Museos a proposta do Consello Internacional de Museos (ICOM) para este ano 2016 é Museos e paisaxes culturais ,
ademais este ano o Museo Etnolóxico fai 30 anos que abriu as súas
portas ao público un 18 de maio de 1986, por estes dous motivos do 15 ao
20 de maio temos varias propostas culturais para festexar estes
eventos, entre os que tamén está a Noite do Museos:
15 maio
12:30 h Patio do Museo Etnolóxico. Concerto do quinteto de vento «Airas Ensemble». O MER invita á cidadanía a celebrar os seus 30 anos aberto ao público con este grupo de cámara formado por novos músicos galegos e integrantes das formacións orquestais NDR Radiophilarmonie de Hannover, Orquesta Sinfónica de Bilbao, Real Filharmonía de Galicia, European Chamber Ensemble e Orquestra Sinfónica Vigo 430.
Contacto do quinteto en twitter @airasensemble e no seu facebook.
Programa do concerto:

Quinteto de viento en
La Maior, de Carl August Nielsen
O Quinteto
para frauta, óboe, clarinete, trompa e fagot, op.
43, foi composta a principios de 1922 en Gotemburgo,
Suecia, onde se estreou na casa de Herman e Lisa Mannheimer en abril de 1922. A súa primeira
interpretación pública foi o 9 de outubro 1922 no Odd
Fellows Mansion en Copenhaguen.
La cheminée du roi
René, suite de Darius Milhaud
Suite
adaptada da música escrita por Darius Milhaud en 1939 para a película Cavalcade d'amour, de Raymond Bernard. Transcorre no século XV na corte do rei René de Anjou e conta tres historias de amor con música de
Milhaud, Honegger e Désormière. Milhaud estaba
fascinado polo castelo e a corte de René de Anjou,
situados no seu Aix-en-Provence natal.
Belle Epoque in Sud-America, suite de Júlio
Medaglia
A música
popular aflora nesta obra do compositor, director e adaptador, particularmente
de música para películas e TV, Júlio Medaglia (São Paulo 1938). É esta probablemente a súa obra máis
coñecida; composta para o Blaserquintet da Filarmónica
de Berlín, e na que evoca tres das danzas máis populares de Sudamérica: o tango
porteño, o valse crioulo e o «chorinho»
brasileiro.
18 maio
11:00 h Salón de Actos do
Museo Etnolóxico. Proxección
do documental «À Propos de Nice», de Jean Vigo; con interpretación musical en
directo de Carlos Quintá. Sesión escolar.
En À Propos de Nice Jean Vigo, coa colaboración na cámara de Boris
Kauffman, logra, a través do que el chama o «Punto de vista documentado», unha
persoal aproximación á paisaxe social da cidade de Niza dos anos vinte do
século pasado. Concebida como unha película muda, Marc Perrone crea unha banda
sonora a partir da música composta por Maurice Jaubert para L’Atalante. Á banda orixinal
engádenselle pezas breves da vangarda.
20:30 h Salón de Actos do
Museo Etnolóxico.
Proxección do documental «À Propos de Nice», de Jean Vigo; con interpretación musical en
directo de Carlos Quintá. Sesión adulta.
20 maio
Noite dos Museos.
O Museo Etnolóxico únese á celebración da Noite Europea dos
Museos mantendo abertas as súas portas ata a 01:00 h, a modo de
suxestión para reflexionar sobre o papel do Museo e da cidadanía na protección
da Paisaxe Cultural. Entre as 20:30 h e as 24:00 van ter lugar visitas teatralizadas nas salas da
exposición Seguindo o Fío.
Os Museos da Xunta de Galicia teñen programadas moitas actividades para celebrar esta data, que van máis alá do propio día 18 de maio, podedes consultalas nesta enlace AQUÍ
Os Museos da Xunta de Galicia teñen programadas moitas actividades para celebrar esta data, que van máis alá do propio día 18 de maio, podedes consultalas nesta enlace AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario