Conferencia:
As
orixes do santuario Catedral de Santiago
Prof.Dr.D. José Suárez Otero
Universidade de Santiago de Compostela
Salón
de Actos do Museo Etnolóxico
Rúa de Santiago, 10 RiBADAVIA
martes
26 de xullo
20:00 h
O Dr. Suárez Otero invítanos a coñecer dende o rigor arqueolóxico as orixes
dun santuario da entidade da catedral de Santiago. Un século de intervencións,
entre elas as dirixidas polo conferenciante, mostrarannos o apaixonante proceso
que arranca a fins do século I dne, que coñece a súa apoteose no século IX
cando aparece como o santuario do Apóstolo e que se consolidará como lugar de
peregrinación.
José Suárez Otero é douctor en Arqueoloxía pola Universidade de
Santiago. Foi Investigador-invitado do Deutsches Archäologisches Institut;
entre outros proxectos coordina e dirixe a investigación e recuperación
patrimonial do Monte do Facho e é coautor do The Virtual Romanesque Catedral of
Santiago de Compostela coa Universidade de California-Los Angeles (UCLA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario