Exposición: Xungir non é esmorecer, senón medrar
Fotografías de Rita Blanco
Fernández
no local social da "Igrexa da Madalena"
do 22 de febreiro ao 31 de marzo de 2017
Horario: Martes a Venres: 12 a 14 h. e 17 a 19 h.
Sábados e Domingos: 11,30 h. a 14 h.
Ourense é terra de Entroido. Ao longo
de toda a xeografía da provincia sucédense unha chea de entroidos con caras
diferentes. Na comarca de Maceda sae á rúa o anárquico e rebelde felo,
brandindo o caxato e perseguindo aos que se meten con el. Na Limia os
protagonistas son varios. En Xinzo é a pantalla quen molesta a quen non se
disfraza portando nas mans unhas vexigas indoloras pero non inodoras. Na veciña
Serraus, os vergalleiros optan por acompañar a charanga mentres chaman cos seus
cornos a participar na festa.
Cada Entroido ten a súa simboloxía e
ritos propios que os diferencian e fan singulares pero tamén teñen semellanzas.
Nunha xuntanza entre felos, vergalleiros e pantallas e noutra en Murcia durante
as «Fiestas de Primavera» do 2013, a fotógrafa captou o entendemento entre eles.
De formación autodidacta, leva
colaborando dende hai anos coa promoción do Entroido da provincia a través do
de varias iniciativas, como son a cooperación no blogue Felos de Maceda e na páxina web Felos de Maceda ou
con diversas fotografías para libro de Óscar J. González Mascaradas de la península Ibérica. É tamén membro activo da
asociación fotográfica «Os Potiños» do Carballiño.
A artista busca reflectir nesta
exposición apoiada pola «Asociación Felos da Corga da Serra de Maceda», da que
é secretaria, dous aspectos fundamentais. Por unha banda, o valor da fotografía
como reportaxe ao captar escenas que se describen co movemento como elemento
particular e fuxindo do estático. Por outra, a súa paixón polo Entroido que
queda patente na beleza e colorido das máscaras e traxes. Antes de chegar a Ribadavia,
esta mostra estivo no Museo Etnográfico Liste (Vigo), no Castelo Monumento de
Maceda e no Pazo da Cultura de Carballo, entre outros.
No Catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia AQUÍ escribindo na caixa de búsqueda o termo: entroido ou carnaval podedes encontrar moita bibliografía.
Tamén no blogue da Biblioteca do Museo Etnolóxico hai un pequeno artigo sobre as máscaras do entroido ourensán AQUÍ .
No hay comentarios:
Publicar un comentario