O 3 de xuño de 2016 terá lugar en Ribadavia (Ourense) no Museo Etnolóxico, organizada pola Biblioteca do Museo, a III xornada sobre bibliotecas especializadas este ano co título: "Xestión de documentos singulares".
INSCRICIÓN:
A inscrición é de balde, mais as prazas son limitadas, o prazo para enviar os datos persoais é até o 30 de maio, ou ben cubrindo o impreso que aparece no programa ou ben enviando un correo electrónico a esta dirección: rosa.lamas@xunta.es co nome, apelidos, DNI, dirección postal, nome da institución de traballo (se é o caso), correo electrónico e un número e de contacto.
PROGRAMA E FOLLA DE INSCRICIÓN: picar AQUÍ.
Coleccións e documentos singulares, especiais, distintivos,
únicos son a chave do futuro das bibliotecas e en particular das especializadas
e de investigación. A facilidade de acceso a obras a través dos catálogos
colectivos e compartidos, está dando máis valor a documentos únicos e
singulares, que até o de agora estaban invisibilizados e ocultos.
O control técnico por parte dos arquivos, bibliotecas e
centros de documentación achega visibilidade e permite acceso a estes
documentos, así as coleccións singulares cada vez máis son por un lado obxecto
de investigación e por outro lado utilizadas como fontes primarias de
información: prensa local, manuscritos, correspondencia, libros raros,
inventarios, memorias, cartaces, mapas, recortes de prensa, arquivos persoais,
familiares e institucionais, coleccións de imaxes, material efímero: cromos,
selos, convites, autocolantes, calendarios, almanaques, programas de fiestas,
programas de man. …
Cales son os procesos de xestión que se están aplicando con
estes documentos singulares: recollida (doazóns, arquivos persoais, compra…),
conservación, documentación, catalogación, clasificación, difusión, acceso;
temos conciencia do seu valor patrimonial e da súa riqueza documental?
Máis información sobre o programa e sobre as conferenciantes no blogue da Biblioteca AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario